Skip to Content

Viaxamos ao espazo

Esta semana tivemos a sorte de navegar polo Universo da man de ruta Quetzal. Dentro da nosa cúpula/nave puidemos ver o sistema solar e achegarnos ata o Sol, tanto que parecía que nos ía caer enriba. Que grande era!

Ao longo da nosa viaxe vimos os planetas nas súas órbitas, a Vía Láctea, as constelacións e a Lúa, incluída a cara oculta! Aprendemos tamén moito sobre a historia da Astronomía.

 

Día da Ilustración

Dende o 2014 cada 30 de xaneiro celébrase en Galicia o Día da Ilustración, coincidindo coa data do nacemento de Castelao.

Este ano, coñecemos a tres mulleres galegas que, ademais de ilustradoras fan uns marabillosos murais, igual que Haring fixo con Tuttomondo.

As artistas que coñecemos son Eva Casais, Lara Torres e Lidia Cao. A que fan cousas preciosas?

 

Día da Paz

Non debería ser preciso celebrar o Día da Paz, pero mentres haxa inxustizas no mundo cómpre adicarlle este día para que reflexionemos no que podemos facer cada un de nós para facer deste un mundo mellor.

Este ano achegámonos a este día dende a arte. Un mural realizado por todo o alumnado e inspirado na obra de Keith Haring preside a entrada do colexio. Dentro, móbiles cos símbolos da paz, interpretacións de Haring, ou o mesmo Guernica, completan unha xornada na que falamos da importancia de facer sentir ben aos demais, o Apartheid, o rexeitamento aos demais...

 

Premios!

Xa sabedes que nos encanta facer cousas. Para "motivar" a participación nalgunha das actividades dotámolas con grandes premios ;-)

Hoxe foi o día de entregar os premios a quen máis froita come, aos gañadores e gañadoras do concurso de postais organizado pola ANPA e aos participantes no certame de reciclaxe en familia.

Esperamos que vos gustaran os agasallos!

 

Visita do pintor José Luis Vázquez Meijide

O venres o pintor vilagarcián José Luis Vázquez Meijide, MEI, visitou o noso centro para darlle a coñecer ao alumnado de 4º, 5º e 6º a súa obra e o camiño que tivo que percorrer ata atopar o seu propio estilo.

Explicoulles o importante que é non renderse e facer o que che gusta aínda que non saibas facelo ben, pois el malia non saber debuxar chegou a ter as súas propias exposicións individuais e expoñer  a súa obra en lugares tan importantes coma a Sala Gaudí en Madrid, Estocolmo ou Alemaña.

Foi un gran descubremento e unha charla moi amena.

Á volta do Nadal será o turno dos compañeiros de primaria.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut