Skip to Content

A muller de marzo era...

NORABOA AOS 4 ACERTANTES!!  ERA ANTONIA FERRÍN MOREIRAS!!

 

Debuxos de Antonia Ferrín Moreiras

 

Antonia Ferrín Moreiras



Antonia Ferrín Moreiras naceu en Ourense no ano 1914. Finou aos 95 anos en Santiago de Compostela no ano 2009.

Foi a máis lonxeva da nosas astrónomas, foi a pioneira nesta materia. Ademais foi a primeira muller en ler unha tese doutoral en astronomía en España, no ano 1963, tamén foi unha excelente profesora tanto en Madrid como en Santiago de Compostela. Licenciouse en Ciencias Químicas e Farmacia pola universidade de Santiago de Compostela, estes estudios, o seu traballo como mestra nacional e dous anos de Ciencias exactas realizounos antes da Guerra civil, ademais de exercer como profesora de Matemáticas no Instituto de Ensinanza media de Santiago de Compostela.

Ao estalar a guerra, foi suspendida da actividade académica, xa que se lle abriu un expedinte de depuración debido a unha denuncia anónima provocada polas súas ideas políticas. A comisión sancionadora inhabilitouna para desempeñar cargos de confianza e veuse obrigada a deixar a docencia no instituto. En 1940 solicitou a revisión da súa causa e conseguiu reanudar as clases na Facultade de Ciencias.

Rematada a guerra acabou os seus estudios de Matemáticas na Universidade Central de Madrid como alumna libre. Na década dos 40 iniciou os seus traballos de investigación baixo a dirección de D. Ramón María Aller Ulloa, director do Conservatorio Astronómico e Catedrático da USC. Entre os anos 1952 e 1963 traballou no CSIC como axudante de Investigación. En 1963 lee a súa tese doutoral que será a primeira en Astronomía e a primeira que se defende na Sección de Matemáticas da USC. Nese mesmo ano é nomeada Catedrática Numeraria de Matemáticas na Escola de Maxisterio “Santa María” de Madrid. A partir de entón trasladase a Madrid onde tamén foi profesora adxunta na Cátedra de Astronomía da Facultade de Matemáticas da Universidade Complutense. Xubilouse no ano 1984.

As súas contribucións principais á Astronomía, realizadas no Observatorio de Santiago, consisten en traballos sobre ocultacións estelares, medidas de estrelas dobres e determinación de pasos por dous verticais.

Unha anécdota que lembraba sempre foi o frío que pasaba no Observatorio coas faldras e que non podía usar pantalóns porque era un tempo no que era unha prenda que nos se toleraba nas mulleres.



page | by Dr. Radut