Curso 2014-2015

LETRAS GALEGAS

O autor homenaxeado este ano foi Xosé Filgueira Valverde. No colexio fixéronse actividades variadas sobre a súa vida e obra.

Levouse a cabo, entre outros, un traballo onde os nenos/as tiñan que escribir e debuxar a palabra galega que eles percibiran como a máis fermosa da nosa lingua.

Rematamos a semana co tradicional Festival das Letras que fixemos no cine Alovi.

Se queredes botar unha ollada ao noso traballo e imaxes do festival, preme aquí.

 

 

Día de Rosalía de Castro

 

 

Hoxe, 24 de febreiro de 2015, conmemórase o Día de Rosalía. Esta excelsa escritora galega naceu un 24 de febreiro de 1837.

En toda Galicia son múltiples os actos que recordan a súa vida e obra; desde o colexio Santa María tamén queremos SER ROSALÍA, tal e como podedes ver aquí.

 

 

DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA

O 21 de febreiro, no noso colexio sumámonos á celebración proposta pola UNESCO desde 1999 para poñer en valor a lingua materna.

Este ano, a conmemoración tivo como centro a educación integradora e inclusiva grazas ás linguas, que servirán para que os alumnos actúen como cidadáns do mundo e para reforzar o sentido de pertenza á comunidade local e á internacional.

O cartel deste ano podédelo ver nesta imaxe.

 

 

CELEBRACIÓN DO ENTROIDO

O pasado venres 13 de febreiro celebramos no colexio a festa do Entroido.

Este ano, seguindo coa nosa tradición dun entroido colexial no que todos imos disfrazados do mesmo xeito, decidimos que o noso disfrace fose de minions, personaxes protagonistas da película Gru, mi villano favorito e que teñen especial significado para os alumnos máis pequenos.

Despois degustamos orellas e freixós, doadas respectivamente polo Anpa e Concello.

Se queres ver algunha imaxe do momento preme aquí.

 

 

DÍA DA PAZ

O pasado 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz preparando distintas actividades: murais, pombas, mensaxes de paz, cancións, poemas...

Dende a biblioteca propúxose que se encheran unhas caixiñas con palabras alusivas a valores, igualdade, felicidade etc. Tamén se fixeron uns coridos murais respondendo a: Palabras e sorrisos para a paz, colle a túa.

En todos os cursos traballouse o libro El ladrón de palabras

Este ano eliximos como lema: "QUE O VENTO LEVE A PAZ A TODO O MUNDO".

Se queres ollar algunha imaxe preme aquí.

 

 

NADAL

 

Este ano o festival tivo como centro de interese "Lendas do Nadal"; e baixo este lema preparamos representacións, cancións, panxoliñas, coreografias...

Montamos como de costume a árbore na entrada do colexio que foi adobiada con traballos feitos polos nenos.

Utilizamos cartolinas verdes para facer árbores con gomets, botóns, goma eva...

Tamén elaboramos postais, da cal se escolleu unha representativa para felicitar o nadal aos outros colexios da zona.

 

 

Podes ver outras imaxes premendo aquí.

SAMAGOSTEEN

Como todos os anos, no colexio fixemos o noso Magosto, Samaín e Halloween co obxectivo de ser transmisores dos nosos costumes, a nosa cultura e as nosas tradicións.

O pasado xoves 30 de outubro, celebramos estas festas cumprindo cos obxectivos propostos: aprender de maneira lúdica e participativa, acadar unha relación co noso entorno e coñecer o noso acervo cultural.

A ANPA colaborou neste evento aportando as castañas que degustamos todos e  unha divertida obra de teatro.

Podes ver moitos momentos deste día premendo aquí.

 

 

Distribuir contido