Actividades

Día da Paz: Construíndo un mundo de sorrisos

A educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a Paz son motivos para lembrar o 30 de xaneiro, no que se conmemora o Día Escolar da Non Violencia e da Paz.

Co lema "Construíndo un mundo de sorrisos" na nosa escola realizamos diferentes actividades que tiveron como colofón un bonito acto que contou coa participación de todo o alumnado e profesorado.

Clica na imaxe para ver as fotos

 Vídeo

Plan Director de Convivencia: Novas tecnoloxías

O “Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade nos Centros Educativos” ofrece aos centros a posibilidade de solicitar charlas informativas impartidas por expertos das forzas e corpos de seguridade sobre diferentes temáticas que favorezan a mellora da convivencia.

Onte un técnico formador da Garda Civil impartiu dúas charlas sobre novas tecnoloxías ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria.

  

Museo Cre-Arte: Pintura

Durante este curso escolar o proxecto de centro está dedicado á Arte. No primeiro trimestre cada curso traballou distintos aspectos relacionados coa pintura: pintores (Luis Seoane, Leandro Lamas, Picasso, Munch, etc...) o retrato, a pintura rupestre, experimentamos con diferentes técnicas pictóricas: cos pés, con globos, pompas de auga... 

Finalmente compartimos todo o noso traballo nunhas xornadas nas que percorrimos as salas que cada curso creou e gozamos coas explicacións dos nosos compañeiros e compañeiras.

Vídeo resumo das visitas

Fotografías da xornada

 

Exposicións dos distintos cursos

Festa de Nadal

Nesta xornada de festa realizamos distintas actividades nas aulas para celebrar o Nadal. Compartimos unha deliciosa chocolatada e despedimos o ano e o primeiro trrimestre cunhas badaladas co Tarabelo nas Ondas.

Finalmente visitáronnos os Reis Magos que seguro que nos van a traer moitos regalos!

Clica na imaxe para ver as fotografías

 

Recollida solidaria de alimentos

Un ano máis a nosa Comunidade Educativa volcouse na recollida solidaria de alimentos destinada a asociacións sen ánimo de lucro que axudan a aqueles que máis o necesitan. 

Os representantes destas asociacións, Cruz Vermella e Cáritas, pediron que se trasladara o agradecemento a todos os que contribuíron neste iniciativa.

Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

O día 3 de decembro conmemorase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade e durante toda está semana realizaremos distintas actividades encamiñadas a acadar unha sociedade o máis inclusiva posible.

O pasado mércores, día 30 de novembro, o alumnado de 5º de educación primaria recibiu a visita dos usuarios de ASPACE, grazas aos cales coñecimos en que consiste a parálise cerebral, as finalidades desta Asociación e todas as actividades que realizan.

Clica na imaxe para ver as fotos deste día

 

Especial O Tarabelo nas Ondas

Hoxe celebramos a Carreira ENKI, unha proba lúdica, non competitiva, que a través do xogo promove a inclusión e a visualización de colectivos e persoas con diversidade funcional, así como o respecto e a educación na diversidade.

Clica na imaxe para ver as fotos da Carreira ENKI

25 de novembro: Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

No día de hoxe conmemoramos o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero cun acto colectivo que puxo colofón a todas as actividades que realizamos para concienciar sobre a necesidade de loitar contra todas as formas de violencia exercidas contra as mulleres e da importancia de alcanzar unha igualdade total. Que ninguén prenda as túas ás!

Enlace ao poema recitado

Clica na imaxe para ver as fotos e vídeos deste día

 

Samaín, Magosto e Halloween

No día de hoxe celebramos a tradicional festa do Magosto, Samaín e Halloween. Degustamos unha deliciosas castañas (tamén bebidas proporcionadas pola Asociación de Nais e Pais). Rematamos a xornada cun espectacular desfile.

                                               Exposición de cabazas                                                                    Photocall

                                                 

Festa e desfile

 

O outono con Archimboldo

Programa TEI: Entrega de carnés e diplomas aos titores/as de 5º de EP

Hoxe tivo lugar a entrega dos carnés e diplomas aos titores e titoras TEI de 5º de Educación Primaria. Todos e todas mostraron moita ilusión por comezar a desempeñar o seu labor. Na entrega participaron o alcalde de Sada, Benito Portela, e a concelleira de educación, María Nogareda.

Día Mundial da Parálise Cerebral: Actividade de Boccia con ASPACE

Coincidindo co Día Mundial da Parálise Cerebral que se conmemora no día de hoxe, 6 de outubro, o alumnado de 2º, 4º e 6º de Educación Primaria participou nunha actividade lúdica e de sensibilización denominada Boccia.

A Boccia é un xogo deseñado para persoas con discapacidade, inspirado no xogo de orixe italiana bocce ou bochas, de onde toma o seu nome, e aceptado como deporte paralímpico desde 1984.  https://www.paralimpicos.es/deportes-paralimpicos/boccia

A actividade contou coa supervisión e participación de persoal técnico e membros de ASPACE  ("Asociación de Pais e Nais de Persoas con Parálise Cerebral de A Coruña). https://www.aspacecoruna.org/mision_ga.html

Clica na imaxe para ver as fotos desta xornada

 

Distribuir contido