Curso 2012-2013

LETRAS GALEGAS 2013

Estudouse a vida e obra de Roberto Vidal Bolaño, autor homenaxeado este ano, dun xeito globalizado e multidisciplinar.

Traballouse unha unidade didáctica sobre o autor, ambientouse o colexio ás entradas e saídas con música popular galega, fixéronse actividades interactivas nas clases de informática, houbo unha animación á lectura sobre unha obra de teatro do autor, lecturas dramatizadas..., culminando todo isto coa realización dun festival no cine Alovi.

A festa das nosas letras tivo cantigas, contos, teatro, poesía, música e baile, reservando tamén un espazo para recordar a figura de  Rosalía de Castro e do seu libro Cantares Gallegos, por cumprirse 150 anos da súa publicación.

Aquí tedes algunhas fotos por se queredes botarlles unha ollada a diversos momentos do festival.

DÍA DO LIBRO

 

O Día Internacional do Libro foi este ano un pouco especial porque tivo lugar a inauguración da nosa biblioteca, que foi totalmente reacondicionada. Tampouco esquecemos levar a cabo  actividades variadas que realizamos con ilusión.

 

 

 

Preme aquí para ver máis imaxes deste día.

 

 

UNHA VIAXE AO PASADO: O CULTIVO DO LIÑO

   

    Os alumnos do último ciclo asistimos o pasado venres a unha interesante viaxe a través do tempo para coñecer a importancia que tivo no noso país o cultivo do liño. Tamén nos foi explicado todo o proceso de tratamento posterior ata chegar á confección dunha peza de roupa.

 

    Os útiles empregados chamáronnos moito a atención e mesmo recoñecimos algúns deles por telos visto nas casas dos nosos avós.

 

    Para recordar este día, temos unhas imaxes que podedes ver aquí.

ENTROIDO NO COLEXIO

  

    O pasado venres 8 de febreiro celebramos a festa do Entroido.

    Este ano, seguindo coa nosa tradición de disfrazarnos todos do mesmo xeito, decidimos que o noso disfrace fose de pintores.

 

 

    Se queres vernos, preme aquí.

 

 

DÍA DA PAZ

O mércores 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz. Ao longo da semana preparamos actividades para ir dando ambiente ao colexio con murais, árbores da paz, mensaxes, cancións, poemas, mans brancas, lecturas axeitadas,  pombas... 

A idea elixida para reflexionar sobre a importancia da paz no noso día a día foi DESEXO CON ESTA POMBA DA PAZ... Cada neno escribiu nas ás da súa pomba unha mensaxe positiva que despois regalou a un compañeiro.

 

 

Para ver distintas instantáneas deste día, preme aquí.

Nadal

O pasado 21 de decembro celebramos, como todos os anos, o noso tradicional FESTIVAL DE NADAL.

 

Puxemos nel toda a nosa ilusión e esperamos que desfrutásedes del tanto coma nós.

 

Para ver fotografías destas datas, preme aquí.

 


FEIRA DOS FUNGOS E COGOMELOS

 

 

 O pasado 4 de novembro celebrouse na nosa localidade unha nova edición da xa tradicional Feira de Fungos e Cogomelos.

Ademais doutras actividades relacionadas co tema, os alumnos de todos os cursos realizamos traballos para presentar ao concurso do MUNDO DA MICOLOXÍA, no que resultamos moi premiados, tanto en categoría individual como colectiva.

Aquí podedes ver algún dos traballos que presentamos. 

 

O MAGOSTO NO NOSO COLEXIO

 

O pasado 8 de novembro, celebramos un magosto tradicional.

A ANPA do centro contratou un castañeiro profesional que nos explicou o proceso de recollida e asado das castañas. Posteriormente enchemos os nosos cucuruchos con este rico froito, e degustámolo.

Esa mesma mañá fixemos unha demostración de xogos populares no patio, tal como a corda, o pano, os zancos e a carreira de sacos. Estreamos tamén o xogo da ra, que foi o que máis éxito tivo.

Leuse o Manifesto do Día do Peón, e todos intentamos bailar as nosas buxainas.

Xosé Cendán, pai dunha alumna de 3º, deunos unha charla para explicarnos ben a festa do Samaín, algo que se está intentando recuperar en moitas zonas de Galicia.

Foi un día marabilloso, como podes comprobar aquí.

Distribuir contido