Axudas, convocatorias

Horario primeiro día de clases.

Mañá 10 de setembro inicianse as clases ás 9 horas. Por motivos de seguridade non se permite o acceso ao recindo do Albergue aos vehículps particulares.

Sairemos ás 12,30 horas, debido ao dispositivo da Volta Ciclista a España. Os alumnos de comedor irán no autobús a Mosteirón e recolleranos as familias diante do Hotel ás 15,45. Pídese puntualidade.

O teléfono do Albergue é o 981622978. Temos solicitado o desvío de chamadas do Colexio a ese número.

Importante: Novas sobre o transporte escolar.

A finais do mes de xuño fixéronse públicos os listados para o servizo de transporte que contabamos ter polo traslado provisional ás instalacións do Albergue da Marina. Xa comentabamos que "a información ten carácter provisional xa que nos falta a confirmación da Consellería polo que podería haber variacións". Houbo variacións, e malas.

Onte pola tarde comunicábase á dirección do centro, desde o Concello de Sada, a nova de que a Consellería non dotaría de servizo de transporte ao noso Colexio e que o Concello de Sada habilitaría un solo autobús para trasladar aos que residiran a máis de dous quilómetros do Albergue.

A partir dese momento intentouse, desde a Asociación de nais e pais e a dirección do centro, que a Consellería e Concello reconsiderasen esa decisión sen que ata este momento houbese resultado positivo. Intentamos razoar que é un traslado forzoso por circunstancias extraordinarias, a falta de espazo na entrada do Albergue para permitir a entrada de vehículos, a falta de aparcamento nas proximidades, os problemas de seguridade vial que van ocasionar,... Seguimos confiando en que se reconsidere a decisiónTamén estamos á espera de saber como se vai organizar o servizo dese autobús e quen poderá utilizalo.

Servizo de comedor escolar para o curso 2014-2015. Resolución definitiva de admitidos.

Resolución definitiva de alumnos admitidos para o curso 2014 - 2015 no servizo de comedor escolar.

As familias dos comensais admitidos deberán entregar debidamente cuberto o modelo-impreso de autodeclaración de prezos públicos. O modelo-impreso facilitase no centro ou pódese descargar desta páxina web.

Impreso de autodeclaración.

Sada a 4 de xullo de 2014.

Servizo de comedor escolar para o curso 2014-2015. Resolución provisional de admitidos.

Resolución provisional de alumnos admitidos para o curso 2014 - 2015 no servizo de comedor escolar.

Os/as interesados/as poderán presentar reclamacións contra a presente resolución ante o consello escolar do centro no prazo de cinco días hábiles, contados a partir da data de publicación.

As familias dos comensais admitidos deberán entregar debidamente cuberto o modelo-impreso de autodeclaración de prezos públicos. O modelo-impreso facilitase no centro ou pódese descargar desta páxina web.

Impreso de autodeclaración.

Sada a 27 de xuño de 2014.

Listados transporte escolar

Listados transporte escolar.

Está previsto que contemos con servizo de transporte escolar mentres esteamos no Albergue da Marina. Nos listados especifícanse os horarios do transporte e o número do autobús que corresponde a cada solicitante. A información ten carácter provisional xa que nos falta a confirmación da Consellería polo que podería haber variacións.

Sada a 27 de xuño de 2014. 

SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2014-2015

Contamos con manter o servizo de comedor para o curso 2014-2015 desprazándose os alumnos usuarios ás instalacións do comedor escolar de Mosteirón en transporte financiado polo Concello de Sada. O número de prazas dispoñibles é de 43. Se houbera máis solicitantes que prazas, os que non a obteñan quedarán en lista de espera.

A día de hoxe aínda non se publicaron as instruccións que regularán o servizo de comedor para o vindeiro curso, que deberían estar publicadas antes do 1 de maio. Para ir adiantando os trámites e poder iniciar este servizo o primeiro día de clase vamos proceder a recoller as solicitudes de usuarios de comedor para o vindeiro curso.

Para solicitar o servizo de comedor escolar as familias interesadas poden recoller no centro a instancia de solicitude ou descargala da web do centro. O prazo para a presentación de solicitudes será do 12 ao 20 de xuño, ámbolos dous inclusive en horario de secretaría do centro así como a documentación acreditativa, nos casos que sexa preciso.

A contía a pagar por este servizo, ou a súa gratuidade, determinarase no mes de setembro mediante o procedemento que estableza a Consellería.

BENEFICIARIOS E COLABORADORES DO SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR

Publicarase, no taboleiro de anuncios e na web, unha lista provisional de admitidos para o servizo de comedor antes do 1 de xullo entre as solicitudes recibidas.

Así mesmo aquelas persoas que desexen colaborar como persoal coidador do alumnado que utiliza o servizo de comedor poden presentar a súa solicitude no mesmo prazo do 12 a 20 de xuño.

 SELECCIÓN E ADMISIÓN DE USUARIOS DO SERVIZO DE COMEDOR

No taboleiro de anuncios e na web do centro exporase a listaxe provisoria de admitidos e de suplentes, respectando estritamente a seguinte orde de preferencia:

-Alumnado usuario do servizo de comedor no curso escolar anterior.

-Alumnado en situación socioeconómica desfavorable ou que teña unha discapacidade igual ou superior ao 33%, acreditado con informe da asistenta social do concello que corresponda.

-Alumnado membro de familias numerosas.

-Alumnado, fillos de pais e nais traballadores con incompatibilidade demostrada dos seus horarios laborais co horario de saída do seu fillo/a ao mediodía.

-Outro alumnado do centro.

Sada a 11 de xuño de 2014.

 Impreso de solicitude para alumnos usuarios do servizo de comedor
 Impreso de solicitude para nais e pais colaboradores

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO

No Diario Oficial de Galicia do 30 de maio de 2014 aparece publicada a ORDE do 28 de maio de 2014 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 2014/15. O prazo de presentación de instancias será do 2 de xuño ao 2 de xullo de 2014.

Rendas familiares e contía das axudas en educación primaria

No caso do alumnado de educación primaria é condición ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000€. Contía da axuda:

Familias monoparentais:

-Renda per cápita familiar ata 6.000 €: 170 €.

-Renda per cápita familiar desde 6.000,01 ata 9.000 €: 90 €.

Resto das familias:

-Renda per cápita familiar ata 5.400 €: 170 €.

-Renda per cápita familiar desde 5.400,01 ata 9.000 €: 90 €.

Enténdese por renda per cápita familiar, a renda familiar dividida entre o número de membros da unidade familiar computables. Terase en conta a situación persoal e familiar en 31 de decembro de 2012 e o exercicio fiscal 2012. A renda familiar obterase por agregación das rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza. Os membros da unidade familiar que presentasen declaración do imposto sobre a renda, para os efectos do cálculo da renda familiar, sumarán os recadros 455 (base impoñible xeral) e a 465 (base impoñible do aforro) da declaración.

Información e impresos de solicitude.

O prazo de presentación de instancias vai do 2 de xuño ao 2 de xullo de 2014. Presentarase no centro educativo onde estea matriculado/a o/a alumno/a unha solicitude por alumno/a matriculado/a xunto coa documentación xustificativa da situación familiar que contempla a Orde de convocatoria.

A Orde está no taboleiro de anuncios e na páxina web do centro e as solicitudes, segundo o anexo I da Orde, serán facilitadas na conserxería do centro. Tamén se pode consultar e descargar da web da Consellería tanto a Orde como a solicitude: http://www.edu.xunta.es/web/gratuidadesolidaria

Sada a 2 de xuño de 2014.

Convocatoria de axudas do Concello de Sada

No Boletín Oficial da Provincia de onte, 12 de setembro de 2013, aparece publicada a Convocatoria de axudas ás familias para a escolarización de menores do concello no Concello de Sada para o curso 2013-2014. O prazo de solicitudes é de 15 días hábiles contados a partir da data de publicación.

Póde consultar e descargar a normativa clicando neste enlace: Convocatoria

Comedor escolar: Formulario de autodeclaración

Segundo as derradeiras instrucións da Secretaría Xeral recibidas o 12 de setembro ás 14,15 horas por correo electrónico, as familias, á hora de cubrir as autodeclaracións de comedor deberán consignar obrigatoriamente no apartado A, a continuación de onde pon RENDA NETA IRPF 2012, a cantidade resultante das casiñas sinaladas nese punto. No apartado B deberán figurar todos os membros da unidade familiar cos datos que se solicitan. No apartado C, a continuación de onde pon RENDA NETA PER CÁPITA FAMILIAR = X/Y a renda neta per cápita dividindo o importe indicado no apartado A entre os membros indicados no apartado B. No apartado D deberase marcar a casiña que corresponda con respecto a dito resultado (0 euros, 1 euro, 2,50 euros ou 4,50 euros).

Ao final da declaración deberán asinar ambos os dous cónxuxes e os fillos maiores de idade.

Para axudar a realizar o cálculo do importe do prezo a pagar, a Consellería ven de colgar unha calculadora específica na seguinte dirección: https://www.edu.xunta.es/comedores/calculadora.jsp 

Distribuir contido