Skip to Content

Novas

Listaxe definitiva de préstamo de libros de texto

 

Estimadas familias:

 Xa está publicada a listaxe definitiva de libros de préstamo. Poderán consultala por correo electrónico ata o 15 de xullo ou por vía telefónica no seguinte horario:
- Xoves 8 e venres 9: de 10h a 12h.
- Mércores 14: de 10h a 13h.
 
 

Listaxe provisional de préstamo de libros de texto

Xa está publicada a listaxe provisional de libros de préstamo, poderán consultala no centro (presencial ou telefonicamente).

Ábrese un prazo de 5 días para reclamacións en horario de 10:00 a 13:00h.

Autorización de uso de transporte 21-22

Adxúntase o formulario para solicitar o uso dunha praza de autobús polo alumnado que non cumpre os requisitos de usuario lexítimo, é dicir, ter domicilio de residencia ou laboral a máis de 2 km e dentro da zona de influencia do centro: parroquias de Cea e Rubiáns.

A parroquia de Cea remata á altura do número 46 de Avda. das Carolinas. Ante calquera dúbida poden poñerse en contacto co centro.

O prazo para entregar a documentacion remata o 7 de Xullo. Horario de 10:00 a 13:00h 

Autoliquidación comedor 2021-22

As familias do alumnado usuario do servizo de comedor no curso 2021-22 deberá entregar o formulario de autoliquidación cuberto antes do 8 de setembro. 

O prazo de entrega da documentación no mes de xullo rematará o mércores 7. Horario de atención de 10:00 a 13:00h 

Aqueles usuarios que non teñan formalizada a documentación no prazo indicado non poderán empregar o servizo ata que estea regularizada.

No documento adxunto pódese consultar a información relativa á unidade familiar e á renta per cápita. Pódese empregar a calculadora de simulación de prezos de comedores escolares para realizar o cálculo.

Formalización de Matrícula

Para formalizar a matrícula de todo o alumnado admitido para o curso 2021/22 deberá entregarse a documentación do 20 ao 30 de xuño.

Deben solicitar cita previa por teléfono (886 15 18 53) para ser atendidos/as.

Teñen toda a información e documentación requerida no seguinte enlace: documentación a entregar.

Axudas Educación Infantil

Infórmase da convocatoria de axudas á Educación Infantil para o curso 2021/22, dependentes das concellerías de Educación e de Benestar Social.

A axuda é de 60 €.

 

Establécense dous prazos para a presentación:

          1ª convocatoria, ata o 18 de xuño.

          2ª convocatoria, do 6 ao 17 de setembro.

 

Os límites de renda obtidos no 2020 son:

Solicitude do fondo solidario de libros de texto e axuda para a adquisición material escolar.

A Consellería de Educación ven de publicar a ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/22 (código de procedemento ED330B). (DOG do 20 de Maio de 2021), que regula:

a) Fondo solidario de libros de texto: 3º, 4º, 5º e 6º  de EP e 1º, 2º, 3º e 4º da ESO.

 b) Axudas para adquirir libros de texto: 1º e 2º de EP e EE.

 c) Axudas para adquirir material escolar: EP, ESO e EE.

 d) Axudas para adquirir material escolar: Cursos de E-DIXGAL

 

Presentarase unha única solicitude para todos os fillos que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2021/22.

Horario de atención ás familias (Admisión alumnado 2021-2022)

HORARIO DE ATENCIÓN ÁS FAMILIAS

O horario de presentación de solicitudes no centro será o seguinte, sempre con CITA PREVIA:

LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
9:00-9:15 9:00-9:15  9:00-9:15  9:00-9:15 9:00-9:15
   11:30-12:00 11:30-12:00 11:30-12:00 11:30-12:00
         
 16:00-16:30 16:00-17:00  16:00-16:30 16:00-16:30 16:00-16:30

* O horario de atención telefónica para dar información será de luns a venres pola mañá e o martes pola tarde.

Admisión de alumnado curso 2021-2022

Orde do 25 de xaneiro de 2017 e  Orde do 12 de marzo de 2013

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: do 1 ao 22 de marzo.

· Cada solicitante presentará unha única solicitude no centro no que solicita praza en primeiro lugar, podendo poñer ata 6 centros por orde de preferencia, sendo nulas todas as solicitudes que se presenten en dous ou máis centros.

· As solicitudes de admisión, presentaranse mediante o modelo: anexo II ED550B a través da aplicación «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado).

Distribuir contido


by Dr. Radut