POEMAS PARA A PAZ
Na clase de relixión e con motivo do día da Paz os alumnos/as de 6º, traballamos a poesía para a paz.Para inspirarnos lemos varios autores.Resultou unha actividade moi creativa.Para compartir con vos este día e todos do ano, eleximos un poema de Concha Blanco.¡Disfrutádeo!
A PAZ
Venme buscar ao peirao
gaivota de mar adentro
Soa estou.
Por equipaxe levo
pena e dor
e unha ponla de oliveira
para trocar por canción.
Venme buscar.
soa estou.
Cruzaremos anchos mares
moitas fragas e desertos.´
Pedirémoslles aos gobernos
por tantos nenos famentos
que padecen inxustizas,
miseria, desatención.
Venme buscar coas túas ás.
Axúdame co peteiro.
Viaxemos día e noite
Corramos o mundo enteiro.
Que haxa Paz.
Fóra a guerra!
Que morra a fame.
fartura na terra!
subiremos ata o Sol
ata as nubes e as estrelas
coa cor de verde esperqnza
da poliña de oliveira.