Axudas, convocatorias

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO, MATERIAL ESCOLAR, FONDO SOLIDARIO E BANCO DE LIBROS DA ANPA

No DOG de 20 de maio de 2021 publicouse a Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/2022.

No curso 2021/2022 o Fondo solidario de libros de texto estará accesible para o alumnado matriculado en 3º e 4º de Primaria. En 1º e 2º de educación primaria haberá as axudas para a adquisición de libros de texto. No caso do material escolar, convócanse axudas para a súa compra destinadas ao alumnado matriculado en toda a Educación Primaria.

O alumnado matriculado no curso 2021/22 en 5º e 6º de EP no noso centro, ao formar parte do Proxecto E-DIXGAL, está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúnan os requisitos establecidos na orde.

A convocatoria tamén pode consultarse no taboleiro de anuncios do colexio e no portal da Consellería: https://www.edu.xunta.es/fondolibros/PaxinaInicio.action  

O prazo para a presentación das solicitudes remata o 22 de xuño de 2021, inclusive.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática «fondolibros» (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal  

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro  ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Neste caso a solicitude será única para todos os fillos admitidos no mesmo centro.

Para presentar a solicitude presencialmente no centro é preciso concertar cita previa (881880022 -- ceip.sada@edu.xunta.gal).

Fondo público solidario. Será requisito fundamental para acceder ao fondo solidario, ou recibir as axudas para libros ou material escolar ter devolto os libros de texto do curso 2020 2021.

Banco de libros da Asociación de Nais e Pais. Para aquelas familias que non se lles concedan libros a través do Fondo solidario (por superar os límites de renda ou non o solicitaran) hai libros da ANPA nestes cursos que seguramente sexan suficientes. A ANPA comunicará más adiante como acollerse ao Banco de libros (para facelo é preciso ser socio/a).

Orde da convocatoria.

Documentación a presentar.

Anexo I e Anexo II. 

Fondo libros.

Sede electrónica.

Circular nº 34 coa información ampliada.

REPARTO DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO. LISTAXES DEFINITIVAS

Mañá, venres 4 de decembro, publicaranse no taboleiro interior do centro as listaxes definitivas de admitidos/as e excluídos/as para o reparto de máscaras entre o alumnado. 

Todo o alumnado que resultou beneficiario das axudas de material escolar está admitido.

Unha vez publicados os beneficiarios/as, o centro procedeu á adquisición das máscaras. Cando estas cheguen ao centro, comunicarase o procedemento para o reparto das mesmas.

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO: LISTAXES PROVISIONAIS

Rematado o prazo de presentación de solicitudes para ser beneficiario/a do reparto de máscaras entre o alumnado, publicáronse no día de hoxe, 30 de novembro, as listaxes provisionais de admitidos/as e excluídos. Cumprindo co recollido no artigo 11 da ORDE de 6 de novembro de 2020 que regula o procedemento, estas listaxes só estarán dispoñibles no taboleiro interior do centro.

Todo o alumnado que resultou beneficiario das axudas de material escolar está admitido directamente. 

CRITERIOS E PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

No DOG de hoxe, 13 de novembro de 2020, publicouse a Orde pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E).

Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:

      1. Non ten que presentar solicitude

O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021.

    2. Ten que presentar solicitude

O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:

• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

• Alumnado matriculado en educación especial.

• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2020/21; se están admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros. 

As solicitudes deberán presentarse presencialmente no centro docente  onde estea matriculado o alumno/a utilizando o formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Este formulario  e solicitude (anexo I) tamén estará dispoñible:

a) No centro docente.

b) No portal educativo, enderezo http://www.edu.xunta.gal

Presentación de solicitudes: Con cita previa en horario de 09:55 a 10:35.

O prazo para presentar as solicitudes será de diez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, e dicir, do 16 ao 27 de novembro de 2020.

Para os efectos desta orde, a renda per cápita da unidade familiar é o resultado de dividir a renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2018 entre o número de membros computables

A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas.

Cando se presentase declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2018, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 435) e a base impoñible do aforro (recadro 460); cando non se presentase, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.

Orde da convocatoria.

Documentación a presentar.

Anexo I e II

 

AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN DO CONCELLO DE SADA

Convocatoria de axudas económicas ás familias para atender aos gastos do comezo do curso escolar da Concellería de Educación do Concello de Sada. 

Enlace á web municipal onde se atopa a información da convocatoria

Actualización do prazo para a presentación de solicitudes. (11 de novembro 2020).

AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO CURSO 2020-2021

O alumnado con necesidades educativas especiais  derivadas de discapacidade  ou trastorno grave de conduta e alumnado con necesidades específicas de apoio educativo asociadas a altas capacidades intelectuais poderán ser beneficiarios de dita axuda.

Para acceder ao texto completo da convocatoria pinchar aquí.

As solicitudes deberán cumprimentarse mediante o formulario accesible por internet na dirección http://www.educacionyfp.gob.es ou a través da sede electrónica do Ministerio de Educación y Formación Profesional na dirección https://sede.educacion.gob.es.

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o próximo 30 de setembro.  

Para máis información sobre o procedemento para a súa solicitude pinchar aquí.

RESOLUCIÓN DEFINITIVA FONDOLIBROS 2020-2021. FORMULARIO PARA SOLICITUDE BANCO DE LIBROS DA ANPA

Están dispoñibles as listaxes definitivas de admitidos/as e de excluídos/as do FONDOLIBROS para o curso 2020-2021.

Cumprindo co artigo 13 bis da Orde do 12 de maio de 2020as listaxes publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do centro.

A listaxe definitiva de admitidos/as mostra a relación de libros asignados por áreas.

BANCO DE LIBROS DA ANPA

Unha vez que comproben a lista de Fondolibros, cada familia poderá solicitar a ANPA os libros que necesite para os cursos de 3º, 4º e 6º de Primaria, a través do seguinte formulario:

FORMULARIO DE SOLICITUDE DO BANCO DE LIBROS DA ASOCICIÓN DE NAIS E PAIS.

*Lembren que en 3º e 4º de Primaria non se utiliza libro de Lingua Galega.

O alumnado de 5º de Primaria ao participar no proxecto E-Dixgal non empregará libros impresos.

Os libros entregaranse ao inicio do próximo curso.

LISTADO DE LIBROS PARA O PRÓXIMO CURSO

RESOLUCIÓN PROVISIONAL DE FONDOLIBROS PARA O CURSO 2020-2021

Están dispoñibles desde hoxe, día 3 de xullo, as listaxes provisionais de admitidos/as e de excluídos/as do FONDOLIBROS para o curso 2020-2021.

Cumprindo co artigo 13 bis da Orde do 12 de maio de 2020, as listaxes publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do centro.

Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través  da apliación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital.

Prazo de reclamación ás listaxes provisionais:  2 días seguintes á publicación.

IMPORTANTE: Na Resolución provisional adxudícanse os libros existentes no centro, recollidos aos alumnos que recibiron axudas en cursos anteriores.

Aos alumnos e alumnas que aparecen sen libros, ou que non reciben o total que lles corresponden, procederase a adxudicarlles libros na Resolución definitiva. O número de exemplares que se adxudicarán dependerá da renda familiar.

Cando se publique a resolución definitiva, probablemente a finais da vindeira semana, tamén se habilitará o acceso a un formulario para solicitar libros de texto do Banco de Libros da ANPA a aquelas familias que non reciben libros do Fondolibros da Consellería ou que non lles concederon todos os que necesitan.

 

 

LIBROS DE TEXTO E MATERIAIS PARA O CURSO 2020 2021

INFORMACIÓN IMPORTANTE

O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria non mercarán ningún libro de texto, salvo o de inglés, ata que o titor/a encargado/a de impartir docencia nestes cursos traslade ás familias no mes de setembro a listaxe de materiais a empregar.

5º de Educación Primaria. O centro está incluído na listaxe provisional para formar parte do proxecto E-dixgal o vindeiro curso. Isto supón que o alumnado empregara libros dixitais.

O profesorado que imparte as áreas de música e relixión non empregará libros de texto o vindeiro curso.

En 3º e 4º de Educación Primaria non se empregará libro de lingua galega.

 

Libros de texto e materiais para o curso 2020 2021

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO, MATERIAL ESCOLAR, FONDO SOLIDARIO E BANCO DE LIBROS DA ANPA

No DOG de 19 de maio de 2020 publicouse a Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/2021.

No curso 2020/2021 o Fondo solidario de libros de texto estará accesible para o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria. En 1º e 2º de educación primaria haberá as axudas para a adquisición de libros de texto. No caso do material escolar, convócanse axudas para a súa compra destinadas ao alumnado matriculado en toda a Educación Primaria.

Os requisitos e termos da convocatoria poden consultarse no taboleiro de anuncios da entrada do colexio, na web do centro e no portal da Consellería: https://www.edu.xunta.es/fondolibros/PaxinaInicio.action    

O prazo para a presentación das solicitudes remata o 19 de xuño de 2020, inclusive.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática «fondolibros» (https://www.edu.xunta.es/fondolibros ) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal  

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro (en horario de 09:30 a 13:30) ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Neste caso a solicitude será única para todos os fillos admitidos no mesmo centro.

No caso das axudas para a adquisición de libros de texto, os tramos de renda e as súas correspondentes axudas son as seguintes para 1º e 2º cursos de Educación Primaria:

-Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000,00 euros: 210 euros

-Renda per cápita familiar superior a 6.000 ata 10.000,00 euros: 140 euros

Para os efectos de renda terse en conta o exercicio fiscal do ano 2018 e para as circunstancias familiares a alegar serán a composición familiar a 31 de decembro de 2018.

No caso das axudas para a compra de material escolar destinado a alumnado matriculado en Educación Primaria, o umbral é a renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 euros, e a contía da axuda será de 50 euros.

Cando se presentase declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2018, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 435) e a base impoñible do aforro (recadro 460); cando non se presentase, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.

Fondo público solidario. Será requisito fundamental para acceder ao fondo solidario, ou recibir as axudas para libros ou material escolar ter devolto os libros de texto. A asignación de libros de texto correspondente aos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, de non alcanzar os libros dispoñibles no fondo solidario, o centro adquirirá os libros complementarios necesarios.

Banco de libros da Asociación de Nais e Pais. 

  • 3º e 5º de EP: Este ano corresponde cambiar os libros de texto para estes cursos polo que a ANPA, en principio, no contaría cun banco de libros para os mesmos.  A ANPA está estudando a maneira de, unha vez publicada a listaxe definitiva de admitidos no fondo libros, cubrir as necesidades das familias do centro que non poderon acollerse a el.
  • 4º e 6º de EP: Para aquelas familias que non se lles concedan libros a través do Fondo solidario (por superar os límites de renda) hai libros da ANPA nestes cursos que seguramente sexan suficientes.
  • A ANPA comunicará más adiante como acollerse ao Banco de libros.

Orde da convocatoria.

Documentación a presentar

Anexo I e Anexo II.

Fondo libros.

Sede electrónica.

Distribuir contido