Axudas, convocatorias

CONVOCATORIA DE AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN DO CONCELLO DE SADA

Está publicada na web do Concello de Sada a convocatoria de axudas económicas, desde a concellería de Educación, Xuventude e Saúde, ás familias para atender aos gastos orixinados polo comezo do curso escolar do alumnado, entendendo por tales a adquisición de libros, material didáctico complementario, vestiario e outros gastos directamente relacionados.

As bases atópanse no taboleiro de anuncios da entrada do centro e na web do Concello de Sada:

Bases da convocatoria. 

ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

O Consello Escolar é o máximo órgano de participación do Centro. Del forman parte representantes dos distintos sectores da comunidade educativa. Pola importancia que ten o Consello Escolar na vida do Centro anímase a todos a participar neste proceso electoral.

Durante o mes de novembro do presente curso procederase á renovación de 2 representantes  das nais e pais (un deles corresponde propoñelo á Asociación de nais e pais) e 3 do profesorado no Consello Escolar do centro.

A Xunta Electoral reunida o 2 de novembro, acordou establecer o seguinte calendario electoral:

DO 4 AO 11 DE NOVEMBRO (ámbolos dous inclusive)

-Exposición dos censos electorais de nais e pais e do profesorado. Durante este período poderanse presentar reclamacións aos mesmos. Os censos estarán expostos no taboleiro de anuncios da entrada do centro e na sala de profesores respectivamente.

-Prazo de presentación de candidaturas ao Consello Escolar. O prazo remata o día 11 ás 14 horas.

Son electores e elixibles todos os membros da comunidade escolar. Para a presentación da candidatura e reclamacións ao censo farase un escrito dirixido ao director do centro. Quen o desexe ten modelos á súa disposición na conserxería ou pode descargalos da web do centro.

Impreso de presentación de candidatura.

Impreso de reclamación ao censo.

14 DE NOVEMBRO

-Reunión da Xunta Electoral na que se procederá a admisión das candidaturas, aprobación definitiva de censos electorais, aprobación de modelos de papeletas e sobres.

-Publicación de candidaturas.

-Publicación definitiva do censo electoral.

-Sorteo público, ás 12,00 horas na entrada do centro (Aula 1.4) para a designación dos integrantes mesa electoral para a votación das nais e pais

23 DE NOVEMBRO

-Votacións. A votación de nais e pais terá lugar no centro de 8,45 a 10,00 horas.

 Sada a 3 de novembro de 2016.

Resolución definitiva Fondolibros e Banco de Libros da ANPA

Xa se pode consultar a Resolución definitiva de Fondolibros:

FONDOLIBROS - LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

 

BANCO DE LIBROS DA ANPA.

Unha vez que comproben a lista de Fondolibros, cada familia poderá solicitar a ANPA os libros que necesite para os cursos de 3º a 6º de primaria, a través do seguinte formulario:

FORMULARIO DE SOLICITUDE DO BANCO DE LIBROS DA ASOCICIÓN DE NAIS E PAIS.

*Lembren que en 3º e 4º de Primaria non se utiliza libro de Lingua Galega

Os libros entregaranse ao inicio do próximo curso.

 

LISTA DE LIBROS PARA O CURSO 2016 - 2017

 

Resolución provisional de Fondolibros

Pique para visualizar a RESOLUCIÓN PROVISIONAL DE FONDOLIBROS

Prazo de reclamacións: 2 días desde a publicación da listaxe.

IMPORTANTE: Nesta Resolución provisional adxudícanse os libros existentes no centro recollidos aos alumnos que recibiron axudas en cursos anteriores. Aos alumnos e alumnas que aparecen sen libros, ou que non reciben o total que lles corresponden, procederase a adxudicarlles libros na Resolución definitiva. O número de exemplares que se adxudicarán dependerá da renda familiar.

Comedor escolar 2016-2017. Resolución definitiva de admitidos.

Resolución definitiva de admitidos ni servizo de comedor para o curso 2016-2017

Unha vez exposta a resolución provisional o 29 de xuño de 2016, e contra a que non se recibiron reclamacións, procédese a publicar esta Resolución definitiva. Os interesados poderán presentar recurso de alzada contra a presente Resolución ante a Xefatura Territorial nun prazo dun mes a partir da publicación da mesma.

Sada a 6 de xullo de 2016. 

Resolución provisional de admitidos no servizo de comedor para o curso 2016-2017.

Os interesados poderán presentar reclamacións contra a presente Resolución ante o Consello Escolar nun prazo de cinco días a partir da publicación da mesma.

Sada a 29 de xuño de 2016.

SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2016-2017

O servizo de comedor para o curso 2016-2017 ofértase nas instalacións do IES Mosteirón e o desprazamento realizarase en transporte financiado polo Concello de Sada. O número de prazas dispoñibles é de 46. Se houbera máis solicitantes que prazas, os que non a obteñan quedarán en lista de espera.

 O prazo para a presentación de solicitudes, así como a documentación acreditativa nos casos que sexa preciso, será do 2 ao 20 de xuño ámbolos dous inclusive, en horario de secretaría do centro. Así mesmo aquelas  persoas que desexen colaborar como persoal coidador do alumnado que utiliza o servizo de comedor poden presentar a súa solicitude no mesmo prazo do 2 a 20 de xuño. As instancias de solicitude pódense recoller no centro a ou descargalas da web, así como o impreso de autodeclaración.

A contía a pagar por este servizo, ou a súa gratuidade, determínase no impreso de autodeclaración que as familias deberán achegar ao centro, debidamente cuberto, antes do 12 de setembro de 2016.

Publicarase no taboleiro de anuncios e na web do centro, antes do 1 de xullo, as listas provisional e definitiva de admitidos  para o servizo de comedor entre as solicitudes recibidas.

 SELECCIÓN E ADMISIÓN DE USUARIOS DO SERVIZO DE COMEDOR

Terán dereito ao servizo de comedor o alumnado escolarizado no centro que lle corresponda por pertencer a área de influencia do centro ou por escolarización forzosa no mesmo. Este requisito deberán acreditalo todos os solicitantes aportando o certificado de empadroamento. O Consello Escolar do centro procederá a admisión no servizo de comedor respectando estritamente a seguinte orde de preferencia:

-Alumnado usuario do servizo de comedor no curso escolar anterior.

-Alumnado en situación socioeconómica desfavorable ou que teña unha discapacidade igual ou superior ao 33%, acreditado con informe da asistenta social do concello que corresponda.

-Alumnado membro de familias numerosas.

-Alumnado, fillos de pais e nais traballadores con incompatibilidade demostrada dos seus horarios laborais co horario de saída do seu fillo/a ao mediodía.

-Outro alumnado do centro.

 

Impreso solicitude praza comedor escolar

Impreso de Autodeclaración e instrucións para cumplimentar o impreso

Impreso solicitude colaborado/a comedor

Axudas para adquisición de libros de texto, material escolar, Fondo solidario e Banco de libros da ANPA.

No DOG do 16 de maio de 2016 publícase a Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/2017. Nesta convocatoria unifícanse as axudas que anteriormente se tramitaban en convocatorias separadas.

No curso 2016/2017 o Fondo solidario de libros de texto estará accesible para o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de primaria. En 1º e 2º de educación primaria haberá as axudas para a adquisición de libros de texto. No caso do material escolar, convócanse axudas para a súa compra destinadas ao alumnado matriculado na educación primaria.

Os requisitos e termos da convocatoria poden consultarse no taboleiro de anuncios da entrada do colexio, na web do centro e no portal da Consellería: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/18988  

Só será preciso presentar unha única solicitude, incluíndo nela a todos/as os/as fillos/as que estean escolarizados no centro. O prazo para a presentación das solicitudes comeza o día 18 de maio e remata o 23 de xuño de 2016, inclusive.

No caso das axudas para a adquisición de libros de texto, os tramos de renda e as súas correspondentes axudas son as seguintes para Educación Primaria:

-Renda per cápita familiar ata 5.400,00 euros: 170 euros

-Renda per cápita familiar desde 5.400,01 ata 9.000,00 euros: 90 euros

No caso das axudas para a compra de material escolar destinado a alumnado matriculado en educación primaria, o umbral é a renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros, e a contía da axuda será de 50 euros.

Fondo público solidario. Será requisito fundamental para acceder ao fondo solidario, ou recibir as axudas para libros ou material escolar ter devolto os libros, ben utilizados do mesmo fondo o ano pasado, ben adquiridos con cargo á convocatoria de axudas para a compra de libros de texto.

A asignación de libros de texto correspondente aos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria e farase por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar.  De non alcanzar os libros dispoñibles no fondo solidario para dar cobertura aos solicitantes en función da renda sinalada no caso das axudas para adquisición, o centro adquirirá os libros complementarios necesarios.

Banco de libros da Asociación de Nais e Pais. Para o alumnado que vaia cursar 3º e 5º de primaria o vindeiro curso, a ANPA convocará en breve unha reunión para informar ás familias como poder participar e recibir libros do banco de libros.

Orde de convocatoria.

Anexo I solicitude.

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR PARA ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 Publicada no Diario Oficial de Galicia a ORDE do 6 de novembro de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16 mediante a que se aproba unha segunda convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinada ao alumnado que non puidese acollerse ás axudas reguladas pola Orde do 25 de agosto de 2015, e a aquel que, tendo solicitada a axuda, resultase excluído por unha causa emendable. 

O requisito é ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros. Non poderá solicitar novamente esta axuda o alumnado que se acollese ás axudas para a adquisición de material escolar reguladas pola Orde do 25 de agosto de 2015 e reunise os requisitos establecidos nela, por ser válida a anterior solicitude. A Orde convocatoria atópase no taboleiro de anuncios do centro e facilítanse impresos de solicitude na conserxería. O prazo de presentación das solicitudes remata o 21 de novembro de 2015.

Orde de convocatoria
Solicitude Anexo I

Axudas para adquisición de material escolar

A información e instancia de solicitude (Anexo I) pódense consultar e descargar na web da Consellería picando aquí.

Unha copia da Orde atópase exposta no taboleiro de anuncios do centro e na conserxería facilitase a solicitude en papel.

Distribuir contido