Skip to Content

Monthly archive

Xornada Erasmus+ coas Compañeiras do C.E.I.P Humberto Juanes de Nigrán

Xornada Erasmus+ coas Compañeiras do

C.E.I.P Humberto Juanes de Nigrán

O pasado xoves 21 de febreiro  estiveron con nós, no noso centro, Cristina (Directora) e Marta (Xefa de Estudios) do CEIP Humberto Juanes de Nigrán. Necesitaban saber como solicitar un proxecto Erasmus+ para o seu centro. Con elas estivemos as mestras Mª Carmen Vilches, Sara Rodríguez e Beatriz González, facilitándolles información de como se iniciou o proxecto Erasmus+ no noso centro e como se está a desenvolver. Agradecer a Mª Luz Ares, responsable en Galicia dos Proxectos Erasmus+, por pensar no noso centro para axudar ás compañeiras de Nigrán a entrar nesta fermosa aventura. Un pracer compartir con Cristina e Marta experiencias docentes.

Tenis de Mesa 18-19.

Tenis de Mesa 18-19.

    Pav. Ceip Sobrada Tomiño.

                27 de Marzo, 3 e 10 de Abril de 2019

            Os vindeiros mércores 27 de Marzo, 3 e 10 de Abril vai ter lugar a competición  escolar de Tenis de Mesa, en horario de 16:00h a 19:30h, da presente Campaña Deportiva no Pavillón do Ceip de Sobrada. Ditas xornadas están destinadas os/as nenos/as de 3º, 4º, 5º a 6º que queiran participar. A data límite de inscripción remata o vindeiro luns 25 de Abril de 2019.

Aquí vos deixamos a folla de inscripción por se fose do voso interese. Animádevos a participar.

Carreira Popular de San Telmo 19 Sábado 27 de Abril 2019 (Tui )

Carreira Popular de San Telmo 19

Sábado 27 de Abril 2019 (Tui )

    O Vindeiro Sábado de San Telmo, día 27 de Abril pola mañá, vai ter lugar a Carreira de San Telmo 2019, na Corredeira de Tui. Dita xornada está destinada os/as nenos/as inscritos. Recordade que estamos de vacacións.

Categorías: Xuveníl  ( 5000m  nacidos 00/03  ás 11:00h), Senior ( 5000m  nacidos 84/99 ás 11:00h), Veteráns A e B ( 5000 m nacidos antes do ano 74/84 ás 11:00h), Cadetes e Infantil ( 2330 m  nacidos 04/05/06/07 ás 11:45h), Alevíns (700 m nacidos 2008/2009 ás 12:00h), Benxamíns ( 350 m nacidos nos anos 2010/2011 ás 12:15h), Prebenxamín (  175 m nacidos 2012/2013 ás 12:30), Pitufos ( 100m nacidos nos anos 14/15/16 ás 12:45h).

Todos os participantes terán que estar alí 15 minutos antes da súa proba para que lle deamos o dorsal. 

Tódolos nenos/as teñen que traer chándal( o do cole se o tiveran), a equipación do colexio ( camiseta e pantalón se  a  tiveran senon traerán camiseta branca), e tenis. En caso de choiva que leven roupa seca para cambiarse.

O Club Atletismo realizará a tradicional OPERACIÓN KILO na que os participantes intercambiarán un kilo de un alimento non perecedeiro polo seu dorsal. Ditos alimentos serán entregados a unha ONG.

                ¡¡¡IMPORTANTE!!! Podedes atopar máis información da proba na páx web na web do cole: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipnumero2tui/blogdeportescolar e  www. Atletismotui.com. 

Aquí podedes descargar a nota informativa. 

 

Festa fin de curso: Elixe unha vida saudable e Feliz

Festa  fin de curso:

Elixe unha vida saudable e feliz

21de xuño de 2019

O día 21 de xuño, continuando co proxecto Erasmus+ que estivemos a traballar na escola este curso, celebramos a Festa de fin de curso co "slogan" Elixe unha vida Saudable e Feliz, organizada pola ANPA do colexio. Tod@s os responsabl@s esforzáronse moito en preparar a escola cunha decoración fantástica con motivos saudables, preparar as actividades deportivas, a entrega de diplomas, etc... Atopamos a escola transformada nun lugar onde a vida saudable e feliz foi o máis importante durante a xornada: había froitas de todo tipo, motivos con alimentación saudable, merendas saudables, xogos que nos fixeron pasar un día inesquecible e entrega de diplomas para recoñecer as actividades que fixemos ao longo de todo o curso.

Queremos agradecer á ANPA, aos pais, as nais, ao centro, aos equipos docentes, ao profesorado e a todas aquelas persoas que fixeron, co seu esforzo, que a festa de fin de curso fose un día especial, para @s nen@s do Ceip Nº2 de Tui. Grazas e bo verán a todos/as.

UNHA HORTA COLORIDA...

E seguimos dando pasiños no deseño e organización da horta. Este ano o deseño vai a cargo do equipo plurilingüe do centro para deixar a horta preciosa e moito máis adecuada para o seu mantemento de curso en curso. Esta semana tócalle aos nenos de terceiro, cuarto e sexto pintar a súa parte..... E nas fotos podedes ver como vai avanzando o proxecto... 

 

 

A COLOURFUL VEGETABLE GARDEN.

Following the model suggested by the plurilingual project group the students are working to have a more functional vegetable garden at school. This week, students from third, fourth and sixth grades worked really hard for the project ...as you can see in the pictures.

 

Eramus+ : Samaín

Samaín

31/10/19

O pasado xoves 31 de outubro, celebramos no colexio a tradicional festa do Samaín, organizada polo Equipo de Normalización Lingüística do centro. Esta festa moi arraigada en Galicia ten moito parecido coa festa irlandesa e co Haloween.

O centro estivo ambientado con recunchos de medo, música ambiental, traballamos lendas de Galicia...

Confeccionamos disfraces, pintamos maquillaxes de medo e degustamos comidas terroríficas saudables aportadas polas familias.


 

Unha actividade fantástica coa que gozamos moitísimo como comprobaredes nas fotos que engadimos.

Os nosos amigos europeos tamén nos enviaron fotos de como o celebraron eles en Irlanda, Italia, Portugal e Torrevieja.

 

   Samaín

On Thursday 31st, we celebrated at school the traditional Samain. This Galician celebration and Halloween are really similar.

The school was full of “scary places”, background music, Galician legends. Besides, we dressed up with costumes made by us and we applied terrific make up. After that, we ate some “terrific healthy food” that the families prepared.

A fantastic activity that we enjoyed as you can see in the pictures above.

Our European friends also sent us pictures showing how fun were they parties too.

 

Promoción de Tenis de Mesa

Promoción de Tenis de Mesa.

 O pasado venres 22 de novembro de 2019 tivemos a Vladimir e Javier do Club Tenis de Mesa que adestran no Casino de Tui .

Con eles o alumnado de 5ºB e 6ºC coñeceu o Tenis de mesa e desfrutaron xogando coas  raquetas e pelotas.

Tamén nos convidaron a visitar as instalacións do Casino os martes de 16:00 a 17:30 e desfrutar do Tenis de mesa. Moitas, moitas grazas aos dous.

Moitas grazas tamén a Javier o pai de Teo Martín Crende, por facilitarnos estas xornadas. 

 

 Table Tennis Promotion

On Tuesday 22nd , Vladimir and Javier, coaches from a Tui’s table tennis club visited our school.

5th grade B and 6th grade C spent a great time playing with them. Besides, they invited us to visit their club.

Thank you very much.

 

Aitana lanza “Tráiler”o seu primeiro gran disco.

O novo disco da cantante Aitana, coñecida pola súa participación no programa OPERACIÓN TRIUNFO, está composto por seis cancións espléndidas, entre elas o seu éxito “Vas a quedarte”, unha canción que fala de como alguén quere recuperar ao seu gran amor. Tamén está no disco o seu primeiro single “Teléfono” co cal fixo un remix con Lele Pons, unha cantante latino americana.

Outra das súas cancións é “Popcorn”unha canción que se lle ocorreu cando estaba comendo flocos de millo e comezaron a falar delas.

Por último temos unha canción chamada “Mejor que tú” que trata de que alguén lle fixo dano e ela llo está botando en cara.

Deporte en Tui. Club Balonmán Tui

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Alevín do clube Balonmán de Tui comezou a segunda rolda da  liga da temporada 18/19 da competición. O pasado 9 de Marzo de 2019, os nosos deportistas xogaron, unha nova  xornada contra o equipo da S.A.R. Neste equipo xogan e desfrutan do balonmán Uxía, Silvia, Lía e Daniela.

 Os parciais foron: S.A.R-C.B.Tui : 7-8/6-6/7-6/4-6

 Moi bo partido, onde o equipo de Tui foi superior e gañou. 

Información facilitada pola familia de Uxía Soliño de 5ºA. Grazas.

SEMANA DA PRENSA

SEMANA DA PRENSA


Co gallo da Semana da Prensa e colaborando co noso proxecto ERASMUS+, na Biblioteca tivemos ao longo da semana do 11-15 de marzo, XORNAIS  de diversos países.


Todo o colexio foi convidado a ollalos, lelos, buscar similitudes ou diferenzas entre eles… Esperamos que atopárades en tódolos idiomas do proxecto: inglés,portugués, italiano, español e galego.

 



by Dr. Radut