Actividades

A voz do Santa María 2024

Visita Aspanaes

Este mércores, o alumnado de 5º e 6º de Primaria recibiron aos representantes de Aspanaes As Pontes. Comezaron na biblioteca para facer despois xogos con eles no ximnasio. O pasaron xenial aprendendo sobre esta asociación que traballa con persoas con TEA

Álbum: Curso 2023-2024 -> Visita Aspanaes

Entroido 2024 - MARTES

Erasmus+

25 N

Álbum: Curso 2023-2024 -> 25N 23

Concurso de cartéis para a XXXIIII Festa de fungos e cogumelos de As Pontes

Este curso curso un grupo de alumnado de 6º de Primaria foron os gañadores do segundo premio do concurso de cartéis para a Festa de fungos e cogumelos organizada polo Concello de As Pontes. Aproveitamos a exposición das obras para realizar unha pequena saída fóra do centro con todos os cursos. 

Álbum: Curso 2023-2024 -> Fungos 23

Samagosteen

Hoxe celebramos o tradicional Samagosteen. A ANPA preparounos un xenial Photocall e unha merenda típica do Magosto. A continuación agasallamos aos gañadores dos concursos de Pantasmas e Receitas terroríficas e por último realizamos xogos tradicionáis con materiais relacionados con magosto, o Halloween ou o Samaín. Aquí tedes algunha das fotos que tomamos organizadas por temáticas:

- Photocall

- Merenda

- Concurso de Pantasmas

- Concurso de Receitas

- Xogos do Samagosteen

 Non podemos olvidarnos dese conto tan chulo que inventaron tres alumnas de 6* de primaria e que foron contar por todas as clases, e de que este xesto fixo que outro alumnado de 5º preparase os seus propios contos.

Que sorte temos con estes nenos e nenas tan creativas!! Podedes ver as fotos e algúns dos contos aquí.

Apertura da biblioteca

O día 24 de outubro celebramos o día das Bibliotecas Escolares. Aproveitamos ese día para inaugurar a biblioteca. O alumnado accedeu con un billete cara o futuro. Nesa viaxe para recibir a mochila viaxeira o alumnado tivo que facer un xogo de pistas respondendo a preguntas sobre o fundionamento da biblioteca. Veamos o ben que nolo pasamos!

 

 

 

 

 

Día Mundial do Alzheimer

O alumnado de 5º e 6º de Primaria contribuiu coa “Residencia La Magdalena” para elaborar o muro dos recordos. Neste acto tan emotivo e simbólico o alumnado interaccionó coas persoas maiores compartindo os seus mellores recordos e plasmándoos no muro.


Enlace ao facebook da residencia: https://m.facebook.com/story.php/?id=100049258883337&story_fbid=848137283504893

Distribuir contido