Skip to Content

Actividades 8M do Concello

O Concello da Coruña organiza rutas guiadas para recordar a mulleres históricas da cidade

Con motivo do 8-M haberá tamén actividades nas naves do Metrosidero, o Fórum Metropolitano, a Casa Museo Casares Quiroga e o rocódromo

Imparables

 

 

Entre as actividades programadas para este ano destacan as Rutas en feminino. Trátase de itinerarios guiados por tres núcleos históricos clave da cidade: os xardíns do Ensanche e A Mariña; a Cidade Vella a Pescadería. As rutas servirán para coñecer mellor a vida e a obra de mulleres que deixaron marca na nosa historia e mapa de rúase están programadas para os días 6, 7 e 8 de marzo. inscrición pódese facer nos centros cívicos. Os actores Suso Martínez e Belén Espiñeirprotagonizarán tres rutas históricas por A Coruña, na que falarán de nomes como Luísa Villalta, María Pita, Emilia Pardo Bazán o Concepción Arenal, entre outras.

 

is actividades

O xoves 7 haberá un taller para elaborar carteis e mensaxes e o sábado 8 un formato 'Pasapalabra' con definicións relacionadas con igualdade de xénero. Ambas actividades están programadas as 18.00 horas. As artes escénicas terán presencia cá obra teatral 'A nena de ninguén', o día 8 de marzo no Fórum Metropolitano, que tamén acollerá o ciclo de cine 'Retrincos de muller'.

 

O día 9 continúa nas salas dos Cantóns a segunda edición do Festival Cinema por Mulleres. A programación municipal inclúe tamén actividades deportivas, como a xornada de portas abertas do rocódromo de Riazor que terá lugar o venres 8 de marzo e a tradicional carreira popular da Torre de Hércules, un evento incluído no circuíto Coruña Corre, que inclúe novamente unha marcha solidaria que se realizará o 23 de marzo.

 

 
 
 
 
 
 


page | by Dr. Radut