Skip to Content

Ponte forte,fai deporte

E chegou o noso éxito do verán. Despois dun ano olímpico, tiñamos que rematar ao grande, con música. Así que, dentro vídeo.

 

 

Sofía Brea e Carmen Martínez dannos a coñecer a disciplina de doma clásica

No día de hoxe tamén tivemos a derradeira visita dunha deportista. Nesta ocasión a nosa exalumna Sofía Brea Tobío e campioa galega de doma e con numerosos logros no seu palmarés, pese á súa curta idade, veu acompañada do seu cabalo e a tamén exalumna Carmen Martínez Rey, monitora na Hípica Ares.
Entre as dúas explicáronnos unha morea de cousas, como que cada día comen 11kg de comida e beben 25 litros de auga. Sabiades que Sofía precisou 2 anos para compenetrarse co seu compañeiro? A amizade non segure un proceso tan rápido coma nas persoas!
Moitas grazas, Sofía e Carmen. Que gusto dá ver ao noso alumnado conseguindo os seus soños!

 

Xogos Olímpicos no Estadio Municipal de Atletismo

Hoxe rematamos o proxecto deste curso no Estadio Municipal de Atletismo de Fontecarmoa.
Tras un desfile inicial, na que ata unha mascota tivemos, todo o alumnado participou en diferentes probas distribuídas segundo as idades: carreiras de velicidade, de obstáculos, de relevos; saltos de lonxitude e altura e lanzamentos de peso, xavelina e martelo. Unha morea de novas experiencias.
Foi unha xornada deportiva fantástica, na que ademais de convivir e coñecer diferentes modalidades deportivas, aprendemos a gañar e perder, pois o importante sempre é pasalo ben e respectar aos demais.

Cal será o proxecto do vindeiro curso? Sabela xa anda cavilando nalgo...

Grazas á Consellería de Deportes e ao persoal que nos facilitou a organización.

Visita a Baiona

Un ano máis rematamos o curso cunha xornada de convivencia. Nesta ocasión visitamos a vila de Baiona, onde puidemos pasear polas súas rúas e paseos, visitar a Casa da Navegación e a réplica da Carabela Pinta. 

Finalizamos o día comendo en Chan da Lagoa. Tivemos moita sorte porque a chuvia permitiunos comer e xogar; iso si, sen quitarlle ollo ao ceo. 

Formalización de matrícula para novo alumnado para o curso 2024/2025

A partir de hoxe, martes 18 de xuño, xa estarán dispoñibles no centro os sobres coa documentación necesaria para a formalización da matrícula do novo alumnado admitido para o vindeiro curso 24 - 25.

PRAZO DE PRESENTACIÓN: do 20 ao 30 de xuño, no propio centro.

HORARIO: a partir do luns 24 de xuño, de 10 a 13 h.

Coñecemos a Vela e o Centro de Tecnificación de Vilagarcía

tivemos a oportunidade de achegarnos á vela e saber que o Centro de Tecnificación de Vilagarcía é o lugar onde todos os deportistas queren adestrar polas boas instalacións e porque alí adestran os mellores.
E para poder facelo máis interesante puidemos probar a subirnos a unha táboa de windsurf e a unha embarcación da clase optimist, a correspondente á categoría ata os 14 anos.
Moitas grazas ao Centro de Tecnificación de Vela, á Federación Galega de Vela e ao adestrador da Selección Galega Pablo Mijares, que se achegou ao cole, por colaborar connosco.

Excursión fin de etapa 2024

O alumnado de 6° leva un gran recordo e moitas experiencias vividas para finalizar o seu paso polo cole. Regresando xa da súa excursión de fin de etapa na que houbo cultura, ocio e ata un dobre aniversario.
Visitaron Madrid, Toledo e Aranjuez. E, por suposto, non faltou o Museo do Prado, o Zoo Aquarium, o Museo de cera, o Bernabeu, O Rei León e o Parque Warner. Unha experiencia inesquecible!

Teatro en inglés con Kids & Us

Neste intenso fin de curso o alumnado de Infantil, 1° e 2° puido gozar dunha obra de teatro en inglés do máis entretida e participativa da man de Kids & Us .

Moitas grazas por contar connosco un ano máis! 

Visita á casa de Rosalía de Castro

Que sorte tivo o alumnado de 3° e 4° que puido visitar a casa de Rosalía e despois achegarse a merendar no entorno da ponte colgante de Sirimbao! Que nervios cruzar a ponte...

Distribuir contido


by Dr. Radut