Admisión de alumnos
ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2023 2024: LISTAXES DEFINITIVAS
Enviado por admin o Lun, 15/05/2023 - 08:45Están dispoñibles no taboleiro interior do centro as listaxes definitivas de admitidos e admitidas para o curso 2023 2024.
As listaxes poden consultarse:
a) Presencial: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. Polo tanto, a publicación na páxina web do centro, en taboleiros ou as zonas acristaladas visibles desde o exterior do centro ou calquera outra alternativa distinta das mencionadas nos artigos 9 e 35.5 da Orde do 21 de outubro de 2022 non están incluídas entre as formas de publicación admitidas.
b) Por vía electrónica: exclusivamente través da aplicación informática admisionalumnado, , sendo necesario para consultalas o certificado dixital ou Chave365.
Prazo de reclamacións: Poderase presentar recurso de alzada ante o Xefe Territorial no prazo dun mes.
Formalización de matrícula do 20 ao 30 de xuño.
ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2023 2024: LISTAXES PROVISIONAIS
Enviado por admin o Mar, 25/04/2023 - 09:49Procédese á admisión provisonal de todas as solicitudes recibidas no centro para o curso 2023 2024.
As listaxes provisionais poden consultarse:
a) Presencial: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. Polo tanto, a publicación na páxina web do centro, en taboleiros ou as zonas acristaladas visibles desde o exterior do centro ou calquera outra alternativa distinta das mencionadas nos artigos 9 e 35.5 da Orde do 21 de outubro de 2022 non están incluídas entre as formas de publicación admitidas.
b) Por vía electrónica: exclusivamente través da aplicación informática admisionalumnado, , sendo necesario para consultalas o certificado dixital ou Chave365.
Contra a presente Resolución poderase formular reclamación, no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación, ante o consello escolar do centro.
Todas as persoas que solicitaron praza están admitidas.
ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2023 2024: SOLICITUDES ADMITIDAS
Enviado por admin o Mar, 21/03/2023 - 10:59Infórmase ás familias que presentaron solicitudes de praza para o curso 2023 2024 que todas foron admitidas e non é preciso presentar ningunha documentación adicional.
O prazo para a formalización de matrícula é do 20 ao 30 de xuño.
ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2023 2024
Enviado por admin o Lun, 27/02/2023 - 22:44As familias que desexen solicitar praza para o próximo curso deberán presentar a instancia e documentación complementaria do 1 ao 20 de marzo.
O alumnado que está actualmente matriculado no centro non ten que realizar ningún trámite xa que ten garantida a reserva de praza.
Neste apartado poden consultar toda a información sobre o centro e a normativa deste procedemento:
Documentación a presentar:
- Solicitude de admisión – ANEXO II (Documento: ED550B que inclúe o ANEXO II-bis)
- Fotocopia do DNI ou copia do libro de familia do alumno/a. En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do menor.
- Certificado de matrícula, agás alumnado de 4º de Educación Infantil (3 anos).
Solicitude de admisión ANEXO II (galego).
Solicitude de admisión ANEXO II (castelán).
Presentación telemática da solicitude de praza.
Decreto de admisión de alumnado.
Instruccións da Dirección Xeral de Centros e R. H.
Tríptico informativo sobre o centro.
En conserxería poden recoller a instancia de solicitude (Anexo II) e a información do centro poden consultala nesta páxina web.
ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2023-2024. RESERVA DE PRAZA NO CENTRO DE ADSCRICIÓN.
Enviado por admin o Xov, 23/02/2023 - 21:20Co obxecto de dar cumprimento ao Artigo 29 da Orde de 21 de outubro de 2022, a dirección do IES Isaac Día Pardo informa da existencia dun número de prazas suficiente para as reservas de praza formuladas polo alumnado deste centro para o curso 2023-2024.
ADMISIÓN ALUMNADO 2023 2024: XORNADA DE PORTAS ABERTAS
Enviado por admin o Mar, 07/02/2023 - 12:57O proceso de admisión para o curso 2023 2024 comeza o día 1 de marzo, aquelas familias que desexen coñecer máis sobre o noso colexio poden asistir á xornada de portas abertas que realizaremos o mércores día 15 de febreiro ás 16:30 horas.
Para participar nela é preciso inscibirse no formulario ao que accederedes facendo clic na imaxe.
ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2023-2024: RESERVA DE PRAZA NO INSTITUTO.
Enviado por admin o Xov, 12/01/2023 - 09:53Segundo se contempla na Orde de 21 de outubro de 2022, pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos, artigo 26.4 “Cando o alumnado teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición, pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva (formulario normalizado ED550A que se remitiu hoxe a través do alumnado) no centro adscrito, isto é, no que está matriculado nese momento, e indicará o centro de adscrición que solicita”.
Tamén se poderá cumprimentar a solicitude través da aplicación admisionalumnado que deberán imprimir e entregar posteriormente na Secretaría deste centro: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
A solicitude de reserva tamén se poderá formalizar en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, incluída a Sede Electrónica con certificado dixital ou a Chave365: https://sede.xunta.gal/portada e neste caso xa non é preciso a entrega en papel na Secretaría do centro.
Xunto coa solicitude hai que presentar copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e as persoas proxenitoras.
Aquelas familias do alumnado de 6º curso de Educación Primaria que desexen efectuar a reserva de praza para o vindeiro curso no IES Isaac Díaz Pardo de Sada deberán formalizar a reserva de praza. O prazo de presentación de solicitudes de reserva remata o 6 de febreiro.
En todo caso, a solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno/a, ten carácter vinculante e a súa presentación implica que son certos os datos indicados nela. A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior, así como a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada en día 28 de febreiro (este incluído), poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento nos termos previstos no artigo 8 da Orde de 21 de outubro de 2022.
ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2022 2023: LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS/AS E NON ADMITIDOS/AS.
Enviado por admin o Ven, 13/05/2022 - 13:48Están dispoñibles no taboleiro interior do centro as listaxes definitivas de admitidos/as e non admitidos/as para o curso 2022 2023.
As listaxes definitivas de solicitudes admitidas e non admitidas poden consultarse:
a) Presencial: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. En base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais, non se poderá realizar por ningún outro medio físico de publicación.
b) Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre.
Non houbo variacións en relación ás listaxes provisionais.
Prazo de reclamacións: Poderase presentar recurso de alzada ante o Xefe Territorial no prazo dun mes.
Formalización de matrícula do 20 ao 30 de xuño.
ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2022-2023. RESOLUCIÓN PROVISIONAL DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS
Enviado por admin o Mér, 20/04/2022 - 10:21Procédese á admisión provisonal de todas as solicitudes recibidas neste centro para o curso 2022 2023, excepto en 5º de Educación Primaria.
As listaxes provisionais de solicitudes admitidas e non admitidas poden consultarse:
a) Presencial: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. En base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais, non se poderá realizar por ningún outro medio físico de publicación.
b) Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre.
Contra a Resolución poderase presentar reclamación ante o Consello Escolar do centro no prazo de 5 días hábiles a partir do seguinte á publicación.
ADMISIÓN ALUMNADO 2022 2023: PRESENTACIÓN DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS CRITERIOS ALEGADOS
Enviado por admin o Mar, 22/03/2022 - 15:02As familias do alumnado que presentou solicitude de admisión para 5º de Educacición Primaria ten que presentar a documentación xustificativa dos criterios alegados. O prazo de presentación é do 24 de marzo ao 6 de abril. É preciso solicitar cita previa.
Nos restantes cursos non é necesario presentar documentación xa que hai menos solicitudes que prazas ofertadas.
