Comedor: circulares, menú,...
MENÚ COMEDOR ESCOLAR 2022 2023
Enviado por admin o Ven, 30/09/2022 - 12:18INICIO DO CURSO 2022 2023
Enviado por admin o Xov, 01/09/2022 - 14:43As clases inicianse o xoves 8 de setembro.
Organización das entradas (aplicable durante todo o curso):
- Todo o alumnado accederá ao centro ás 09:00 horas.
- Só as familias do alumnado de EI poden acceder ao centro para acompañar aos nenos e nenas nas entradas.
Acceso do alumnado de Educación Primaria aquí Acceso do alumnado de Educación infantil aquí
Organización das saídas (aplicable durante todo o curso):
- 13:50: Educación Infantil. As familias poden acceder ao centro seguindo o mesmo percorrido que nas entradas (ver aquí).
- 13:55:1º e 2º de Educación Primaria. As familias poden acceder ao centro para recoller ao alumnado na zona de cor sinalada neste mapa.
- 14:00: 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. O alumnado será entregado nas portas exteriores seguindo o recollido nesta imaxe.
- O alumnado sairá de clase en orde de lista.
- Solicítase que as familias do alumnado que saía pola entrada principal sitúense á dereita desta porta. A orde de saída será 3º B, 5º e 6º de EP.
- Solicítase que as familias do alumnado que saía pola entrada B sitúense á esquerda desta porta. A orde de saída será 3º A e 4º de EP.
- Para facilitar e axilizar as saídas solícitase ás familias que unha vez recollido o neno/a non se deteñan na beirarrúa de acceso ao centro.
Servizo de comedor e madrugadores. Ese mesmo día, 8 de setembro, está previsto que empecen a funcionar estes servizos.
Recoméndase que todas as familias usuarias do servizo de comedor instalen a APP Colechef.
Están convocadas as seguintes reunións:
- Luns 5 de setembro:
- Ás 11:00 horas coas familias do alumnado de 4º curso de Educación Infantil (3 anos). Lembrar traer cuberto o álbum do verán.
- Ás 11:30 horas coas familias do alumnado de 6º de Educación Primaria.
- Ás 13:00 horas coas familias usuarias do servizo de comedor.
- Martes 6 de setembro ás 13:00 horas. Familias do alumnado de 5º de Educación Primaria.
Horario de secretaría:
- Ata o comezo das clases: de 9 a 10:00 horas (previa cita).
- A partir do 8 de setembro: De 09:00 a 09:45 horas (previa cita).
Axudas para o alumnado de necesidade específica de apoio educativo curso 2022 2023. Aquí dispoñen de toda a información.
COMEDOR ESCOLAR E MADRUGADORES PARA O CURSO 2022 2023
Enviado por admin o Xov, 23/06/2022 - 09:17Comeza o período de inscrición no servizo de comedor e de madrugadores do CEIP “Sada y sus Contornos” para o curso 2022-2023. Este servizo é xestionado polo Concello de Sada que trasladou ao centro a seguinte información:
O prazo de entrega de toda esta documentación comeza o vindeiro luns, 27 de xuño e remata o luns, 18 de xullo de 2022. A documentación entregarase no rexistro do Concello de Sada.
Información na páxina web do Concello de Sada https://www.sada.gal/comedores-escolares-sada-curso-2022-2023
COMEDOR ESCOLAR 2021 2022: INFORMACIÓNS SOBRE O COMEDOR E MADRUGADORES
Enviado por admin o Xov, 09/09/2021 - 08:44Toda a información referida ao comedor escolar e o servizo de madrugadores no curso 2021 2022 estará dispoñible na páxina web do Concello no seguinte enlace:
https://www.sada.gal/inscricion-comedores-escolares
As comunicacións para o desconto do día non hai que facelas ao centro, O Concello informará aos usuarios do servizo do procedemento a seguir.
As familias si teñen que comunicar ao titor/a (a través do correo proporcionado por este/a) do neno/a que este/a non acudirá ao comedor para que o mestre/a da última hora sitúe ao neno/a na fila de saída co resto de compañeiros/as.
COMEDOR ESCOLAR E MADRUGADORES PARA O CURSO 2021 2022
Enviado por admin o Mar, 07/09/2021 - 21:31A empresa responsable do servizo de comedor comunicou que este comezará o xoves 9 de setembro e o de madrugadores o venres 10.
COMEDOR ESCOLAR 2021 2022: RESOLUCIÓN PROVISIONAL
Enviado por admin o Ven, 27/08/2021 - 14:10O Concello de Sada publicou no día de hoxe na súa páxina web https://www.sada.gal/inscricion-comedores-escolares a seguinte información relacionada co comedor escolar e o servizo de madrugadores para o curso 2021 2022:
- SOLICITUDES ADMITIDAS COMEDOR ESCOLAR CEIP SADA Y SUS CONTORNOS
- LISTA DE AGARDA DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN DO SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR DO CEIP SADA Y SUS CONTORNOS
- SOLICITUDES PROVISIONAIS SERVIZO DE MADRUGADORES CEIP SADA Y SUS CONTORNOS
- SOLICITUDES DE COMEDOR ESCOLAR DO CEIP SADA Y SUS CONTORNOS PENDENTES DE SUBSANACIÓN
Para achegar a documentación, soliciten a través do teléfono do Concello (981620075- ext.200) ou ben a través do correo electrónico: citaprevia@sada.gal, cita para rexistro para anexar a documentación que se require á solicitude feita previamente. O prazo remata o día 03 de setembro de 2021. Calquera dúbida ou aclaración poden consultala a través do correo: sadaeduca@gmail.com
COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2021 2022
Enviado por admin o Xov, 01/07/2021 - 11:48Comeza o período de inscrición no servizo de comedor do CEIP “Sada y sus Contornos” para o curso 2021-2022, no que se ofertan 50 prazas para todas aquelas familias que se queiran ver beneficiadas polo mesmo. Este servizo é xestionado polo Concello de Sada.
Este ano tamén ofértase o servizo de madrugadores, que en función da demanda e das posibilidades organizativas do centro levarase a cabo.
O prazo de entrega de solicitudes e da documentación requerida comeza o luns 05 de xullo do 2021 e remata o venres 23 de xullo de 2021. A documentación entregarase no rexistro de entrada do concello, mediante cita previa (Teléfono 981620075), sito na planta baixa do mesmo, ou a través da sede electrónica https://sede.sada.gal.
No caso de que existise maior demanda que prazas ofertadas, unha vez publicada a listaxe provisional de admitidos abrirase un prazo de reclamación de cinco días naturais. Transcorridos os mesmos e valoradas as alegacións publicarase a listaxe definitiva de admitidos no servizo de comedor para o curso 2021/22.
Prezo máximo do menú comedor alumno x día = 3,50 €.
O prezo do servizo de comedor pode ser susceptible das distintas bonificacións ás que se poda optar por parte da unidade familiar.
Prezo do servizo de madrugadores:
- Sen almorzo alumno x día = 1,40 (modalidade usuario esporádico 2€).
- Con almorzo alumno x día = 2,35 (modalidade usuario esporádico 3€).
O prezo do servizo de madrugadores non conta con bonificacións.
Enlace á páxina web do Concello de Sada coa información
COMEDOR ESCOLAR CURSO 2020 2021: LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS/AS E CONFIRMACIÓN DE PRAZA
Enviado por admin o Mar, 25/08/2020 - 10:25O Concello de Sada publicou a relación de solicitudes admitidas ás que se lles adxudica praza no comedor escolar do CEIP Sada y sus Contornos para o curso 2020/2021.
As persoas admitidas terán que confirmar a praza concedida ou perderán o dereito á mesma. A solicitude confirmando a praza poderá facerse de dous xeitos, ben a través da sede electrónica ou ben entregando o impreso (dispoñible na web do Concello no enlace anterior) en rexistro, sen necesidade de solicitar cita previa. O prazo de confirmación remata o venres 28 de agosto.
Tamén publicou as solicitudes en listaxe de agarda.
COMEDOR ESCOLAR CURSO 2020 2021: LISTAXE DE ADMITIDOS/AS E NON ADMITIDOS/AS
Enviado por admin o Ven, 07/08/2020 - 13:29O Concello de Sada informou da publicación na súa páxina web das listaxes de solicitudes de persoas admitidas e non admitidas no comedor escolar, tendo estas últimas de prazo ata o venres 14 de agosto para entregar a documentación que lles falta e que se indica na listaxe. No caso contrario, non serán admitidos no comedor.
Para calquera dúbida, poden chamar ao teléfono do Concello de Sada 981 620 075.
COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2020 2021
Enviado por admin o Lun, 15/06/2020 - 14:19Ábrese o período de inscrición no servizo de comedor do CEIP “Sada y sus Contornos” para o curso 2020-2021, no que se ofertan 50 prazas para todas aquelas familias que se queiran ver beneficiadas polo mesmo. Este servizo é xestionado polo Concello de Sada.
O prazo de entrega de documentación comeza hoxe, luns 15 de xuño, e remata o venres 10 de xullo. A documentación entregarase no rexistro de entrada do concello, mediante cita previa, sito na planta baixa do mesmo, ou a través da sede electrónica https://sede.sada.gal/opencms/es/index.html
