Skip to Content

ADMISIÓN DO ALUMNADO

 

Comeza o proceso de admisión de alumnado en centros escolares sostidos con fondos autonómicos para o curso 2023/24, regulado pola Orde de 21 de outubro de 2022 e co seguinte calendario:

  • Do 15 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2023: prazo de reserva para o alumnado que finaliza etapa nun centro e pasa a outro.

 

  • 22 de febreiro de 2023: publicación da listaxe de alumnado con posto reservado.

 

  • Do 1 ao 20 de marzo de 2023: prazo de solicitude de admisión para o alumnado que se incorpora por vez primeira ao sistema educativo galego ou para os que cambian de centro de maneira voluntaria.

 

  • 25 de abril de 2023: publicación da listaxe provisional de admitidos. Cinco días hábiles para formular reclamacións a partir do día seguinte da súa publicación.

 

  • 15 de maio de 2023: publicación da listaxe definitiva de admitidos.

 

  • Do 20 ao 30 de xuño de 2023: unha vez admitido, prazo de formalización de matrícula.

 

 



blog | by Dr. Radut