ANPA

Actividade de Voleibol

Oferta dunha nova actividade por parte da ANPA en colaboración co Club de Voleibol ALDEBARÁN San Sadurniño. 

Podedes consultar toda a información e o formulario de solicitude pinchando aquí

O CEIP Plurilingüe Santa María

Con agarimo e ilusión facémosvos chegar este vídeo promocional elaborado pola ANPA, para que coñezades mellor o noso cole.

CONCURSO CHAPAS IGUALDADE

Dentro do programa de igualdade, a coordinadora de ANPAs do Concello das Pontes, organiza un concurso de chapas.

Para ver as bases do concurso pincha aquí

Os deseños deben enviarse ao enderezo electrónico: abrentef@gmail.com. Recorda enviar os datos do alumno/a, pais, nais ou titores legais e un número de contacto. 

CONCURSO MÁSCARAS 2022 ABRENTE

Desde a coordinadora de ANPAs Abrente vaise organizar un concurso de máscaras para o entroido 2022.

As máscaras non se recollen nos centros, depositaranse nun buzón que estará situado na planta baixa do mercado municipal.

Para máis información do concurso fai click aquí

 

 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ABRENTE

A Coordinadora de ANPAS ABRENTE vai ofertar para o curso 2020-2021 as actividades de Informática, Robótica, Mecanografía (en Ensino) e Tardes Creativas (local Abrente).

As inscricións repartiranse no local onde se impartirán as actividades, no email: abrentef@gmail.com ou no teléfono/WhatsApp: 611 066 560. 

Para calquera información podedes facelo a través de calquera destes medios.

AVISO SOBRE SORTEO TABLETA

Xa chegou o día. O sorteo da tableta farase o 15 de xuño coincidindo co primeiro sorteo da ONCE.

MOITA SORTE A TODOS!!!

AVISO SOBRE A EXCURSIÓN DE 6.º DE PRIMARIA

O sorteo da tableta posponse ata que pase o estado de alarma. Buscarase unha nova data para a súa celebración. Non tiredes as rifas!

PROGRAMA ALMORZOS NO COLE

Dende o mes de xaneiro o noso centro forma parte do Programa Almorzos no Cole, xestionado pola ANPA. O horario é de 7:30 á 9:00.

Distribuir contido