Saltar navegación.
Inicio

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2013/2014

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS CURSO 2013/2014

A continuación expónse un resumo da información principal en relación a estas axudas.  A información completa pódese consultar no taboleiro do centro, preguntando en secretaría  e tamén en internet nesta ligazón:  AXUDAS LIBROS do portal educativo da Xunta.

Requisitos:

1. Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia durante o curso escolar 2013/2014, e non repetir curso neste ano académico. Non obstante, o alumnado que repita 1º ou 2º de educación primaria poderá solicitar a axuda, xa que neste ciclo emprégase material que non pode ser reutilizado.

2. Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Para o alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros. Para a determinación da renda per cápita familiar terase en conta o disposto no artigo 6 da orde de convocatoria.

Lugar e prazo de presentación:

No centro educativo ao que corresponda a matrícula do curso 2013/2014 entre o 3 de xuño e o 3 de xullo.

Documentación que se debe aportar:

-Impreso de solicitude que se pode pedir na secretaría do centro ou descargar, cubrir e imprimir do portal educativo da XUNTA nesta ligazón:   impreso en pdf 

-Orixinal e copia do Libro de Familia

-No caso de separación ou divorcio: orixinal e copia da sentencia de separación ou convenio regulador. Ten que figurar o titular da custodia (nai, pai ou compartida)

- No caso de que non exista Libro de Familia, certificado de convivencia expedido polo Concello que mostre a situación de convivencia familiar.

-No caso de minusvalía dalgún membro da unidade familiar computarase como dous membros. Debe xustificarse con orixinal e copia do certificado de minusvalidez (polo menos do 33%) ou pensión correspondente.

 

Tódolos datos persoais, familiares e de renta deben ser referidos á situación a 31 de decembro de 2011.

Contía das axudas para educación primaria:

·                     Familias monoparentais:

o                  Renda per cápita familiar ata 6.000,00 €: 170 €.

o                  Renda per cápita familiar desde 6.000,01 ata 9.000,00 €: 90 €.

·                     Resto das familias:

o                  Renda per cápita familiar ata 5.400,00 €: 170 €.

o                  Renda per cápita familiar desde 5.400,01 ata 9.000,00 €: 90 €.

Cálculo da renda per cápita familiar:

a) Membros computables da familia: Serán membros computables os pais do alumno causante da solicitude sempre que convivan con el, así como os fillos menores de idade con excepción dos emancipados,. Tamén se incluén os maiores de idade con discapacidade e os fillos menores de 25 anos que convivan no domiciliofamiliar.

b) En caso de separación ou divorcio só se terá en conta o proxenitor que conviva co menor e teña a súa custodia. En caso de custodia compartida o proxenitor que non conviva co menor non se considera membro computable pero neste caso a súa renda súmase á renda familiar total.

c) No caso de que o proxenitor separado ou divorciado conviva con unha nova parella no mesmo domicilio que o menor, esta n ova parella terá a consideración de membro computable e as súas rendas tamén se incluirán no cómputo total.

Para calcular a renda per cápita se procederá do seguinte modo:

1) Na declaración da rendareferida ao exercicio 2011  bucaranse as casiñas 455 e 465. Sumamos ambas cantidades.

2) Facemos o mesmo para cada membro computable que teña presentado declaración de renda dese ano. Sumamos todas as cantidades. No caso de non presentar declaración da renda teránse en conta os ingresos netos de tódoos membros da unidade familiar.

3) Dividimos o total entre o número de membros computables da unidade familiar. O resultado é a renda per cápita familiar.

Ao presentar a solicitude é necesario que tódolos membros da unidade familiar que obtiveron ingresos no ano 2011 asinen o permiso para que a Administración verifique os datos.