Curso 2011-2012

FIN DE CURSO

      O día 22 de xuño tivo lugar o acto de entrega das orlas fin de curso.


      Foi un día moi emotivo  tanto para os nenos que remataron a etapa de primaria no noso colexio como para os rapaces de infantil que comezan a súa andaina neste ciclo.


      Se queres ver máis imaxes deste día, preme aquí.


 


LETRAS GALEGAS

 



 


Este ano, o Día das Letras Galegas estivo dedicado a Valentín Paz Andrade.


Todos os nenos e nenas do colexio participamos nun festival no cine Alovi, onde ensalzamos a nosa lingua, os nosos escritores e a nosa cultura.


Podes ver máis instantáneas deste día premendo aquí.

DÍA DO LIBRO


 O noso centro desenrolou o día 23 de abril un programa de actividades para fomentar a lectura e acercar ao alumnado ao mundo do libro.


O centro de interese foi "Libros que deixaron pegada".


Cada alumno aportou o libro que nalgún momento lle deixou pegada e con todos fíxose unha exposición.


Podes ver outras imaxes deste día premendo aquí.

ENTROIDO


 


O pasado 17 de febreiro celebramos o Entroido no colexio, unha das festas coa que os alumnos e mestres máis desfrutan.


Este ano o disfrace elixido foi o de pallaso, que foi elaborado nas clases con bolsas de plástico e recortes de cores.


Cada curso preparou unha actuación baseada nas  cancións dos coñecidos pallasos da tele, lembrando así unhas cancións infantís de sempre.


Despois das actuacións desfilamos ata o Concello e recollemos os freixós na freixoeira para degustalos no patio do colexio, xunto coas orellas doadas pola ANPA.


Como remate, queimamos o "entroido".


Resultou un día moi bonito no que todos pasamos  a converternos en pallasos multicores.


Para ver outras imaxes desta celebración, pulsa aquí.

DÍA DA PAZ

O 30 de xaneiro é o Día Internacional da Paz e Non Violencia Escolar. Celebramos este día dando ambiente ao colexio con murais, árbores da paz, pombas, cancións, mans brancas...


Tamén celebramos este día cunha Carreira solidaria, colaborando así con Save the Children, unha ONG que axuda aos nenos da República Democrática do Congo.


Nesta carreira recadáronse en torno a 1300 euros, aportados polos patrocinadores que tiveron os nenos/as (familiares, amigos).Esta cantidade foi entregada nun acto simbólico á directora da surcursal do Banco Santander de As Pontes, para posteriormente enviala a Save the Children.


A comunidade educativa do CEIP Santa María agradece a colaboración de pais, nais e demais patrocinadores que fixeron posible que esta carreira resultase unha actividade moi solidaria e á vez de gran valor para celebrar o Día da Paz.


Para ver outras imaxes deste día, preme aquí.


NADAL


O Nadal forma parte das nosas tradicións. Como todos os anos, esta celebración reflectiuse en distintas actividades que levamos a cabo no noso colexio, das cales podes ver algunhas instantáneas se premes aquí.

Feira dos fungos e cogomelos

O pasado 1 de novembro celebrouse na nosa vila a xa tradicional FEIRA DE FUNGOS E COGOMELOS.


Un dos actos programados consistiu na entrega de premios do concurso escolar. O noso centro acadou un gran éxito, pois resultaron premiados practicamente todos os cursos.


Ademais, no curso de 5º recaeu o premio especial e con este traballo será realizado o cartel anunciador da feira do próximo curso.


Se queres ver os nosos traballos preme aquí.


Día do peón

Día 11 de novembro "San Martiño" ;e como di o refraneiro "Peóns ao Camiño".


No CEIP Santa María non os tiramos ao camiño, pero si o fixemos no patio e no ximnasio do colexio.


Nestas imaxes pódese ver a ilusión e desfrute dalgúns pequenos/as ao ver bailar as súas peonzas.


MAGOSTO


 


O pasado 4 de novembro celebrouse un magosto tradicional no patio do colexio.


A ANPA do centro proporcionou as castañas asadas que se acompañaron con leite.


Os alumnos de infantil e primaria viviron unha xornada de XOGOS POPULARES, participando con entusiasmo en cada un deles.


Os xogos propostos foron os seguintes: carreiras de sacos, tragacastañas, a castaña tris-tras, a mariola con castañas, levar a castaña e o pano-castaña.


Podedes ver outras instantáneas deste día premendo aquí.

Distribuir contido