Skip to Content

Isabel Zendal

Actividades da promoción do 2019

Visita ao Pazo de Rubianes (6º inf e 2º Prim)

Esta semana visitaremos por grupos o Pazo de Rubianes

Tiñamos moitas ganas de realizar esta visita para coñecer o histórico Pazo e os seus marabillosos xardíns que se atopa na nosa parroquía. 

O primeiro grupo en poder gozar desta excursión foron o alumnado de 5 anos e o de 2º de primaria.

Os xardíns estaban preciosos, gustóunos moito a visita. Graciñas Pazo de Rubianes!!

A Ruta das Esculturas: Infantil

Os venres do mes de maio van a estar cargadiños de aventuras.

Por grupos imos realizar "A ruta das Esculturas".

Dentro do proxecto Sabela Artista, estivemos investigando as esculturas que había en Vilagarcía. Descubrimos que había moitas máis das que pensabamos!.

Agora tocaba ir visitalas, é que mellor que viaxar en tren? Así que Sabela e os pequenos do cole, cargadiños de ilusión emprendemos a viaxe.

Contamos ademais cuns guías de luxo. Aitor e Antón de 6º foron falando das diferentes esculturas, dos seus autores e dos seus significados. Canto aprendemos!

Vimos Man con man, a Porta da luz salgada, os leóns do Concello", o busto de Rosalía, as ameixas de Carril, fixemos unha paradiña no parque de Miguel Hernández, pois alí hai varias esculturas que destacar, achegámonos ao porto de pasaxeiros e dende alí avistamos a cruz de Lobeira. Logo tivemos a sorte de poder entrar no porto comercial, grazas a Autoridade Portuaria para ver de preto a Rosa do mar unha escultura impresionante que estamos afeitos a vela sempre dende moi lonxe. Depois seguimos a Vilaxoan e voltamos ao cole pasando antes polo centro da Vila.

Que ben o pasamos! Non tiñamos ganas de volver, se non fora porque xa tiñamos fame quedariamos todo o día no tren!!

PAZ en Ucraína

Na clase de 5 anos estivemos falando sobre Ucraína, pois estamos moi preocupad@s co que sae sobre a guerra na TV.

Aprendemos onde estaba Ucraína e que cidades importantes ten, como era o país antes da guerra e moitas cousas máis.

Reflexionamos sobre o que está a pasar e fixemos este mural tan chulo para pedir a PAZ.

Decora con flores!

As familias do noso cole seguen traballando e coidando o medio ambiente.

Aquí tedes outro traballiño de Sara e David Martínez.

Que bonita vos quedou familia!

BOLBORETA

Ola amigos e amigas!

Como vedes, os nenos e nenas de 3 anos seguen traballando dende a casa.

Mara enviounos esta fermosa bolboreta de primavera feita cun rolo de papel hixiénico, brillantes e cartulina.

Verdade que quedou fermosa?

Xa sabedes, enviade as vosas creacións á mestra! E expoñerémolas nesta web.

 

Vai a bolboreta

dunha flor pra outra,

brinca que te brinca,

voa que te voa...

A bolboretiña 

parece unha tola.

 

Voa bolboreta,

bolboreta voa,

voa bolboreta

dunha flor pra outra.

Voa bolboreta,

bolboreta tola.

 

Poema "BOLBORETA TOLA" de Mª Magdalena Domínguez.

Distribuir contido


by Dr. Radut