2009-10

CLASE DE E.F. (6º DE PRIMARIA - CCE Ntra. Sra. de LOURDES)

O mércores, 16 de xuño realizamos no colexio unha experiencia de inclusión mediante a actividade física. Nela participaron os alumnos de sexto e as clases azul e vermella do CCE Ntra. Sra. de Lourdes. Pasárono moi ben e foi moi gratificante para todos.

A continuación un comentario de María Marante alumna de sexto:

"Eses nenos eran especiais, eran máis delicados ca nós, pero un corazón moito máis cheo de ilusións e desexos ca os demáis nenos. Eu paseino moi ben con eles, xogamos e rimos ata a hora na que tiveron que marchar. Quedaron moi tristes sabendo que nós para o ano non íamos estar no colexio. Pasamos un bo tempo con eles."

Se queredes ver as fotos están na galería.

A RUTA DA AUGA NA NOSA CIDADE

 O mércores, 3 de febreiro os alumnos/as de 3º de primaria fomos a Cecebre. Alí vimos a potabilizadora. A súa función consiste en limpar a auga que ven dos ríos: Mero e Barcés, para logo usala nós na casa. Ensináronnos como a auga sucia pasaba pola potabilizadora e saía limpa.Tamén vimos as comportas da presa.

Contáronnos que o vello pobo de Cecebre estaba baixo a auga.

Vimos diferentes tipos de animais: cabalos, patos, ...

Logo ensináronnos tipos de follas, como as do castiñeiro, a enciñeira. A maior parte das árbores eran de folla caduca.

Paseino moi ben nesta excursión.

As fotos están na galería.

                                                                           Sara Mondelo  (3ª de primaria)

 

TALLER INFANTIL DE COCIÑA FROM

O xoves, 28 de xaneiro os alumnos/as de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria participaron nun TALLER INFANTIL DE COCIÑA, impartido polo FROM (Fondo de Regulación e Organización do Mercado dos Produtos da Pesca e Cultivos Mariños).

Os obxectivos da actividade foron: divulgar a importancia dunha alimentación equilibrada e fomentar o consumo de pescado dentro dos hábitos alimentarios dos nenos.

Como parte práctica realizaron algúns platos con pescado: limpar e enfariñar parrochiñas, cociñar lubina ao sal e ensalada, que máis tarde degustaron.

Se queres ver as fotos, vai á galería.

Día da paz: 'Imagine'

Nestes días que andamos aos líos co idioma, e remexendo na rede na procura dun video para usar nas aulas para o día da paz que xa o temos ahí, á porta (30 de xaneiro), atopei esta pequena xoia, unha pequena luz sobre un xeito de facer ben as cousas. Canción -Imagine- en lingua de señas da serie de televisión Glee.

O vídeo tomado de Youtube

Pé de media (e descrición alternativa): Un vídeo da serie norteamericana -Glee- coa canción de John Lenon -Imagine- representada por un grupo de rapazas e rapaces estudantes con diversidade funcional uns si e outro non, e todos eles signándoa coa lingua de señas toda a canción mentres a cantan. O rapaz principal que dirixe o canto sen moito afinamento, é xordo e nótase na súa voz, porén os seus compañeiros, que se van engadindo á canción, converténdose todo nun conxunto impecable.

Español, galego, inglés, pictogramas, lingua de señas... non debéramos estar para pelexar, estamos para incluír. Feliz día da paz!

Xandre e a resposta para Iago

A historia

Fai tempo tiñamos noticias dende a bitácora de TADEGa de que se premiaba o vídeo de Iago titulado Yo también tengo derechos. De todos modos, con premio ou sen el, este esforzo non cae en saco roto.

No noso centro, o alumnado de 2º curso de primaria aprendeu e serviuse de Xandre, o elefante sen sombra. Impactoulles e gustoulles moito, pero a cousa non quedou aí. Resulta que aquelo de comunicarmos con pictogramas resultaba algo moi abstracto que non acababan de entender moi ben pois nunca viviran unha experiencia similar nin coñecían a ninguén que precisase este sistema de comunicación.

Así pois non quedaba outra que puideran coñecer a alguén que empregase este sistema comunicativo, polo que lles amosamos o vídeo de Iago no que se pode ver con moita claridade como o usa e precisa comunicarse con el.

Unhas cousas levan a outras, e o alumnado pediu darlle resposta a este rapaz usando o seu mesmo idioma. Así que armado cunha cámara de vídeo e imprimindo e preparando os pictogramas correspondentes, aquí tedes o resultado da resposta para Iago. (E polas noticias que temos parece que lles gustou moito.

Unha aperta moi moi grande para Iago, para a súa nai, e para estas rapazas e rapaces do CEIP Sal Lence de A Coruña que moito se acordan del, e que xa o queren coñecer.

A resposta do CEIP Sal Lence, A Coruña

Pé de media (e descrición alternativa): Un vídeo coa montaxe audiovisual do alumnado do CEIP Sal Lence da Coruña, en resposta a Iago polo seu vídeo. Nel podemos ver e escoitar o proceso que se seguiu así como a parte principal na que o alumnado deste 2º curso de primaria respota a Iago con audio, subtítulos, pictogramas e xestos.

O conto de Xandre, o elefante sen sombra

Pé de media (e descrición alternativa): Conxunto de actividades interactivas multimedia entre as que se inclúe o Conto Xandre, o elefante sen sombraXandre, o noso protagonista naceu sen sombra. Neste conto acompañarémolo cos seus amigos e amigas a resolver este conflicto. Se optades pola opción estándar do conto, lembrádevos de facer clic co rato no triángulo amarelo que está a pé de páxina para así escoitar o texto do conto en audio en cada páxina.

Enlaces de interese

 


GAÑADORES CONCURSO REDACCIÓN SAMAÍN

  • A clase de primeiro de primaria
  • Sara Mondelo Pena (3º de primaria)
  • María Rodríguez Maturana (4º de primaria)
  • Susana Sánchez Pardo (5º de primaria)

CONCURSO REDACCIÓN

A bruxa LIBRUXA convídavos a todos os alumnos e alumnas do colexio a participar nun concurso de redacción dun relato curto de "terror" para celebrar o SAMAÏN ou Hallowen a próxima semana.

Os traballos entregaransena caixa de correos (buzón) que haberá na entrada da biblioteca. Gracias pola vosa colaboración. O premiado/a recibirá un agasallo "terrorifico".

Bicos.

A bruxa Libruxa

Distribuir contido