Skip to Content

9 de maio: Día de Europa

Sabías que o 9 de maio naceu da PAZ? Siii!!!

En 1945 terminou a Segunda Guerra Mundial. Foi un terrible episodio de destrucción. Como podían evitar os líderes dos países europeos que volvese ocorrer unha cousa así? Un francés, Jean Monnet,  reflexionou e decatouse de que había dúas cousas que un país necesitaba para empezar unha guerra: ferro, para producir aceiro e fabricar armas, tanques, bombas… e carbón para que as fábricas e o ferrocarril funcionasen. Se os líderes francés e alemán se puxesen dacordo para deixar de controlar a industria do carbón e do ferro e permitisen dirixila a persoas de toda Europa, conseguirían que todos se sentasen a falar arredor dunha mesa e non habería máis guerras. Falou disto con Robert Schuman, ministro do Goberno francés e pareceulle que era unha idea brillante, anunciándoa nun discurso o 9 de maio de 1950. A esta iniciativa se lle foron sumando varios países ata que chegamos hoxe en día a ser 27 países os integrantes da Unión Europea.

Pero… que sabes de Europa?

Accede a https://europa.eu/learning-corner/home_es
e aprende con xogos, concursos e libros de actividades.

Europa ten a súa PROPIA BANDEIRA E O SEU PROPIO HIMNO, a “ODA Á ALEGRÍA” tema principal do cuarto movemento da Novena Sinfonía de Beethoven. O texto orixinal está en alemán, pero cando se emprega como himno europeo elimínanse as palabras e se deixa só a melodía.

Escoitade unha versión en galego interpretada pola banda “Heicho cantar”


ESCOITA AMIGO A CANCIÓN DA ALEGRÍA
O CANTO ALEGRE DO QUE ESPERA UN NOVO DÍA
VEN, CANTA! SOÑA CANTANDO, VIVE SOÑANDO UN NOVO SOL
EN QUE OS HOMES ERGUERÁN XUNTOS OS BRAZOS
VEN, CANTA! SOÑA CANTANDO, VIVE SOÑANDO UN NOVO SOL
EN QUE OS HOMES ERGUERÁN XUNTOS OS BRAZOS
SE O TEU CAMIÑO SÓ CONDUCE Á TRISTEZA
É UN CANTO AMARGO QUE AGARDOU DETRÁS DA META
VEN, CANTA! SOÑA CANTANDO, VIVE SOÑANDO UN NOVO SON
EN QUE OS HOMES ERGUERÁN XUNTOS OS BRAZOS
VEN, CANTA! SOÑA CANTANDO, VIVE SOÑANDO UN NOVO SON
EN QUE OS HOMES ERGUERÁN XUNTOS OS BRAZOS



page | by Dr. Radut