Skip to Content

Premios Proxecta

Hoxe foi un día moi especial para o alumnado do noso cole. En presenza do Conselleiro de Educación e outras personalidades da Xunta de Galicia, unha representación do centro recibiu o Premio Proxecta de Innovación Educativa pola promoción dos hábitos saudables a través de varios programas deportivos.

Estos galardóns de innovación premian as boas prácticas educativas que se están a realizar nos centros galegos. Para un centro pequeno como o noso é unha honra e un orgullo estar entre os 8 centros seleccionados.

Aproveitando que estabamos na Cidade da Cultura, visitamos a impresionante biblioteca do Gaiás!  

Enlace á noticia na web da Consellería: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/20191

 

Reunións informativas de inicio de curso

4 e 5 anos: xoves 8, ás 12:00h.

E. Primaria: martes 13, ás 16:30h.

Resumo actividades O Bosque de Sabela

No seguinte enlace poderedes ver un resumo de todas as actividades que fixemos dentro do proxecto documental integrado deste ano: O Bosque de Sabela, acompañado da música de Roi Casal.

 

O Bosque de Sabela: canción

No cole estamos colléndolle o gusto a isto de facer cancións!

Se o ano pasado compoñiamos "Que bonito é ser muller" para amosar cantas mulleres coñecimos grazas ao PDI "Mulleres Importantes na Historia". Este ano non podía ser menos e así compuxemos "O Bosque de Sabela" na que ademáis de falar dos animaliños do bosque dos que tanto aprendemos, destacamos a importancia de coidar entre todos o bosque, as árbores, os ríos e as flores....

Telexornal 2016

Xa podedes gozar con calma dunha das "actuacións" máis esperadas do Festival de Fin de Curso: O Telexornal"

Como cada ano, o alumnado de 6º da conta de todo o acontecido no cole. Este ano, non podía ser doutro xeito, o telexornal transcurre no Bosque de Sabela, e nel aparecen algúns dos personaxes cos que estivemos "convivindo" durante todo o curso.

Esperamos que vos guste! Bo verán!

 

Cabeceira audiovisuais!!

Temos cabeceira nova para os nosos audiovisuais!!!

A que é chulisima??

Pois se trata dun traballo colaborativo realizado con SCRATCH entre alumnos de 3º e 5º

Parabéns!

Premios!

Hoxe foi un día de alegría no noso cole. Chegou o momento de recoller premios ao esforzo e traballo que realizamos durante todo o curso.

Mentres o Dire, Santi e a profe Conchi recibían en Madrid o premio Nacional polo PDI do ano pasado "Mulleres Importantes na Historia" no Concello o profe Borja e a teacher recibían xunto con Manuel (alumno de 6º) o premio de Igualdade deste curso polo proxecto "Xoguetes"

Os representantes do Ministerio, da Consellería de Educación e o Alcalde de Vilagarcía  felicitáronos polo traballo realizado e animáronnos a seguir traballando nesta liña.

 

Tamén cabe destacar que a Consellería de Educación concedéunos un accésit nos Premio Proxecta de Innovación Educativa 2016 polo traballo do fomento de habitos saudables que estamos a realizar no cole.

No cole de Rubiáns non traballamos para os premios pero é moi gratificante recibir estes recoñecementos, que serven como acicates para seguir traballando en prol dunha educación de calidade para o noso alumnado.

Festa do Deporte

Como cada fin de curso o cole de Rubiáns é un "non parar", que si música, que si deporte.... en definitiva, un montón de actividades para a formación integral do noso alumnado.

Hoxe, o protagonista indiscutible foi o Deporte, que xunto cunha alimentación saudable forman parte fundamental da nosa formación e preparación para a vida.

Comezamos cunha disciplina procedente do Brasil pero que hoxe en día está extendida por todo o mundo: a Capoeira!

Da man de Ginga Gicap aprendemos un montón dos seus orixes, da música que a acompaña e nos iniciamos nos pasos máis básicos.

Pasamos un rato moi divertido, moitas grazas pola vosa visita!

Despois foi o turno para o Datchball, ese novo deporte (similar ao brilé) que tanto nos gusta e que estivemos practicando nos últimos recreos.

Disputáronse as semifinais e final, na que o equipo "6º forever" se proclamou campión despois dun partido reñidísimo co equipo de 5º. Cabe destacar o gran partido que realizaron os de 3º que case deixan fora da final ao equipo vencedor do campionato.

Imaxe dos nenos practicando datchball

Musicontos

Un ano máis os "Musicontos" visitaron o noso cole. Esta vez coa peza "Os musicontos fan o camiño"

Pasamos un rato moi divertido con eles, aprendemos un montón sobre o Camiño de Santiago e sobre normas de circulación (aínda que de isto xa sabiamos un montón grazas aos obradoiros de Educación Vial que temos cada ano no noso cole)

Coñecemos os diferentes camiños que levan a Santiago e máis concretamente "fixemos" o percorrido do Camiño Portugués, dende Tui a Santiago. Pasamos por unha chea de concellos e neles iamos aprendendo sinais e normas de circulación. Algún levaron unhas boas multas por non facer ben as cousas!!!

Xa estamos desexando saber con que nos van sorprender o curso que ven!!

Charla de nutrición

Este venres 10 organizouse conxuntamente coa A.N.P.A. Casanova, unha charla dirixida ás familias sobre alimentación saudable. 
A charla correu a cargo de Alejandra Soto, dietista-nutricionista de Vilagarcía, que conta con gran experiencia neste campo.
Creouse un grupo moi participativo, donde se preguntaron dúbidas, saíu á luz algunha que outra dificultade para poder consumir produtos de calidade...
Resultou unha charla moi enriquecedora e productiva!
 
Distribuir contido


by Dr. Radut