Skip to Content

Museo virtual de instrumentos

Accede ao museo virtual dos instrumentos

O alumnado de 3º, 4º e 5º construíu uns magníficos instrumentos. trouxéronos a clase, tocáronos e acompañaron o himno de europa con eles, celebrando o 9 de maio.

Como este curso non se puideron ver entre os grupos-clase, aquí mestúranse instrumentos de tres niveis diferentes e, polo tanto, de seis grupos distintos.  

Tradicionalmente, os instrumentos clasificáronse en tres grandes familias: PERCUSIÓN, CORDA E VENTO, clasificación que se fixo tendo como referencia a orquestra clásica (século XVIII) e romántica (SÉCULO XIX). 

Non obstante, esta clasificación corresponde a tres criterios distintos:

  • A acción que produce o son na percusión.
  • O corpo sonoro na corda.
  • A forza activadora no vento.

Por isto, Mahillon en 1884 e posteriormente Hornbostel e Sachs en 1914 elaboraron outro tipo de clasificación máis lóxica, atendendo ao elemento vibratorio que produce o son. Así, formáronse catro grandes grupos aos que posteriormente, debido á aplicación da electrónica á música, houbo que incorporar un quinto grupo: Os electrófonos.

Así, clasificaron  os seus instrumentos en 4 familias:

Outros están no grupo de COMBINADOS porque son dous instrumentos de distinta familia que fixo o memso alumno/a ou un mesmo instrumento pódese categorizar en dúas familias.  

Esperamos que vos gusten!!! Son xeniais e soan moi ben!

Grazas aos participantes!!! 

 



page | by Dr. Radut