Historia
O NOSO COLE NA TELE
Enviado por Anónimo o Mar, 01/09/2024 - 07:53O pasado 30 de decembro o noso cole aparece no programa especial do 50 aniversario de Informe Semanal de RTVE.
Podedes velo pinchando na imaxe, a partir do minuto 30.
Historia do Centro
Enviado por Anónimo o Mar, 11/25/2008 - 23:17O CEIP Santa María foi construído grazas á aportación económica dos emigrantes das Pontes na Habana. Inaugurouse como grupo escolar o 28 de xullo de 1929.
Ao ser un edificio antigo, foi obxecto de varias remodelacións nos anos 1965, 1971 e 1978.
Conta cunha gran tradición na vila. A el asisten fillos, netos e bisnetos de antigos alumnos. Tamén algunhas das súas mestras fixeron os seus primeiros estudos neste centro.
Estas son fotografías da súa construción e inauguración.