Actividades

Magosto, Samaín e Halloween

Unha celebración do Magosto, Samaín e Halloween diferente pero na que non faltaron as cabazas, os disfraces terroríficos e as castañas.

Aquí tedes os enlaces aos vídeos das lecturas e das cabazas que realizaron os nenos/as de cada aula.

 O xogo do Samaín, xogo en Genially para realizar nas aulas.

Clica nas imaxes para ver as fotos

 

Programa TEI: Correspondencia entre titores e titorizados

A Comunidade Educativa debe priorizar a mellora da convivencia dentro dos seus principios fundamentais e artellar medidas e accións encamiñadas á prevención do acoso. Aprender a respetarnos, aprender a ser, aprender a estar, aprender a convivir é un dos piares  da nosa escola.

Desde o curso 2017-2018 o noso centro participa no Programa TEI (Tutoría Entre Iguais) que ten como obxectivo mellorar a convivencia no centro e previr o acoso escolar.
Durante este curso realizaouse a formación específica  do alumnado de 5º e 3º e foron moitas as actividades conxuntas realizadas para a cohesión das parellas. Pero o verdadeiro valor deste programa reside no día a día, no apoio que o alumnado máis pequeno recibe do seu titor de 5º, da amizade e unión que se orixina entre as parellas e a aprendizaxe conxunta na resolución de conflitos e en aprender a convivir, saber escoitar, expoñer as súas inquedanzas, comprender,  xestionar os enfados, buscar solucións pacíficas aos conflitos, rexeitar o abuso, denunciar as accións contrarias á convivencia, respetar, confiar, apoiar, dar seguiridade...
 
Levamos moitos días na casa pero a preocupación dos titores por saber como estaban os seu titorizados continuaba. Así que tiñamos que seguir adiante co Programa, a pesar da distancia e comezou un intercambio de cartas entre uns e outros. Se pinchades na imaxe poderedes ler algunhas delas.


 
Seguiremos  a traballar en prol da convivencia e sensibilizar á comunidade educativa sobre o acoso escolar, as súas consecuencias e procurar solucións de carácter preventivo. 
 
 
 

Plan Director de Convivencia: Violencia de Xénero

Onte visitounos Fernando, formador da Garda Civil, que dentro do Plan Director de Convivencia impartiu unha charla sobre violencia de xénero ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria. Deu pautas para previr e actuar ante este problema da nosa sociedade. Tamén fixo recomendacións para mellorar a nosa convivencia e resolver os problemas que poden xurdir na mesma.

 

Educando na Biosfera: Visita ao CIEC

Dentro do programa educativo "Educando na Biosfera", o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria realizou unha visita ao CIEC (Centro Internacional de Estampa Contemporánea) en Betanzos os días 3 e 10 deste mes respectivamente.

Coñeceron distintas técnicas gráficas de gravado e viron a exposición de obras existentes no Centro. Ademais realizaron unha litografía, facendo un gravado sobre un soporte metálico que consigue os matices dun debuxo. A litografía realizada está relacionada con Proxecto MIS+ que estamos levando a cabo este ano na nosa escola.

 

Clica na primeira foto para ver as fotos da visita de 5º de EP e na segunda para ver as de 6º.

  

 

 

3 de decembro: Día Internacional das Persoas con Discapacidade

O 3 de decembro celebrouse o Día Internacional das Persoas con Discapacidade e durante esta semana realizamos diferentes actividades orientadas á de toma de conciencia da súa situación en todos os aspectos da vida e á necesidade da consecución da igualdade de oportunidades para elas. Algunhas das actividades realizadas foron:

+ Presentación ao alumnado do Powerpoint realizado polo DO

    - Que se conmemora e motivo.

    - Concepto de discapacidade.

    - Mulleres do pasado, presente e futuro con discapacidade moi capaces.

+ Visionado de Curtas: "Tamara" e "Cordas".

+ Lectura do conto “ O reino dos mil chanzos”.

+ Música da semana: Rui (neno con discapacidade que é artista grazas á visión positiva que ten a súa familia sobre a discapacidade).

+ Exposición na biblioteca de libros relacionados.

+ Unidos pola discapacidade: O alumnado titor de 5º de EP contará un conto ao alumnado titorizado de 3º e o de 6º de EP ao de 4º de EP.

TEI. Actividade de cohesión: Acrosport

Hoxe o alumnado de 3º e 5º realizou a primeira actividade de cohesión deste curso. Cooperando, traballando en equipo e utilizando só os seus corpos foron capaces de elaborar diferentes letras que logo utilizaron para crear gran cantidade de palabra positivas.

Programa TEI: Presentación de titores/as e titorizados/as.

Hoxe foi un día moi especial, o alumnado de 3º de  EP coñeceu aos que van ser os seus titores/ as  TEI  de 5º durante este curso. Coa actividade que realizamos hoxe comezamos a coñecernos e a crear un vínculo que esperamos cada día sexa máis forte e axúdenos a solucionar o pequenos problemas que poidan xurdir ao longo deste curso. Ánimo e felicidades a todos e a todas!

Programa TEI: Entrega de carnés e diplomas

Todos os nenos/as de 5º ofrecéronse voluntarios para ser titores TEI neste curso. Hoxe, unha vez rematada a súa formación inicial, celebrouse na biblioteca do centro o acto do seu nomeamento oficial no que recibiron, como recoñecemento ao seu esforzo e interese, o diploma e carné TEI. A entrega foi realizada pola Concelleira de Educación María Nogareda. Os novos titores/as tamén recibiron as felicitacións e os ánimos do noso directo, Andrés; da coordinadora TEI, Lucía e da súa titora, Noelia. Estamos seguros que todos e todas realizaran unha gran labor. 

Entrega diplomas TEI

Hoxe realizamos o acto de entrega de diplomas aos titores TEI de 5º. A mesma foi realizado polo alcalde de Sada Benito Portela e o noso director Miguel Gayoso. Parabéns a todos/as titores/as pola labor realizado durante este curso.

Actividade TEI: Camiño da amizade

Hoxe o alumnado de 3º e 5º compartiron a última actividade de cohesión TEI deste curso. Realizaron unha saída a praia a ade Gandarío e alí, ademáis de facer uns xogos, lemos as cartas de despedida que cada neno/para escribiu ao seu titor ou  tutorizado.

Distribuir contido