Actividades

2 de maio: Día Internacional contra o Bullying

O 2 de maio celébrase o Día Internacional do contra o  Bullying ou Acoso Escolar, co obxectivo de concienciar sobre o risco do acoso escolar e o  bullying nos nenos/as a nivel mundial.

O noso centro centro leva anos realizando unha labor de prevención a través de diferentes actuacións, entre elas o Programa TEI. Aquí tendes un Genially con moitas propostas e un vídeo realizado polo alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

Especial O Tarabelo nas Ondas: Día Contra o Acoso Escolar. Clica aquí para escoitalo.

 

Actividade Bosque de Bosquexos

O pasado sábado alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria do noso centro participou na inauguración do novo parque infantil de As Brañas pintando as árbores para crear o Bosque dos Bosquexos. Baixo a dirección dun profesional en Belas Artes, realizaron esta obra artística con pintura respectuosa co medio ambiente (é ecolóxica e con  pigmentos naturais).

Clica na imaxe para ver as fotos

Día da Paz: Árbores pola Paz

Na celebración do Día da Paz cada clase colaborou na plantación dunha árbore nunha maceta situada no patio da nosa escola. Cada árbore estaba asociado cun valor, entre todos e todas coidarémolos para que crezan e sexan unha guía do mundo que queremos construír.

Imaxes

 Vídeo 

Nadal no CEIP Sada y sus Contornos

Hoxe despedimos o primeiro trimestre cunha xornada de festa. Realizamos distintas actividades nas aulas, unha deliciosa chocolatada e finalmente compartimos unhas badaladas cun programa do Tarabelo nas Ondas.

Nestes días fixemos unha recollida solidaria de alimentos na que, unha vez máis, toda a comunidade educativa contribuíu activamente. Cáritas e Cruz Vermella (organizacións beneficiarias da mesma) trasladaron o seu agradecemento a todas as persoas que participaron nesta iniciativa.

No remate deste ano tan especial, o claustro de mestres/as, o persoal, a dirección do centro e a Asociación de Nais e Pais As Mariñas, queren transmitir a todas as familias o desexo dunhas felices festas e Aninovo 2021.

PARA ESCOITAR AS BADALADAS NO TARABELO NAS ONDAS CLICA AQUÍ

Clica na imaxe para ver as fotos

Charla virtual con ASPACE

Hoxe, 9 de decembro, seguimos a aprender sobre diversidade e discapacidade e o alumnado de 6º EP participou nunha charla virtual cos usuarios de ASPACE. Facilitáronnos un vídeo e presentación con información sobre a parálise cerebral e a asociación ASPACE, e fixemos un divertido xogo de todo o aprendido. Contestaron a todas as nosas preguntas sobre os seus intereses, o seu día a día, as dificultades coas que se poden atopar nas tarefas cotiás, as axudas  que precisan para comunicarse, etc…,e compartiron con nós un decálogo de como lles gusta ser tratados. Aprendemos que aínda que somos diferentes, temos moitas cousas en común e queremos as mesmas cousas porque,  como eles e elas expuxeron,  “YO COMO TÚ, TAMBIEN SOY UNA PERSONA”.

Moitas grazas a ASPACE, os seus usuarios e persoal técnico!

Clica na imaxe para ver algunhas fotos da actividade

3 de decembro: Día Internacional das Persoas con Discapacidade

O 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade e no centro realizamos diferentes actividades co obxectivo de informar e concienciar  sobre a realidade e necesidades das persoas con discapacidade, así como destacar os beneficios  que derivan da súa integración en todos os ámbitos da sociedade. A diversidade é a nosa riqueza!

Clica nas imaxes para ver os carteis do mural realizado e escoitar un programa especial do Tarabelo nas Ondas.

  

 

25 de novembro: Respecta o meu espazo.

Baixo o lema "Respecta o meu espazo" celebramos o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero con diversas actividades nas aulas: lecturas de contos, composicións artísticas, visionado de curtametraxes, un programa especial do “Tarabelo nas Ondas” dedicado a esta conmemoración...

Escoita O Tarabelo nas Ondas aquí.

Clica na imaxe para ver algunhas das fotos das actividades realizadas.

 

 Vídeo da clase de 3º de EP

 

Magosto, Samaín e Halloween

Unha celebración do Magosto, Samaín e Halloween diferente pero na que non faltaron as cabazas, os disfraces terroríficos e as castañas.

Aquí tedes os enlaces aos vídeos das lecturas e das cabazas que realizaron os nenos/as de cada aula.

 O xogo do Samaín, xogo en Genially para realizar nas aulas.

Clica nas imaxes para ver as fotos

 

Programa TEI: Correspondencia entre titores e titorizados

A Comunidade Educativa debe priorizar a mellora da convivencia dentro dos seus principios fundamentais e artellar medidas e accións encamiñadas á prevención do acoso. Aprender a respetarnos, aprender a ser, aprender a estar, aprender a convivir é un dos piares  da nosa escola.

Desde o curso 2017-2018 o noso centro participa no Programa TEI (Tutoría Entre Iguais) que ten como obxectivo mellorar a convivencia no centro e previr o acoso escolar.
Durante este curso realizaouse a formación específica  do alumnado de 5º e 3º e foron moitas as actividades conxuntas realizadas para a cohesión das parellas. Pero o verdadeiro valor deste programa reside no día a día, no apoio que o alumnado máis pequeno recibe do seu titor de 5º, da amizade e unión que se orixina entre as parellas e a aprendizaxe conxunta na resolución de conflitos e en aprender a convivir, saber escoitar, expoñer as súas inquedanzas, comprender,  xestionar os enfados, buscar solucións pacíficas aos conflitos, rexeitar o abuso, denunciar as accións contrarias á convivencia, respetar, confiar, apoiar, dar seguiridade...
 
Levamos moitos días na casa pero a preocupación dos titores por saber como estaban os seu titorizados continuaba. Así que tiñamos que seguir adiante co Programa, a pesar da distancia e comezou un intercambio de cartas entre uns e outros. Se pinchades na imaxe poderedes ler algunhas delas.


 
Seguiremos  a traballar en prol da convivencia e sensibilizar á comunidade educativa sobre o acoso escolar, as súas consecuencias e procurar solucións de carácter preventivo. 
 
 
 

Plan Director de Convivencia: Violencia de Xénero

Onte visitounos Fernando, formador da Garda Civil, que dentro do Plan Director de Convivencia impartiu unha charla sobre violencia de xénero ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria. Deu pautas para previr e actuar ante este problema da nosa sociedade. Tamén fixo recomendacións para mellorar a nosa convivencia e resolver os problemas que poden xurdir na mesma.

 

Distribuir contido