Skip to Content

Mobilidade a Pistoia (Italia)

Como integrantes que somos do Consorcio do CEFORE Erasmus+, este curso visitamos Pistoia, onde coñecimos as escolas amables, enfocadas principalmente a nenos e nenas de 0 a 6 anos.

Están divididas en catro áreas, cada unha delas coa súa identidadee cunhas características que definen o seu propósito, denominándose con cores:

A “Areabambini rosa” é un espazo adicado ás familias, converténdose nun apoio constante de asesoramento no proceso de crecemento dos seus fillos/as.

A “Areabambini blu” adícase ás artes e ten como obxectivo traballar as distintas manifestacións da mesma.

A “Areabambini verde” está adicada ao coidado da natureza e exploran, estudan e modifican os elementos naturais.

A “Areabambini gialla” estaba en obras e non se puido visitar, pero tratan alí o tema da lingua e da literatura, a expresión oral principalmente.

Trabállase a través de proxectos coordinados entre o profesorado dos distintos centros educativos de orixe e os docentes específicos das áreas.

Relaciónanse co Concello de Pistoia, coas familias e a comunidade educativa, comercios, asociacións… e fan moitas actividades na vila.

Pistoia é pequena e acolledora, pero ten moita arte. Igual que as mestras que nos atenderon tan ben. Non ten que envexar a Florencia!

Imaxe Pistoia

Imaxe Pistoia 2



page | by Dr. Radut