Actividades
Día Internacional Contra o Acoso Escolar
Enviado por admin o Xov, 04/05/2023 - 22:31A prevención da violencia e do acoso escolar é un dos eixos principais da nosa escola. A través de distintos programas e actividades desenvolvemos gran cantidade de actividades encamiñadas á consecución do noso obxectivo. Co gallo do Día Internacional contra o Acoso Escolar, que se conmemora o 2 de maio, traballamos de xeito específico está problemática a través da lectura de distintos libros e lecturas compartidas.
Aquí podedes ver as recomendacións
Educación Infantil
1º e 2º de Educación Primaria
3º e 4º de Educación Primaria
5º e 6º de Educación Primaria
Dentro do Programa TEI o alumnado de 3º e 5º, nunha actividade de cohesión, traballou de xeito especial a temática.
Mensaxe do alumnado de 3º e 5º de Educación Primaria
Ademais dentro do programa ‘Somos Únic@s’, da Fundación ColaCao, que ten como obxectivo loitar contra o acoso escolar a través de dinámicas participativas, o alumnado de 4º e 6º de educación primaria participou nunha charla con xogo interactivo para sensibilizar sobre a importancia de loitar e prevenir estas situacións.
Clica na imaxe para ver as fotos da actividade
Padriños lectores e madriñas lectoras
Enviado por admin o Ven, 28/04/2023 - 14:39Día da Educación Física na Rúa
Enviado por admin o Mér, 26/04/2023 - 17:16No día de hoxe celebrouse o Día da Educación Física na Rúa. Esta conmemoración contou coa participación de alumnado de distintos centros educativos da nosa localidades: 2º e 5º de educación primaria do CEIP Sada y sus Contornos e CEIP o Mosteirón e 1º da ESO do IES Isaac Díaz Pardo e o IES O Mosteirón.
Os participantes realizaron diferentes actividades lúdico-recreativas (xogos de pilla, zancos, paracaídas, desafíos cooperativos, etc...) e actividades organizadas por distintos clubs deportivos: Club Taekwondo Sada, Club Atletismo Sada e a Escola de Danza Carmen López. Tamén contamos cunha estación de karts a pedales cedidos por Manolo, propietario dos mesmos no Paseo Marítimo.
A xornada contou coa colaboración na organización do Concello de Sada que ademais aportou auga e froita para todos os participantes.
Clica na imaxe para ver as fotos
Vídeo resumo da actividade
Programa Cans e letras
Enviado por admin o Xov, 20/04/2023 - 18:05Ao longo deste trimestre, os xoves, contaremos no noso centro con Laura e a súa cadela Nora para disfrutar da lectura compartida.
Alumnado de Educación Infantil, 1º, 2º e 3º poderán lerlle libros a Nora, unha das súas paixóns. Hoxe foi a primeira toma de contacto e puidemos coñecela, saber da súa historia persoal, do seu traballo e puidemos saludala.
Clica na imaxe para ver as fotos da xornada.
O vindeiro xoves poderemos disfrutar dos libros con Nora e Laura na biblioteca. Estamos desexando que chegue ese día!
Moitas grazas a Laura e Nora (R.E.A.D. (Programa de Lectura con Perros)
O Concello de Sada asume o custo deste programa.
Plantando árbores con pinceis
Enviado por admin o Mar, 18/04/2023 - 13:25O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria participou no día de hoxe no proxecto incluído no programa de actividades de Afundación: Plantando árbores con pinceis.
Este é un proxecto escolar pola sostibilidade que xunta cultura e coidado do medio ambiente a través da realización no centro de murais artísticos, colaborativos e ecolóxicos con pinturas fotocatalíticas anticontaminación, que non só non contaminan, senón que ademais absorben e depuran os contaminantes que hai no aire, coma os óxidos de nitróxeno e outros gases contaminantes da industria e o tráfico rodado (cada metro cadrado desta pintura equivale ao efecto depurativo que achega ao medio ambiente unha árbore adulta).
Os nenos e nenas de 5º e 6º participaron na elaboración dun mural no noso cole e o alumnado de 3º e 4º realizou un obradoiro de pintado de bolsas de tea no que traballaron a temática medioambiental desde un enfoque participativo, para facilitar a toma de conciencia sobre a importancia de coidar a natureza.
Clica para ver as imaxes da actividade
Mural 5º e 6º
Bolsas de tea 3º
Bolsas de tea 4º
PROXECTO CRE-ARTE: ESCULTURA
Enviado por admin o Xov, 30/03/2023 - 18:11Neste segundo trimestre dedicamos o noso Proxecto Cre-Arte á escultura. Grazas a el enchemos as salas do noso museo de moitas composicións artísticas que nós mesmos creamos: cerámicas de Sargadelos, creacións tecnolóxicas, corpos xeométricos, composicións con papel e plastilina, material de refugallo, modelaxe en arxila e moitas máis obras produto da nosa creatividade e imaxinación.
Hoxe e onte dedicámonos a visitar as salas que os nosos compañeiros e compañeiras crearon e quedamos encantados con todo o que vimos.
Clica na imaxe para ver unha pequena parte de todo o que fixemos.
Vídeo resumo da actividade
Presentacións Educación Infantil
Presentacións 1º e 2º Educación Primaria
Presentacións 3º e 4º Educación Primaria
5º e 6º Educación Primaria
Concerto Animalada de Cé Orquestra Pantasta
Enviado por admin o Xov, 30/03/2023 - 17:43ENTREGA DO PREMIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO E A CIDADANÍA
Enviado por admin o Ven, 24/03/2023 - 23:39O pasado venres, día 24 de marzo, unha representación do noso centro acudiu a Santiago de Compostela ao acto de entrega do Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía. O noso centro foi premiado na categoría A, centros de Educación Infantil e Primaria, polo proxecto realizado o curso pasado Ama con Corazón.
O premio é produto do esforzo e da ilusión de toda a nosa Comunidade Educativa e unha motivación para continuar co noso traballo.
Nenos e nenas do noso colexio encargáronse de compartir cos asistentes o proxecto premiado. Parabéns polo ben que o fixestes!
Clica para ver as fotos
Vídeo da exposición do proxecto
Vídeo resumo do acto
Presentación do proxecto
Plan Director de Convivencia: Sesión formativa sobre acoso escolar
Enviado por admin o Xov, 23/03/2023 - 09:48Onte visitou o centro Iván Carril, formador da Garda Civil, que impartiu unha sesión formativa sobre o acoso escolar ao alumnado de 5º e 6º de educación primaria.
Esta sesión forma parte do Plan Director de Convivencia no que o noso centro participa, este programa ten como principal obxectivo responder de maneira coordinada e eficaz ás cuestións relacionadas coa seguridade de menores na escola e a súa contorna.
Charla deporte adaptado e inclusivo
Enviado por admin o Mér, 15/03/2023 - 23:49O alumnado de 5º e 6º de educación primaria participará no mes de abril nas IV Xornadas de Deporte Inclusivo en Centros Educativos organizadas por ENKI, co obxetivo de realizar unha aproximación á temática da diversidade funcional e o deporte inclusivo.
Como introdución a estas xornadas onte visitaron o centro Ángel e Daniel, deportistas con discapacidade; e Aida, responsable de ENKI, que compartirón con nós a súa realidade cotiá, a súa experiencia de vida e a súa participación no deporte adaptado.
Imaxes da actividade 6º EP
Imaxes da actividade 5º EP
