Curso 2009-2010

LETRAS GALEGAS

Este ano, na Semana das Letras Galegas, no colexio Santa María, ao igual que en todos os colexios de Galicia, coñecemos a vida e obra de Uxío Novoneyra.

Para o noso festival celebrado no Auditorio Alovi, preparamos con moito entusiasmo e ilusión dúas presentacións en informática; tamén fixemos danzas, bailes, teatro, contos...

Unha pequena mostra do noso traballo podedes vela aquí.

 

 

DÍA DO LIBRO

O Día do Libro celébrase o 23 de abril por coincidir esta data coa morte do escritor Cervantes, coñecido autor do Quijote, e coa morte de William Shakespeare, famoso escritor inglés autor de obras ben coñecidas.

 

Algunhas das actividades realizadas este ano foron as seguintes:
  • Visionado dun capítulo do Quijote. Aprenderase a canción que serve de banda sonora aos vídeos de animación.
  • Elaboración dun cómic despois de ver cada capítulo para elaborar o noso propio Quijote.
  • Realización dun traballo de investigación sobre o autor.
  • En educación infantil, identificación dos personaxes e os elementos máis significativos desta obra.
  • Ambientación do colexio con motivos alusivos a esta data.
  • Elaboración dun puzzle xigante no patio no que as pezas serán os libros preferidos dos nenos.

Para ver algunhas imaxes destas actividades, preme aquí.

SEMANA DA PRENSA

Do 8 ao 12 de marzo celebrouse a Semana da Prensa.

As actividades foron moi variadas. Así poderedes ver que os máis pequeniños fixeron cousas relacionadas coa psicomotricidade; outros, coas habilidades manuais. Os nenos maiores investigaron, e mesmo algún grupo se animou a confeccionar un pequeno xornal.

 

 

05

 

 

DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA

 

 

 

O Día Internacional da Lingua Materna é unha conmemoración que estableceu a UNESCO en 1999 para impulsar as linguas maternas de todo o mundo, en especial, as que teñen menos falantes.

Os alumnos do noso colexio quixémonos sumar a esta celebración cos nosos traballos, que podedes ver aquí.

ENTROIDO

Este ano o Entroido no colexio Santa María foi moi peregrino, así o celebramos polas rúas das Pontes; cantando unha murga e visitando o noso Concello.

Se queres ver máis fotos do percorrido preme aquí.

 

Día da Paz

Na última semana de xaneiro o colexio converteuse nun instrumento de paz para conmemorar o Día escolar pola paz. O lema elixido para este ano foi Que vivan todas as razas.

Durante toda a semana ambientamos o colexio con murais relacionados co tema, entre eles un gran mural sobre o acontecido en Haití, elaborado utilizando recortes de xornais , para que os alumnos coñezan o que pasou e como o mundo enteiro está a axudar.

Como actividade de clausura, o venres 29, cantamos todos xuntos no patio varias cancións relacionadas coa paz.

Educación primaria: Que vivan todas as razas!

Educación infantil: Poema da Paz

6.º primaria: Un mundo mellor

5.º primaria: Sempre alegres

Para ver algunhas fotos deste día, preme aquí.

 

 

 

NADAL 2009


No mes de decembro o colexio cambia de aspecto; nos corredores e aulas van aparecendo murais navideños, beléns, postais e, coma todos os anos, a nosa árbore de Nadal que está colocada na entrada principal. A súa decoración este ano foi con adobíos que semellaban arboriñas pequenas elaboradas con depresores e cartolina ondulada. As ventás do colexio enchéronse de carambos e estrelas brancas de neve.

O centro de interese que eliximos como fío condutor foron as tres linguas que se estudan na escola: inglés, galego e castelán, polo que o título do festival foi "Bo Nadal, Feliz Navidad, Merry Christmas". Os alumnos fixeron actuacións utilizando calquera delas para así contribuír a que os nenos se expresen con naturalidade nas linguas que se lles presentan no colexio.

Ao remate do festival contamos coa visita dos Reis Magos que se achegaron ata o Cine Alovi e repartiron agasallos doados pola ANPA do centro.

 

 

Para ver algúns dos nosos traballos, pulsa aquí.

Se queres ver fotografías do festival, preme aquí.

 

ACTIVIDADES DE OUTONO

Dentro das actividades de outono, podedes ver algunhas das realizadas por nós para conmemorar o Samaín e tamén algúns dos traballos cos que participamos no Certame de Fungos e Cogomelos, onde acadamos moitos premios, mesmo o premio especial cun mural de 6.º de primaria, que será o motivo do cartel anunciador da próxima edición da feira.

FESTA DO MAGOSTO E DO PEÓN

O pasado venres, día 6 de novembro de 2009, celebramos o Magosto no colexio. Elaboramos murais, cantamos cantigas... e tamén comimos as castañas e tomamos as bebidas coas que nos agasallou a ANPA.

Como o día 6 de novembro chovía tanto, agardamos ao día de San Martiño para facer os xogos populares previstos no patio do colexio. O tempo axudounos, participamos todos os nenos e pasámolo estupendamente.

Para rematar as actividades do Magosto, houbo unha exhibición de peóns na que resultou haber verdadeiros artistas.

Preme aquí para ver todas as imaxes.

Distribuir contido