Novas
Navega con Rumbo
Enviado por admin o Dom, 04/06/2023 - 13:18O Programa Navega con Rumbo ten como obxectivo favorecer o uso responsable de internet entre o alumnado, previr o ciberacoso e outros riscos derivados do mal uso de internet e as redes sociais mediante charlas informativas que aborden o uso positivo da rede e proporcionar estratexias para previlos.
Dentro deste programa visitou o centro Rubén que explicou ao alumnado de 5º e 6º de educación primaria algúns dos peligros de internet e mostrounos algunha práctica que debemos de ter en conta á hora de facer uso desta ferramenta.
Día da Internet Segura
Enviado por admin o Mar, 07/02/2023 - 12:56O 7 de febreiro celébrase en todo o mundo o Día da Internet Segura baixo o lema nesta edición ‘Xuntos por unha Internet mellor" https://www.incibe.es/sid
Desde o Instituto Nacional de Ciberseguridade organizan en colaboración co Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado (INTEF) talleres en liña interactivos co obxectivo de axudar ao alumnado para desenvolver as súas competencias dixitais para aprender a realizar un uso seguro e responsable da internet. O alumnado de educación primaria do noso centro participou nos seguintes talleres:
•Taller en liña para alumnado de 6 a 8 anos: “Crea o teu contrasinal secreto”.
•Taller en liña para alumnado de 9 a 12 anos: “Detecta a fraude en videoxogos”.
Plan Director de Convivencia: Novas tecnoloxías
Enviado por admin o Xov, 26/01/2023 - 09:40O “Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade nos Centros Educativos” ofrece aos centros a posibilidade de solicitar charlas informativas impartidas por expertos das forzas e corpos de seguridade sobre diferentes temáticas que favorezan a mellora da convivencia.
Onte un técnico formador da Garda Civil impartiu dúas charlas sobre novas tecnoloxías ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria.
Programa DIGITALWEEK: Participación alumnado 6º de Educación Primaria
Enviado por admin o Lun, 26/09/2022 - 22:03No día de onte, 26 de setembro, publicouse no portal educativo a Resolución definitiva da selección de centros docentes públicos para participar no programa de inmersión lingüística en lingua inglesa a través de actividades dixitais, Digitalweek http://www.edu.xunta.gal/portal/node/38030 na que o noso centro é un dos incluídos.
O obxectivo principal deste programa é proporcionar ao alumnado participante unha actividade de inmersión lingüística que lle permita mellorar as suas destrezas de comprensión e expresión oral en lingua inglesa a través de actividades dixitais. Así mesmo, contará con actividades accións formativas non só académicas senón tamén que fomenten a actividade física, a socialización e o coñecemento cultural e tecnolóxico do contexto galego cunha metodoloxía adecuada á sua etapa educativa.
A actividade será de balde para as familias e a experiencia inmersiva desenvolverase no Albergue Xuvenil de Gandarío, en Bergondo, do 9 ao 15 de outubro.
REDE GALEGA DE EDUCACIÓN DIXITAL (DIXITALGAL)
Enviado por admin o Xov, 18/11/2021 - 11:41O pasado xoves 11 de novembro publicouse a Resolución definitiva dos centros docentes admitidos para a constitución da Rede Galega de Educación Dixital (DixitalGal), para o curso 2021-2022, na que o noso centro foi un dos seleccionados. https://www.edu.xunta.gal/portal/node/35607.
A Rede Galega de Educación Dixital inicia a súa actividade cun equipo integrado por 78 centros educativos e outros tantos docentes para impulsar a transformación do sistema educativo e ofrecer asesoramento e apoio no impulso dunha medida clave neste proceso: O Plan Dixital de Centro.
A rede organízase en 14 ámbitos xeográficos en toda Galicia, 5 na provincia da Coruña. Cada centro da rede contará cunha persoa mentora que acompañará aos centros do seu ámbito xeográfico no proceso de deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital.
RECURSOS E DISPOSITIVOS TIC´S NA CASA
Enviado por admin o Lun, 20/09/2021 - 18:33Co fin de ter o maior coñecemento posible da realidade do alumnado do noso centro e detectar as posibles carencias ou necesidades que se presenten ante un eventual paso ao ensino a distancia, solicítaselles ás familias do noso centro que cubran o seguinte formulario (un por cada neno/a matriculado no colexio):
PROXECTO EDIXGAL: INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS
Enviado por admin o Mér, 23/09/2020 - 10:43Este ano o centro comeza a súa participación no Proxecto Edixgal. A aula de 5º de EP será a primeira en ter as ventaxas que este proxecto proporciona. A aula dispón dun encerado dixital interactivo, dun proxector, dun portátil para o/a profesor/a e dun ordenador por alumno/a. Ademais, contan con conexión Wifi para que o alumnado poida acceder aos contidos dixitais e seguir a actividade educativa na aula desde o seu equipo. Facendo clic nas imaxes podedes acceder a información referida ao proxecto Edixgal.
Espazo dedicado ao proxecto Folleto informativo
O alumnado pode levar o portátil para a súa casa, cubrindo un formulario de asunción de responsabilidade que debe entregarse debidamente cumprimentado e asinado no centro educativo. Existe a posibilidade de contratar un seguro opcional para o portátil (independente do centro).
Navega con rumbo
Enviado por admin o Ven, 25/05/2018 - 21:28Internet ofrece un mundo de posibilidades pero debemos tomar algunhas precaucións para evitar os perigos que podemos atopar.
Adrián, membro do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, explicoulles aos nenos e nenas de 5º e 6º cursos de Educación Primaria como deben realizar unha navegación segura por Internet.
Navega con Rumbo: Navega seguro en Internet
Enviado por admin o Sáb, 01/04/2017 - 09:07Navega con rumbo
Enviado por admin o Xov, 06/02/2014 - 12:37
Mariano, profesor da Facultade de informática, deunos unha charla sobre a navegación en Internet. As posibilidades que nos ofrece a Rede, as precaucións que debemos tomar e os perigos que podemos atopar. Tamén nos explicou que nestas dúas páxinas temos moitos consellos e axuda: Navega con rumbo e Pantallas amigas |
