Novas
Programa Educando na Biosfera: Visita ao Centro Internacional de Estampa Contemporánea (CIEC)
Enviado por admin o Dom, 04/06/2023 - 13:14Dentro do Programa Educando na Biosfera e relacionado co Proxecto de centro Cre-Arte o alumnado de 5º e 6º de educación primaria visitou o Centro Internacional de Estampa Contemporánea en Betanzos.
Grazas e esta actividade aprenderon distintas posibilidades que os artistas teñen para crear obras a través da estampación.
Facendo clic nas imaxes poderás coñecer un pouco máis da súa visita.
5º educación primaria
6º educación primaria
FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS
Enviado por admin o Mar, 16/05/2023 - 08:28O 17 de maio é a festa da lingua galega que este ano réndelle homenaxe ao tradutor, novelista, historiador, xornalista, ensaísta e editor Francisco Fernández del Riego. Nós celebramos un festival no que gozamos con bailes, cancións e obras de teatro. Pasámolo moi ben grazas ao gran traballo realizado polos nosos compañeiros e compañeiras. Parabéns!
Especial Tarabelo nas Ondas Letras Galegas
Clica na imaxe para ver as fotos e vídeos
Vídeo completo do Festival
Concerto Animalada de Cé Orquestra Pantasta
Enviado por admin o Xov, 30/03/2023 - 17:43Programa Educando na Biosfera: Debuxando a natureza con Suso Cubeiro
Enviado por admin o Mér, 15/03/2023 - 23:43O alumnado de 5º e 6º cursos de Educación Primaria participou no taller “debuxando a natureza” impartido polo ilustrado Suso Cubeiro.
A actividade, organizada pola Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, pretendía a través das artes plásticas, acercar a biodiversidade presente na Reserva de Biosfera ao alumnado e a ameaza que supoñen as especies invasoras.
A actividade foi gratuíta, subvencionada polo Concello de Sada a través do programa educativo “Educando na Biosfera”.
https://www.marinasbetanzos.gal/educacion-programa-educando-na-biosafera
Imaxes da actividade 6º EP
Imaxes da actividade 5º EP
Programa Educando na Biosfera: visita á fábrica de cerámicas O Castro
Enviado por admin o Ven, 03/03/2023 - 14:49O alumnado de 5º e 6º de educación primaria, dentro do Programa Educando na Biosfera organizado pola Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo e polo Concello e Sada, visitou a fábrica de cerámicas O Castro - Sargadelos, na que coñeceron as diferentes etapas do proceso produtivo dunha cerámica que conta con máis de 200 anos de tradición. Ademais, cada neno e nena elaborou e decorou a súa propia peza de cerámica.
Clica nas imaxes para ver as fotos
5º EP
6º EP
Día de Rosalía
Enviado por admin o Xov, 02/03/2023 - 22:37O 23 de febreiro celébrase o Día de Rosalía de Castro, unha figura fundamental para a lingua e a cultura galega. Na nosa escola realizamos distintas actividades para poñer en valor e dar a coñecer á súa figura. Aquí tedes os murais que elaboramos e que recollen as súas palabras, os seus sentimentos, os seus versos e sobre todo o seu amor a Galicia.
Día das Letras Galegas: Concerto Queiroa e entrega de premios
Enviado por admin o Mér, 18/05/2022 - 17:38Para conmemorar o Día das Letras Galegas, dedicadas este ano ao poeta Florencio Delgado Gurriarán, realizamos un concerto didáctico a cargo da Asociación de Música e Danza Tradicional Queiroa.
A concelleira de Normalización Lingüística do Concello de Sada, Marisa Rúa, realizou a entrega de premios aos gañadores/as do concurso de marcapáxinas organizado polo Concello de Sada. Vera, de 2º A; Breixo, de 3º; Gonzalo, de 4º e Nerea, de 6º, foron os gañadores/as.
Programa especial do Tarabelo nas Ondas.
Aquí tedes dispoñibles fotos e vídeos desta xornada.
Día do Libro: Obradoiros de reciclado de papel
Enviado por admin o Xov, 21/04/2022 - 09:21Para conmemorar o Día do Libro, que se celebra o 23 de abril, todo o alumnado do centro participou nuns obradoiros de reciclado de papel da man do persoal de Matrácala Actividades lúdicas e educativas.
Cada neno/a elaborou persoalmente a súa peza, recolleron na súa composición o que lle transmite a lectura ou os libros co obxectivo de decorar o noso recuncho de resolución de conflitos e de Paz. Fabricaron papeis a partir de desfeitos de cartón, papel reciclado e tintas naturais. O remate da tarefa consistiu nun lacrado do realizado.
Aquí podedes ver algunhas das imaxes da actividade (nos blogues dos diferentes cursos hai máis dispoñibles).
Concerto didáctico música tradicional
Enviado por admin o Lun, 04/04/2022 - 13:58O alumnado de 5º e 6º participou nun concerto didáctico de música tradicional promoido polo Centro Coreográfico Galego, que fixo un percorrido polos principais instrumentos da música tradicional galega, a fin de coñecer as súas características musicais e de construción. Ao mesmo tempo estes instrumentos serven para introducir os ritmos máis importantes coas súas características e usos.
Obradoiros sobre a figura de Rosalía de Castro
Enviado por admin o Lun, 04/04/2022 - 13:50O pasado mércores 30 de marzo o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria participou, de xeito independente, nuns obradoiros sobre a figura de Rosalía de Castro organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e impartidos pola escritora Andrea Barreira.
Os obradoiros non só queren achegar a figura da poeta e narradora galega, máis tamén diversas formas de coñecela. A través da música, da súa faceta narrativa, dunha procura misteriosa,... as propostas son do máis diversas e entretidas para o alumnado, así como para coñecer aspectos da obra e da propia Rosalía.
Nos blogues dos distintos cursos podedes ver as imaxes da actividade.
