Skip to Content

O mellor premio de final de curso

Este ano tivemos a sorte de ver como medraban no noso horto algunhas nogueiras. Non sabemos moi ben cal foi a man que as deixou por alí, pero o certo é que  algunhas prenderon e foron cambiadas a macetas a principio de curso. Despois de pasar o proceso de perder as súas folliñas no inverno, parecía que chegaran ao seu fin. Pero a Natureza segue o seu curso e… todas elas convertíronse en preciosas nogueiras que non podían seguir máis tempo esperando a ter un sitio onde vivir.

Así que lanzamos a campaña:  ADOPTA UNHA ÁRBORE!, para falar na casa sobre a posibilidade de plantar un desas arboriñas nun terreo propio, onde puidesen medrar e convertirse en fermosas nogueiras pasado un tempo.
E apareceron os afortunados nenos e nenas que dispoñían dese lugar, nunha aldea, na súa finca, ou na casa dos avós. Tras un emocionante sorteo...
Aquí os tedes, tan felices, co seu mellor premio: un ser vivo que medrará cos seus coidados de cando en vez.
Esperamos ver algunhas fotos cando vaia pasando o tempo. E que disfrutedes moito coa delicia dos seus froitos cando lles chegue o momento de dalos.



Noraboa a todos os premiados!

 

Campaña "Adopta unha árbore"



page | by Dr. Radut