E mentres os maoires marchaban a escoitar a banda de música os pequenos poñían o broche de ouro á primeira semana da froita deste curso.
Con moitas ganas e cheíños de ilusión baixaron ao comedor para preparar uha deliciosa macedonia cunhas pezas que quedaran destes días. Mazá, pera, laranxa, amorodos ou mandarinas foron os ingredientes que empregaron para elaborar a súa merenda. Que rica estaba!
Hoxe todo o alumnado de primaria gozou dunha xornada estupenda da man da Banda de Música de Vilagarcía de Arousa no Auditorio Municipal. Alí deleitáronnos coas bandas sonoras de películas ben coñecidas por todos como "Piratas do Caribe" ou "Como entrear ao meu dragón". Pero o máis esperado e tarareado foi a peza que nos reservaban para o final: a "Marcha Imperial" de Star Wars.
Hoxe celebramos o Día Internacional da Muller, coma todos os anos, cunha charla moi interesante.
Para conmemorar este día visitounos Mª Carmen Barcala, unha veciña de Rubiáns traballadora da Comunidade de Montes O Souto e tamén nunha conserveira.
Mª Carmen contounos as súas peripecias como a única muller traballando nun grupo de homes. Como estamos inmersos no proxecto O bosque de Sabela, non paramos de facerlle preguntas sobre curiosidades que temos sobre os animais, as árbores...
Graciñas, Mª Carmen por esta visita.
Pero non pensedes que esto queda aquí! Aínda nos queda unha sorpresiña para dentro duns días. Que será?
O sábado os profes tamén traballamos, pero este último non só na casa, coma sempre, senón que viñemos ao cole!
O motivo non foi outro que coñecer como funciona a nova impresora 3D que imos ter en préstamo grazas a que fomos seleccionados no I Concurso de ideas de creación 3D "Faino ti", convocado por TADEGA (Tecnoloxía e Atención á Diversidade na Educación Galega).
Coma nenos e nenas os profes do cole e outros invitados estivemos espectantes ao ver como se imprimían os obxectos (un molde e un chaveiro personalizado). Foi unha xornada moi interesante.
Grazas a TADEGA e, sobre todo, a Felo por achegarnos esta tecnoloxía innovadora e motivadora.
Este ano, non podía ser de outra maneira, e no entroido o cole encheuse de personaxes do bosque, do Bosque de Sabela.
Por alí andiveron os trasnos e fadas, os lobos, os ananiños con Brancaneves, mouchos, fragueiros, raposos, animais do máis variado, coellos, morcegos, un caracol moi simpático, unha xoaniña, Robin Hood e ata Carapuchiña e o Lobo. Ninguén faltou a celebrar o Entroido no CEIP de Rubiáns.
Este ano, ademais, cunha novidade. Saímos de paseo e fomos ata o campo da festa, onde agardaban por nós nais, pais, avós e avoas, tíos e ata os veciños que saían ao ver o guapiños que iamos. Alí cantamos as nosas propias versións das cancións máis populares. Puidose escoitar a música da Macarena, o Coche de Papá, o Waka Waka e ata a mismísima Rianxeira, entre outras.
Toda a comunidade educativa pasou unha xornada moi divertida gozando do Entroido e do bo tempo que nos acompañou.
Este ano o Día Escolar da Non Violencia e a Paz serviunos para aunar os proxectos que estamos levando a cabo no cole: o PDI "O Bosque de Sabela" e o proxecto de Voz Natura.
A actividade estrela do proxecto de Voz Natura é o viveiro de castiñeiros que estamos realizando e a súa plantación no monte. Previo a esta plantación tivemos unha charla a semana pasada a cargo de Xurxo Abuín, presidente da Comunidade de Montes, quen incidiu en como nós podemos axudar a coidar e preservar os nosos bosques.
O venres comezamos a xornada plantando no patio a faia que nos regalou a Comunidade de Montes. Os máis pequenos foron os protagonistas e gozaron moito botando o abono, a terra e regando a faia. Todos prometemos coidala moito ata que medre moi moi alta.
Despois, o alumnado de primaria acompañados por Protección Civil, fixemos unha camiñata ata o monte, onde nos agardaban para plantar os castiñeiros.
Pásamolo moi ben e aprendemos un montón de cousas sobre a plantación: que o abono de longa vaille servir de alimento á árbore durante os primeiros meses, que hai que botar terra despois porque o abono non pode estar en contacto coas raíces, como protexer ás árbores para que os coellos non poidan comer a casca.....
Despois de repoñer un pouco as forzas voltamos ao cole, onde aínda iamos realizar a derradeira actividade do día.
Este ano centramos o Día da Paz na figura de Wangari Maathai, que xa coñeciamos do ano pasado, pero neste tamén nós fomos Wangari por un día e axudamos a reforestar o monte comunal.
Escoitamos a súa historia narrada polo alumnado de quinto e sexto nun libro LIM que tedes na entrada anterior e que podedes volver a escoitar e facer as actividades.
Aínda que xa coñeciamos a Wangari polo proxecto "Mulleres importantes na Historia" do curso pasado, seguimos traballando a súa historia con motivo do Día da Paz e o proxecto actual "O Bosque de Sabela".
Os nenos e nenas de 5º e 6º púxemoslle voz en galego ao conto "Wangari e as árbores da Paz" e mañá verémolo todo o cole.
Todos os nenos e nenas de primaria tamén imos facer de Wangari e imos plantar árbores coa Comunidade de Montes de Rubiáns.