Skip to Content

Silvia Earle

Actividades da promoción 2015

Excursión fin de etapa 2024

O alumnado de 6° leva un gran recordo e moitas experiencias vividas para finalizar o seu paso polo cole. Regresando xa da súa excursión de fin de etapa na que houbo cultura, ocio e ata un dobre aniversario.
Visitaron Madrid, Toledo e Aranjuez. E, por suposto, non faltou o Museo do Prado, o Zoo Aquarium, o Museo de cera, o Bernabeu, O Rei León e o Parque Warner. Unha experiencia inesquecible!

Coñecendo a Policía Nacional

O alumnado de 6° tivo a sorte de poder coñecer de preto a Policía Nacional grazas á Xornada contraa violencia no deporte que organizou na Praza da Peixeiría.
Montar na súa moto, protexerse co seu escudo, deixar as súas pegadas... e recibir un premio do concurso de debuxo, foron algunhas das actividades que puideron gozar.
Foi unha xornada ben interesante!

Material Escolar 23-24

 

    Adxuntamos a listaxe do material para o curso 2023-24

Excursión de Fin de Curso

Hoxe o cole quedou baleiro!

Marchamos de excursión! Aínda que debido á previsión metereolóxica non puidemos facer a xornada de convivencia como nos gustaría, tivemos dúas actividades moi divertidas.

Mentres que o alumnado de infantil visitaba o Parque de Bombeiros do Salnés o alumnado de primaria realizaba a Ruta da Pedra e da Auga.

Os pequenos/as pasárono xenial probando o equipamento dos bombeiros, subindo aos coches e ata utilizando as mangueiras!!

Os maiores aprenderon sobre a orixe do Mosteiro de Armenteira e realizaron unha busca de pistas moi entretida. Despois conectaron coa Natureza camiñando pola Ruta da Pedra e Da Auga. Que marabilla!

Debido á choiva non puidemos comer todos xuntos na Aldea Labrega como tiñamos pensado pero aínda así foi un día moi divertido.

 

Videoconferencia co CEGAC

A arte contemporánea colouse no colexio a través do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). A través dunha videoconferencia puidemos observar obras de arte que non o parecen e un museo que ten de todo, non só pinturas.

Fixemos o noso retrato da maneira tradicional e logo a partires de garabatos. Que interesante!

Despois tamén debuxamos con diferentes cores ao ritmo da música. Unha actividade ben interesante que nos fai reflexionar sobre a influencia da música no noso estado de ánimo e de como este se reflicte nas obras.

Dende o museo propóñennos facer Land Art, que consiste en crear unha obra na natureza ou nunha paisaxe urbana empregando elementos naturais: area, paus, pedras... Animádesvos? 

Distribuir contido


by Dr. Radut