LIBROS DE TEXTO E MATERIAIS CURRICULARES PARA O CURSO 2021-2022

O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria non mercará ningún libro de texto, salvo o de inglés, ata que o titor/a encargado/a de impartir docencia neste curso traslade ás familias no mes de setembro a listaxe de materiais a empregar.

5º e 6º de Educación Primaria. O centro forma parte do proxecto E-dixgal. Isto supón que o alumnado empregará libros dixitais e só mercará o material complementario de Inglés.

4º de Educación Primaria. As familias ás que non lles concedan o Fondo Libros non precisarán mercar ningún libro, excepto o complementario de Inglés. A ANPA dispoñe de libros suficientes para proporcionar ás familias que os soliciten.

Libros de texto e materiais curriculares para o curso 2021-2022.