Skip to Content

Autorizacións de uso de transporte escolar 2020/2021

Adxúntase o formulario para solicitar o uso dunha praza de autobús polo alumnado que non cumpre os requisitos de usuario lexítimo, é dicir, ter domicilio de residencia ou laboral a máis de 2 km e dentro da zona de influencia do centro: parroquias de Cea e Rubiáns.

A parroquia de Cea remata á altura do número 46 de Avda. das Carolinas. Ante calquera dúbida poden poñerse en contacto co centro.

Deberase entregar a solicitude antes do 10 de xullo, sempre baixo cita previa.

 

Observacións: A instrución 1/2020 remitida dende a Consellería fixan as condicións de organización e funcionamento de uso do comedor no curso 2020-21.

Porén a situación produxida pola pandeia do COVID-19 pode supoñer a imposición de medidas de protección e seguridade impulsadas pola administración sanitaria que determinen a aprobación pola Consellería dun protocolo específico de protección e seguridade na apertura xeral dos centros de ensino no curso 2020-21, polo que poderían ser reiterpretados ou modificados diferentes aspectos da instrución.

Feliz verán!

Este era un ano de cine! Comezamos na alfombra vermella, e quen sabe como acabariamos!

Áinda que temos o listón moi alto, xa sabedes que a cabeciña non para é a nosa imaxinación non ten límite! 

Así, emulando a Braveheart queremos dicirlle ao Coronavirus: "pode que nos quites o festival, a excursión, a canción do verán... pero nunca nos quitarás a ilusión, o cariño, as ganas de facer cousas e de poñer un sorriso nas caras do noso alumnado"

Con este vídeo queremos despedirnos e desexarvos un verán estupendo. Gozade das cousas pequenas, da familia, do aire libre.... cargade as pilas e vémonos en setembro!

Despedida de 6º

Se alguén saíu prexudicado da situación que vivimos este curso é a promoción de 6º.

O alumnado non puido gozar de todas as actividades que poñen o broche de ouro ao seu paso polo cole:

- A excursión de fin de etapa, na que tan ben o pasan.

- O telexornal, do que son os principais protagonistas.

- O festival, no que son os presentadores/as.

Non podiamos deixar que marcharan sen máis. Así que, polo menos, gravaron este vídeo para lembrar a súa estadía no cole e despedirse de todos nós.

Desexamos que vos vaia moi ben no instituto e sabedes que as portas do "voso cole" están sempre abertas para que veñades a visitarnos,

Proposta educación física

Se estiveramos no cole, hoxe celebrariamos "a festa do deporte" pero este ano non vai poder ser. Así que faremos un pouco de deporte igualmente seguindo estas propostas, atrevedesvos??

 

Proposta culinaria

 

 

E sen decatarnos...xa estamos na derradeira semana do curso.

Temos preparadas unhas propostas lúdicas, a de hoxe..... comestible!

O confinamento trouxo moitas más ás cociñas das nosas casas, máis larpeiradas caseiras e moito agarimo nas nosas creacións. Algúns comezaron con receita na man pero terminaron innovando.

Gustaríanos moitos que compartades con nós esas fotografías das vosas mans na cociña, doces ou salgadas, saudables e algunhas non tanto, pero que axudaron moito a levar mellor esta situación.

Podedes enviarlle as fotos á teacher (teacherrubians@gmail.com)

 

 

Día da bici 2020

Distribuir contido


by Dr. Radut