Samagosteen

Hoxe celebramos o tradicional Samagosteen. A ANPA preparounos un xenial Photocall e unha merenda típica do Magosto. A continuación agasallamos aos gañadores dos concursos de Pantasmas e Receitas terroríficas e por último realizamos xogos tradicionáis con materiais relacionados con magosto, o Halloween ou o Samaín. Aquí tedes algunha das fotos que tomamos organizadas por temáticas:

- Photocall

- Merenda

- Concurso de Pantasmas

- Concurso de Receitas

- Xogos do Samagosteen

 Non podemos olvidarnos dese conto tan chulo que inventaron tres alumnas de 6* de primaria e que foron contar por todas as clases, e de que este xesto fixo que outro alumnado de 5º preparase os seus propios contos.

Que sorte temos con estes nenos e nenas tan creativas!! Podedes ver as fotos e algúns dos contos aquí.