Curso 2010-2011

ANO INTERNACIONAL DOS BOSQUES

En xaneiro de 2010 a ONU declarou o 2011 como o Ano Internacional das Florestas. O Concello convidou a responsables da Asociación Forestal de Galicia para que presentasen aos alumnos proxectos de conservación e aproveitameinto sustentable dos bosques.


Ao noso colexio achegouse Enrique García Martínez, enxeñeiro de montes e erudito no tema, que aportou aos alumnos moitos coñecementos, moi ben explicados e adaptados á súa idade.



DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 



 


Este ano a RAG elixiu ao poeta monfortino Lois Pereiro para homenaxealo a el e ás letras galegas.


No colexio estudamos a súa obra e tamén fixemos un festival para ensalzar a cultura galega.


Se queres ver algunhas imaxes deste día, preme

aquí.

DÍA DO LIBRO


 


O 15 de abril celebramos no colexio o Día do Libro.


Empezamos cunha lectura continuada de El Quijote; despois, todos os alumnos asinamos no libro de firmas.


Outras actividades que fixemos para conmemorar esta data foron murais e marcapáxinas alusivos ao tema. Os nenos de infantil e primeiro ciclo  elaboraron un libro versionado de A ratiña presumida. Un alumno de 6º presentounos o libro titulado Contos das Pontes 2, no que el participa cun relato breve.


Rematamos con diversas representacións teatralizadas e coa lectura de poesías que algúns alumnos escribiron con motivo deste día.


Aquí tedes algunhas fotos.

Día Mundial do Autismo

Con motivo da conmemoración do "Día Mundial do Autismo" o 2 de abril, nós, dende o CEIP Santa María, quixemos participar na xornada organizada o pasado 31 de marzo polo centro ASPANAES, no pavillón municipal.


Os nenos de 6º de primaria asistiron a unha sesión con alumnos deste centro, onde compartiron xogos tan comúns como birlos, baloncesto, carreiras...entre outros.


Como non podía ser doutro xeito, ao remate todos tiveron recompensa.


Se queres ver os mellores momentos desta emotiva xornada, preme aquí. 



 


DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O 8 de marzo celebrouse o Día Internacional da Muller.


No noso colexio realizáronse diversos obradoiros nos que se fixo fincapé na importancia do papel da muller na sociedade.



Podes consultar máis información sobre este día neste enlace:


http://gl.wikipedia.org/wiki/D%C3%ADa_da_Muller_Traballadora

SEMANA DA PRENSA

Do 8 ao 12 de marzo celebrouse no colexio a Semana da Prensa.


O tema elixido para traballar cos xornais foi "Palabras da prensa que nos gustan a nós".


Pódense ver os nosos traballos premendo aquí.


 




ENTROIDO



 


O venres, día 4 de marzo, tivemos a festa do Entroido no colexio.


Este ano, o centro de interese foron "as fragas", polo que cada ciclo representou co seu disfrace un elemento delas: os ríos, os acivros, os carballos, os castiñeiros, os felgos, os coellos, os raposos... Elaborámolos nas clases con bolsas e cartolinas, desfilando despois polas rúas próximas. Tamén cantamos na nosa praza a murga titulada "Entroido fragueiro", na que abordamos a defensa e a protección das nosas fragas e da natureza en xeral, cunha parcarta alusiva ao tema.


Se queres ver algunhas fotos deste día, preme aquí.

ENTROIDO

 


O venres, día 4 de marzo, tivemos a festa do Entroido no colexio.


Este ano, o centro de interese foron "as fragas", polo que cada ciclo representou co se disfrace un elemento delas: os ríos, os acivros, os carballos, os castiñeiros, os felgos, os coellos, os raposos... Elaborámolos nas clases con bolsas e cartolinas, desfilando despois polas rúas próximas. Tamén cantamos na nosa praza a murga titulada "Entroido fragueiro na que abordamos a defensa e a protección das nosas fragas e da natureza en xeral cunha parcarta que o anunciaba.

SAN VALENTÍN

 


O pasado 14 de febreiro celebrouse en moitos lugares do noso planeta o Día de San Valentín.


Os alumnos de 6º fixemos a nosa particular contribución ao día do amor con diversos traballos elaborados na clase de Inglés.


Podedes ver aquí unha pequena mostra deles.

DÍA DA PAZ


 


O 30 de xaneiro celebrouse o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia.


Pretendendo que o noso centro sexa un instrumento de paz e entendemento entre persoas de distinta raza, formación, cultura ou relixión, fixemos diversas actividades. Tamén nos vestimos de pombas para darlle unha aperta simbólica ao colexio.


Se premedes aquí, poderedes ver algúns destes momentos.


 

Distribuir contido