Skip to Content

Visita Papa Noel!

Hoxe, nunha viaxe relámpago dende o Polo Norte recibimos a visita de Papá Noel. Salvo algún choro dos pequerrechiños fixo as delicias de todo o alumnado como podedes apreciar nas seguintes fotos. 

Graciñas pola visita! 

 

Autorización de recollida do alumnado (festival Nadal)

Estimadas familias! 

Se precisades recoller ao voso/a fillo/a o xoves despois do festival aquí tedes a autorización que deberedes cumplimentar e entregar ao titor/a correpondente. 

 

 

 

Premio "Cíes, o paraíso de todos"

Hugo Prego, alumno de catro anos, quedou terceiro na categoría infantil do concurso de debuxo organizado polo Faro de Vigo no certame “Cíes, o paraíso de todos".

Noraboa!!!

25 N 2022

Hoxe conmemoramos o 25 N día internacional contra a Violencia de Xénero.

Ademais dos diferentes traballos na aula, todos xuntos vimos o vídeo do conto que fixeramos entre todos "O Chuvasqueiro de Aurora" a versión de 5 anos da canción "Así bailaba" e o vídeoclip elaborado polos centros educativos do Concello "Justito a tiempo" 

Despois fixemos unhas fotos con panos nas mans en apoio ás nenas iranís, en loita dende o asasinato de Mahsa Amini por non levar o velo ben posto. 

O alumnado de 5º fixo unha adaptación do conto para contarlles ao resto dos cursos. Quedoulles xenial! 

Distribuir contido


by Dr. Radut