Skip to Content

Complementarias

Obradoiros do SPAD

O alumnado de 5° e 6° tivo a oportunidade de aprender un pouco máis sobre os coidados que debemos ter para coidar a súa saúde con dous obradoiros, un sobre a publicidade -para o alumnado máis maior do cole- e outro sobre as adiccións -para o alumando de 5º.


Será algún dos comics realizados merecedor de ser publicado no xornal? Saberémolo moi pronto.

 

 

Entevistamos aos maiores do Centro de Día Vilagarcía

Hoxe recibimos unha nova visita dos maiores do Centro de día Vilagarcía e nesta quenda foi o alumnado de 5° o que tiña preparada unha actividade.
Durante máis dunha hora estiveron entrevistandoos para saber un pouco do seu día a día e de como era a vida antes. Poderedes ler esta entrevista no xornal que entregaremos a final de curso. Como agradecemento entregáronlles uns imáns de recordo.
Despois, eles amosáronos o baile que están preparando para a celebración do aniversario do centro, que realizarán o venres 12.

Día da Paz 2024

De couleurs vives, da cantante francesa Zaz, foi a canción escollida este ano para celebrar o Día da Paz. Bailamos xuntos, unidos por lazos das cores dos aros olímpicos que representan a unión de todos os países dos 5 continentes.

Ademais, como un grupo de alumnos coñecera á keniata Nobel da Paz Wangari Maathai, presentáronlla ao resto de compañeiros e compañeiras de primaria.

 

 

Nova visita dos usuarios do centro de día

Hoxe tivemos unha nova visita dos usuarios do Centro de día Vilagarcía. Nesta ocasión o alumnado de 6° de Primaria representou a obra teatral "Pedro e o lobo" e o alumnado de 6° de Infantil cantou a canción dos meses do ano para eles. Gustoulles moito, así que xa estamos s argallar que facer o vindeiro mes.

1, 2, 3... Eureka!

Hoxe o alumnado de Infantil, 1º e 2º tivo a oportunidade de acudir ao Auditorio Municipal para gozar da representación da obra teatral 1, 2, 3... Eureka!, da man de Colorín e Colorada.

Nesta ocasión tres animais que viven no campo e aman a música non son comprendidos e deciden marchar á cidade para vivir a música. Eles buscan conseguir o seu soño, que ninguén lles corte as ás!

Día da Poesía 2023

O pasado martes, 21 de marzo, celebrouse o Día da Poesía. Para conmemoralo, o grupo de Expresión Corporal, composto por alumnas e alumnos de 4o, 5o e 6o de Primaria, realizou unha interpretación dun poema musicalizado a través do movemento e a expresión corporal.

O poema elexido foi Estados de Ánimo, de Mario Benedetti, un escritor uruguaio, periodista, poeta e dramaturgo. Poñen voz ao mesmo, nenos e nenas de 3° de Primaria.

Así ben, realizouse con música interpretada polo violonchelista de orixe croata Stjepan Hauser, versionando Now we are free, canción composta por Lisa Gerrard, Hans Zimmer e Klaus Badelt.

Agardamos que vos guste.

Estados de ánimo

Unas veces me siento

como pobre colina

y otras como montaña

de cumbres repetidas.

Unas veces me siento

como un acantilado

y en otras como un cielo

azul pero lejano.

A veces uno es

manantial entre rocas

y otras veces un árbol

con las últimas hojas.

Pero hoy me siento apenas

como laguna insomnecon un embarcadero

ya sin embarcaciones

una laguna verde

inmóvil y paciente

conforme con sus algas

sus musgos y sus peces,

sereno en mi confianza

confiando en que una tarde

te acerques y te mires,

te mires al mirarme.

Mario Benedetti,

 

“Canciones de amor y desamor”, Poemas de otros (1973-74)

Día da Paz

Hoxe 30 de xaneiro conmemoramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, xuntándonos para cantar e bailar dúas cancións. 

Primeiro bailamos A Carrasquiña e despois cantamos a nosa canción do curso pasado "Berra, Berra non á Guerra" 

Deixámosvos aquí tamén o videoclip da canción por se queredes velo. 

Distribuir contido


by Dr. Radut