Skip to Content

A muller de xaneiro e febreiro era...

NORABOA AOS CATRO ACERTANTES DO CONCURSO DA MULLER DE XANEIRO-FEBREIRO!!!

Era…


RIMA SULTANA RIMU

Rima Sultana Rimu

Rima Sultana Rimu, naceu en Ramu, Bangladesh, en 2002, polo que ten agora 19 años, filla dunha familia de campesiños, traballa como unha educadora, e é activista bengalí,  polos dereitos humanos e pola paz, defensora da minoría étnica rohingya e doutras comunidades, imparte clases e actúa de mediadora en Bazar de Cox bengalí, un dos campos de refuxiados máis grande do mundo. Adícase a dar talleres sobre a participación das mulleres e a xuventude na construción da paz, educa ás nenas sobre os seus dereitos mediante a utilización do teatro e as transmisións de radio.

No ano 2018, con tan só 17 anos, involúcrase na rede internacional  de mulleres xoves polo liderado, en Cox´s Bazar, que pertence a Rede Global de Mulleres Construtoras da Paz, que recibe o apoio da ONU mulleres.

Tamén contribuíu  a diminuir as tensións crecentes entre a poboación autóctona e a avalancha de refuxiados e solicitantes de asilo Rohingya, agravadas en 2010, pola pobreza que tiñan na provincia de Bazar de Cox.

Por realizar esta tarefa humanitaria, no ano 2020 foi designada como unha das mulleres máis influíntes e inspiradoras do planeta pola cadea británica BBC, a través da súa iniciativa 100 Mulleres BBC.

Rima loita para que as mulleres non sexan tratadas de forma distinta e inferior aos homes. Ela di que vive nun país cunha cultura moi tradicional, afectado pola violencia e o desprazamento

Loita contra os problemas de matrimonio infantil, acoso nas rúas, violencia sexual...

Cando empezou a súa loita a moitos non lles gustou, incluso membros da súa familia, porque dicían que faltaba ó respecto á súa relixión.

A súa labor é que as mullere e nenas poidan ler e escribir para comprender completamente os seus dereitos. Se non teñen educación, non poden defenderse. É  moi difícil que poidan ser independentes economicamente; por iso loita por marcar esa diferenza.

Agora mesmo todos os problemas destas mulleres agraváronse máis polo COVID, xa que moitas nenas deixaron de ir á escola. Non é fácil poder dar os talleres, volve a haber un aumento de matrimonios infantís nos campos de refuxiados

A loita continúa...

 

Debuxo de Rima Sultana Rimu

 



page | by Dr. Radut