Axudas, convocatorias

Circular fin de curso

Libros de texto.Segundo se informou do programa de axudas da Consellería de Educación para a adquisición de libros para 1º, 2º, 4º e 6º de educación primaria, as solicitudes de axuda pódense presentar ata o 2 de xullo de 2015 na secretaría en horario de atención ao público.

Os vales das axudas para a adquisición dos libros, daquelas solicitudes recibidas ata do 26 de xuño, entregaranse ás familias o día 29 de 9 a 10 horas. Ás familias que presenten as solicitudes con posterioridade informaráselles no momento da entrega da solicitude a data de entrega dos vales.

Banco de libros de texto da ANPA.Infórmase que aquelas familias que recibiron libros de texto do banco de libros da ANPA que deberán proceder a devolvelos os días 17 e 18 de xuño. Os libros deixaranse nas aulas onde están escolarizados.

Venres 19: Despedida dos alumnos de 6º curso de primaria na Casa da Cultura. Temos programado un acto de despedida dos alumnos que rematan a educación primaria. Será o venres 19 de xuño na Casa da Cultura a partir das 12,30 horas. O acto será público e ao mesmo invítase ás familias do centro.

As clases rematarán venres día 19. Para as festas de despedida nas aulas pídese a colaboración das familias aportando unha pequena cantidade de comida. Para estas festas a Asociación de nais e pais As Mariñas aportará as bebidas. O horario do centro ese día será o habitual, de 9 a 14 horas.

Entrega dos boletíns informativos. O venres 19, entregaranse os boletíns informativos ás familias.

Servizo de comedor escolar. O prazo de solicitude de praza no comedor escolar para o vindeiro curso remata o mércores 17 de xuño. O listado de admitidos no servizo de comedor escolar estará exposto no taboleiro de anuncios e na web do centro a partir do 30 de xuño.

Lémbrase ás familias que teñan que pagar o servizo de comedor que se repartiran os recibos do mes de xuño o xoves 25 de xuño de 10 a 11 horas e que deben achegar ao centro xustificante de pago do recibo ata do 30 de xuño.

Inicio do curso 2015-2016. Está previsto que o inicio das clases sexa o día 10 de setembro de 2015.

 

Axudas para libros de texto 2015-2016

Infórmase ás familias dos alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria que recibiron vales de axuda para a adquisición de libros de texto no curso 2014 - 2015 deben devolver os libros os días 17 e 18 de xuño. 

O proceso de axudas de libros de texto para o vindeiro curso 2015-2016 levarase a cabo mediante dous procedementos:

-Alumnado de 3º e 5º de educación primaria. Estará regulado pola Orde de 21 de maio de 2015 (DOG de 1 de xuño). Convócase unha reunión das familias dos alumnos que vaian cursar 3º e 5º de primaria o vindeiro martes 9 de xuño ás 16 horas coa dirección do centro para explicar a situación nestes cursos.  

-Axudas para adquisición de libros de texto para o alumnado de 1º, 2º, 4º e 6º de educación primaria e 1º e 3º de educación secundaria . Estará regulado pola Orde de 22 de maio de 2015 (DOG de 1 de xuño). O prazo para a presentación de solicitudes remata o 2 de xullo de 2015. Presentarase no centro educativo unha solicitude por alumno/a xunto coa documentación xustificativa da situación familiar que contempla a Orde de convocatoria. Rendas familiares e contía das axudas:

No caso do alumnado de educación primaria é condición ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000€. Contía da axuda:

Familias monoparentais:

 -Renda per cápita familiar ata 6.000 €: 170 €.

 -Renda per cápita familiar desde 6.000,01 ata 9.000 €: 90 €.

 Resto das familias:

 -Renda per cápita familiar ata 5.400 €: 170 €.

 -Renda per cápita familiar desde 5.400,01 ata 9.000 €: 90 €.

 Enténdese por renda per cápita familiar, a renda familiar dividida entre o número de membros da unidade familiar computables. Terase en conta a situación persoal e familiar en 31 de decembro de 2013 e o exercicio fiscal 2013. A renda familiar obterase por agregación das rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza. Os membros da unidade familiar que presentasen declaración do imposto sobre a renda, para os efectos do cálculo da renda familiar, sumarán os recadros 366 (base impoñible xeral) e a 374 (base impoñible do aforro) da declaración.

 Información e impresos de solicitude

As Ordes pódense consultar no taboleiro da entrada e na páxina web do centro e as solicitudes serán facilitadas na conserxería do centro.

Toda a información e a posibilidade da descarga de impresos de solicitude está dispoñible na páxina web da Consellería. Póde consultala desde o seguinte enlace:

Axudas libros de texto 

 

SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2015-2016

O servizo de comedor para o curso 2015-2016 ofértase nas instalacións do IES Mosteirón e o desprazamento realizarase en transporte financiado polo Concello de Sada. O número de prazas dispoñibles é de 43. Se houbera máis solicitantes que prazas, os que non a obteñan quedarán en lista de espera.

 O prazo para a presentación de solicitudes será do 8 ao 17 de xuño ámbolos dous inclusive, en horario de secretaría do centro, así como a documentación acreditativa nos casos que sexa preciso. Así mesmo aquelas  persoas que desexen colaborar como persoal coidador do alumnado que utiliza o servizo de comedor poden presentar a súa solicitude no mesmo prazo do 8 a 17 de xuño. As instancias de solicitude pódense recoller no centro a ou descargalas da web, así como o impreso de autodeclaración.

A contía a pagar por este servizo, ou a súa gratuidade, determínase no impreso de autodeclaración que as familias deberán achegar ao centro, debidamente cuberto, antes do 10 de setembro de 2015.

BENEFICIARIOS E COLABORADORES DO SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR

Publicarase no taboleiro de anuncios e na web do centro, unha lista provisional de admitidos para o servizo de comedor entre as solicitudes recibidas.

 SELECCIÓN E ADMISIÓN DE USUARIOS DO SERVIZO DE COMEDOR

Terán dereito ao servizo de comedor o alumnado escolarizado no centro que lle corresponda por pertencer a área de influencia do centro ou por escolarización forzosa no mesmo. Este requisito deberán acreditalo todos os solicitantes aportando o volante de empadronamento.

No taboleiro de anuncios e na web do centro exporase a listaxe provisoria de admitidos e de suplentes antes do 1 de xullo, respectando estritamente a seguinte orde de preferencia:

-Alumnado usuario do servizo de comedor no curso escolar anterior.

-Alumnado en situación socioeconómica desfavorable ou que teña unha discapacidade igual ou superior ao 33%, acreditado con informe da asistenta social do concello que corresponda.

-Alumnado membro de familias numerosas.

-Alumnado, fillos de pais e nais traballadores con incompatibilidade demostrada dos seus horarios laborais co horario de saída do seu fillo/a ao mediodía.

-Outro alumnado do centro.

Impreso solicitude praza comedor escolar

Impreso de Autodeclaración e instrucións para cumplimentar o impreso

Calculadora para simular os prezos de comedor

Impreso solicitude colaborado/a comedor

ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

O Consello Escolar é o máximo órgano de xestión do Centro. Del forman parte representantes dos distintos sectores da comunidade educativa, participando conxuntamente na toma de decisións. Pola importancia que ten o Consello Escolar na vida do Centro anímase a todos a participar neste proceso electoral.

Durante o mes de novembro do presente curso procederase á renovación de 3 representantes  das nais e pais e 2 dos profesores no Consello Escolar do centro e o representante do persoal de administración e servizos. A Xunta Electoral reunida o 4 de novembro, acordou establecer o seguinte calendario electoral:

DO 6 AO 14 DE NOVEMBRO (ámbolos dous inclusive)

-Exposición dos censos electorais de nais e pais, profesores, persoal non docente e período de reclamacións aos mesmos. Os censos estarán expostos no taboleiro de anuncios da entrada do centro e da sala de profesores respectivamente.

-Prazo de presentación de candidaturas ao Consello Escolar. O prazo remata o día 14 ás 14 horas.

Son electores e elixibles todos os membros da comunidade escolar. Para a presentación da candidatura e reclamacións ao censo farase un escrito dirixido ao director do centro. Quen o desexe ten modelos á súa disposición na conserxería ou pode descargalos da web do centro.

Impreso para presentación de candidatura

Impreso para reclamación ao censo

18 DE NOVEMBRO

-Reunión da Xunta Electoral na que se procederá a admisión das candidaturas, aprobación definitiva de censos electorais, aprobación de modelos de papeletas, sobres,...

-Publicación de candidaturas.

-Publicación definitiva do censo electoral.

-Sorteo público, ás 16,30 horas na entrada do Albergue, para a designación dos integrantes mesa electoral para a votación das nais e pais

25 DE NOVEMBRO

-Votacións. A votación de nais e pais terá lugar no Albergue de 16,30 a 18,30 horas.

Sada a 5 de novembro de 2014.

Listados definitivos transporte

Mañá martes 23 de setembro iniciase o servizo de transporte. Os horarios previstos do servizo de autobuses é o seguinte:

Pola mañá:

Autobús nº 1: Saída 8,35 de Fontán e 8,40 diante Hotel.

Autobús nº 2 (desdobre): Saída 8,45 diante Hotel.

Autobús nº 3: Saída 8,40 de Fontán e 8,45 diante Hotel.

Ao mediodía:

Autobús nº 2: Sae 14:00 do colexio ao Hotel.

Autobús nº 1(desdobre) : Saída 14:10 do colexio ao Hotel e a Fontán.

Autobús nº 3: Saída 14:00 do colexio a Mosteirón. Chegada ao Hotel ás 15:45 ao remate do comedor.

Enlace aos listados definitivos de ususarios de transporte.

Transporte: o martes 23 de setembro iniciase do servizo. Listados provisionais.

O luns 22 de setembro, a partir das 17 horas, atenderase persoalmente ás familias no Albergue para tratar de corrixir os erros que puidera haber nos listados provisionais.

Ese mesmo día a última hora quedarán expostos os listados definitivos para empezar a funcionar o martes 23 o servizo de transporte.

Circular informativa

Listados provisionais transporte

Transporte escolar: Acordos do Consello Escolar

O Consello Escolar do Centro reunido en sesión extraordinaria o 9 de setembro de 2014 acordou:

1. Esixir á Consellería de Educación e ao Concello de Sada que cumpra o compromiso de facilitar servizo de transporte escolar a todas as familias que o solicitaron no mes de xuño, entendendo que se ten dereito ao mesmo en base ás circunstancias extraordinarias polo traslado forzoso de instalacións. Hai catro anos por unhas circunstancias similares contouse con servizo de transporte.

2. Acordouse que o único autobús que pon o Concello de Sada, con parada en Fontán, sexa utilizado polos alumnos que solicitaron esa parada no mes de xuño e que figuran nos listados dos autobuses 1 e 3. As restantes prazas serán adxudicadas polo Consello Escolar tomando como criterio a distancia desde o domicilio familiar ao Albergue. A Resolución publicarase a principios da próxima semana na web do colexio e nos taboleiros de anuncios do Albergue e do centro.

Distribuir contido