Actividades

Festa do Entroido

Debido ás malas condición climatolóxicas non puidemos realizar o desfile polo Paseo Marítimo de Sada, con todo, a xornada estivo chea de disfraces, alegría, orellas, filloas e sobre todo, moita diversión.

Fotos Mandados do Meco

Fotos da festa

 

Mandados do Meco

Na celebración do Entroido deste curso proponse ao alumnado a participación, de maneira voluntaria, na actividade Os Mandados do Meco. Para cada día da semana O Meco realizará unha proposta ao alumnado para que este a cumpra. Os mandandos son acumulables, hai que incorporar o novo ao anterior.

        

Día da Paz

Na celebración do Día da Paz deste curso realizamos o ritual SadaBona, no que compartimos cos nosos e compañeiras as características positivas que todos e todas temos. Despois cantamos a canción Somos unha marea de xente, de Macaco.

Para completar as actividades relacionadas con esta conmemoración estamos elaborando un mural para poñer en valor a diversidade da nosa escola e do noso planeta.

SadaBona: respéctote, valórote, ti es importante para min.

Fotos Día da Paz

 

Fotos mural

 

Vídeo da xornada

SadaBona: Exposición 1º Trimestre

SadaBona, o noso proxecto de centro deste curso, ten a súa orixe na palabra africana Sawabona, que significa respéctote, valórote, ti es importante para min. Con el queremos promover e favorecer dinámicas inclusivas en todos os procesos de socialización, aprendizaxe e convivencia dentro da nosa escola.

Durante o primeiro trimestre cada curso investigou sobre as distintas nacionalidades do alumnado da propia aula e das súas familias. Con todos os traballos elaborados realizamos unha exposición. Aquí podedes ver o vídeo coas visitas que organizamos para coñecer todo o creado.

Festa de Nadal

Despedimos o trimestre cunha xornada de festa e alegría na que todos e todas gozamos cunha deliciosa chocolatada.

Programa O Tarabelo Nadal

Clica na imaxe para ver as fotos

Recollida solidaria de alimentos

Na tradicional recollida solidaria de alimentos que realizamos a favor de Cáritas e Cruz Vermella de Sada toda a nosa Comunidade Educativa participou activamente. Os representantes de ambas entidades pediron que se trasladara o agradecemento a todos e todas os que contribuíron nesta recollida.

 

Carreira ENKI

Dentro das actividades realizadas para conmemorar o 3 de decembro, Día Internacional das Persoas con Discapacidade, no día de hoxe celebramos a Carreira ENKI. Trátase dunha carreira de obstáculos adaptados para sensibilizar e concienciar a toda a nosa Comunidade Educativa sobre a realidade das persoas con diversidade funcional. Entre todos e todas, dentro dun ambiente festivo, compartimos unha gran xornada de convivencia.

Clica na imaxe para ver as fotos

 

25 de novembro: Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

O 25 de novembro conmemórase o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero e dentro das diversas actividades realizadas, hoxe tivo lugar o acto colectivo no que manifestamos o noso compromiso en prol da igualdade e o rexeitamento de calquera violencia cometida contra as mulleres. SAWABONA: Valórote, respéctote, es especial para min.

Manifesto 

Pica na imaxe para ver as fotos e vídeos da xornada

 

Festa do Samaín, Magosto e Halloween

As castañas, as cabazas, os disfraces e a diversión acompañáronnos na celebración do magosto, do Samaín e do Halloween que realizamos hoxe. Para rematar a xornada realizamos un desfile no que compartimos cos nosos compañeiros e compañeiras toda a nosa alegría nesta xornada de festa.

Clica nas imaxes para ver as fotos

            Exposición de cabazas                                   Photocall                                          Festa     

                                        

PROGRAMA TEI: ENTREGA DIPLOMAS E CARNÉS TITORES/AS TEI

Hoxe tivo lugar a entrega dos diplomas e carnés de titores e titoras TEI ao alumnado de 5º de educación primaria. O acto contou coa presenza do alcalde de Sada, Benito Portela, e a concelleira de educación, Rebeca Mouriño.

O programa TEI é un programa de convivencia para a prevención da violencia e o acoso escolar. Está baseado na titorización emocional entre iguais, o alumnado maior (5º de educación primaria) titoriza emocionalmente aos seus compañeiros de 3º de educación primaria. O resto de alumnado do centro, dentro deste programa, realiza distintas actividades ao longo do curso encamiñadas á mellora da convivencia.

Distribuir contido