Actividades
Día Mundial do Alzheimer
Enviado por Anónimo o Xov, 10/19/2023 - 15:22O alumnado de 5º e 6º de Primaria contribuiu coa “Residencia La Magdalena” para elaborar o muro dos recordos. Neste acto tan emotivo e simbólico o alumnado interaccionó coas persoas maiores compartindo os seus mellores recordos e plasmándoos no muro.
Enlace ao facebook da residencia: https://m.facebook.com/story.php/?id=100049258883337&story_fbid=848137283504893
CHORIMA 2019
Enviado por Anónimo o Mar, 07/02/2019 - 11:27LILIARTE - OS NOSOS PINTORES
Enviado por Anónimo o Mér, 05/29/2019 - 17:56LILIARTE
Enviado por Anónimo o Mér, 05/29/2019 - 17:31
LILIARTE é o PDI que estamos desenrolando este ano no noso centro. O obxectivo fundamental deste proxecto é que os nosos alumnos e alumnas se acheguen a ARTE dun xeito lúdico e motivador. Lili a nosa mascota propuxo distintas actividades ao longo do curso:
- "Breves pinceladas da historia da pintura": No primeiro trimestre, o Equipo da Biblioteca elaborou, a modo de resumo, un libro de fichas cos principais movementos pictóricos.
- "O noso pintor": Durante o segundo e parte do terceiro trimestre, cada clase escolleu a un pintor e traballou a súa obra. Os resultados pódense ver no gran Museo LILIARTE, creado nos corredores do noso centro.
- "Coñecendo a pintores galegos": Aproveitando a celebración das Letras Galegas, o noso alumnado reproduciu as obras de grandes pintores da nosa terra.
ESCOLARTE
Enviado por Anónimo o Mér, 05/29/2019 - 16:53Como xa sabedes este ano estamos participando en ESCOLARTE, un proxecto no que participamos os tres colexios de primaria de As Pontes. A arte é o eixo fundamental deste proxecto, cuxo obxectivo fundamental é potenciar e fomentar o uso da nosa lingua. O proxecto consta de tres partes:
- SocializARTE: Consiste en intercambios comunicativos entre os diferentes coles. E-mail, carta, vídeo..., calquer formato é válido para conseguir que o noso alumnado se comunique na nosa lingua.
- CulturizaARTE: Nesta fase invitamos aos centros a que compartan o seu traballo sobre a ARTE mediante visitas presenciais ou audiovisuais.
- LembrARTE: A última parte será unha gran Xornada de Convivencia dos tres colexios no lago da localidade. Toda a Comunidade Educativa dos tres centros e de ASPANAES participará o vindeiro 21 de xuño nesta gran "festa" que suporá o broche final a un proxecto que contamos se volva a repetir no futuro.
Aquí vos deixamos o link ao blog que se creou para este proxecto. Esperamos que vos guste. Preme na foto para acceder ao blog.
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2019
Enviado por Anónimo o Sáb, 05/25/2019 - 07:44O pasado 16 de maio tivo lugar no Cine Alovi o noso Festival das Letras Galegas. A celebración foi un homenaxe a Antonio Fraguas e á nosa lingua. Coa axuda de cancións, poesías, contos, bailes e obras de teatro celebramos esta importante data. Noraboa ao noso alumnado, que, coma sempre, fixo un gran traballo.
Ademais durante toda a semana nas aulas traballouse a figura do autor homenaxeado este ano.
Preme na imaxe para ver as fotos desta conmemoración.
CELEBRACIÓN DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2019
Enviado por Anónimo o Xov, 05/16/2019 - 07:36Hoxe no noso centro celebramos o Día das Letras Galegas. Esperámosvos no cine Alovi a partir das dez e media.
No seguinte enlace veredes o programa!
DÍA DO LIBRO 2019
Enviado por Anónimo o Mar, 05/14/2019 - 22:00A celebración do Día do Libro no noso centro tivo tres actividades principales. A primeira foi a entrega dos premios do Día da Poesía e de agasallos a todos os participantes. Tamén fixemos o Apadriñamento Lector que resoltou todo un éxito. Por último recibimos a visita de Érika González, cuxa animación foi, coma sempre, moi divertida.
Ademais, e baixo o lema "LER, VAICHE QUE NIN PINTADO", todo o alumnado fixo e decorou, dun xeito moi artístico, un mini-libro baseado no seu libro favorito. Con todos eles fixemos dúas fermosas árbores de primavera.
Preme na imaxe para acceder á galería de fotos.
A PRIMAVERA DAS LETRAS DE ANTÓN FRAGUAS
Enviado por Anónimo o Xov, 04/11/2019 - 11:47Este ano o homenaxeado no Día das Letras Galegas é Antón Fraguas e como todos os anos a Primavera das Letras xa está en marcha. A Real Academia Galega abriu o pasado 28 de febreiro a nova edición do proxecto web que oferta materiais lúdicos e didácticos dispoñible nestas ligazóns:
https://academia.gal/primaveradasletras
https://academia.gal/letras-actual
http://www.seminariogalan.org/
Concurso Pantasmas
Enviado por Anónimo o Sáb, 10/28/2023 - 15:56Estes foron as pantasmas que estiveron adornando o centro:
Estes tres foron os gañadores, un de cada ciclo de primaria: o da dereita do primeiro, o do medio do segundo e o da esquerda do terceiro ciclo. Cada un dos gañadores tivo de agasallo un libro terrorífico.
En infantil todos e todas as participantes tiveron un detalliño. E os participantes de primaria un diploma.
Moitísimas grazas por participar!