Celebrouse no centro o Día Europeo das Linguas cunha actividade organizada polo Concello. O alumnado dos cursos superiores participou das propostas de dúas monitoras americanas que foron seguidas con interés
Visitamos a granxa ecolóxica de Xanceda. Visitamos as súas instalacións, démoslle de comer aos animais, entramos na sala de ordeño, saudamos a brigada antilobo, visitamos a iogurtería, divertímonos no parque e degustamos os produtos ecolóxicos que elaboran, como iogur, queixo ou manteiga.
O vernes 2 de xuño ás 12.30 o alumnado de Ed. Infantil e 1º e 2º de primaria asistiron a unha charla sobre os coidados aos animais, impartido pola clínica veterinaria Recatelo e San Froilan.