Skip to Content

Día do libro 2019

O mal tempo nesta ocasión non nos permitiu gozar plentamente dunha das actividades que máis nos gustan, o apadriñamento lector.

Así que xa que non podiamos saír a ler polo patio, tivemos que facelo polos corredores do colexio. Aínda así, os maiores gozamos moito lendolles aos pequenos e os pequenos coma sempre ademais de divertirse coas historias que lles contaron fixeron uns marcapáxinas con moito cariño para agasallar aos seus "padriños".

Este ano ademais tivemos unha sorpresa que nos encantou! Sabela, mascota da nosa biblioteca ten un álbum de cromos propio!! si, como os da liga! Para conseguir encher o álbum teremos que ler moitos libros da biblioteca pero a xuzgar pola afluencia que houbo esta semán, algún non vai tardar moito en facelo!



page | by Dr. Radut