O MAGOSTO NO NOSO COLEXIO

 

O pasado 8 de novembro, celebramos un magosto tradicional.

A ANPA do centro contratou un castañeiro profesional que nos explicou o proceso de recollida e asado das castañas. Posteriormente enchemos os nosos cucuruchos con este rico froito, e degustámolo.

Esa mesma mañá fixemos unha demostración de xogos populares no patio, tal como a corda, o pano, os zancos e a carreira de sacos. Estreamos tamén o xogo da ra, que foi o que máis éxito tivo.

Leuse o Manifesto do Día do Peón, e todos intentamos bailar as nosas buxainas.

Xosé Cendán, pai dunha alumna de 3º, deunos unha charla para explicarnos ben a festa do Samaín, algo que se está intentando recuperar en moitas zonas de Galicia.

Foi un día marabilloso, como podes comprobar aquí.