Skip to Content

Monthly archive

Carreira VII CorreXSalceda 19

Carreira VII CorreXSalceda 19.

Dom 5 de Maio 2019 (Concello de Salceda.)

         O Vindeiro domingo, día 5 de Maio de 2019, apartires das 10:30h, vai ter lugar a proba “VI Corre X Salceda” Concello de Salceda. Dita xornada está destinada os/as nenos/as  e adultos e adultas que queiran participar. 

Aquí vos deixamos a notiña de inscripción. Non esquezades traela antes do día 2 de Maio.

Ruta do río Lagartón.

Ruta do río Lagartón.

11 de xuño de 2019

O día 11 de xuño tivo lugar unha ruta de sendeirismo que achegou ao noso alumnado á Ruta do Río Lagartón, próximo ao colexio. Levouse a cabo  para o alumnado de 2º, en colaboración do centro coas  familias, o Concello de Tui e outras entidades ás que temos que agradecer a súa colaboración desinteresada.
Grazas a tod@s por facer posible, que o alumnado de 2º disfrutara de esta actividade  de vida saudable e feliz, nun entorno como é o Río Miño.

John un peregrino especial chegado de Armagh ( Irlanda)

John, un peregrino moi especial chegado de Armagh ( Irlanda), visita o noso colexio.

O pasado martes 17 de outubro chegou a Tui, facendo o Camiño de Santiago Portugués, un peregrino  moi especial que viña camiñando dende Oporto, dirección Santiago de Compostela.

John, que así se chama, é o sogro de Lorna, a compañeira Coordinadora do proxecto Erasmus+, en Irlanda do Norte.

Jonh foi director dunha escola en Armagh e camiñou moi de présa ata Tui porque quería coñecer a nosa escola e @s nen@s do CEIP Nº2 de Tui. Estivo nalgunhas clases e foi un placer a súa visita. Mágoa que non fose por máis tempo. Esperamos que se John volta a Galicia teña algún tempo máis para estar con nós e contarnos máis cousas interesantes de Irlanda, das súas escolas e d@s nen@as de alí.

   Jonh, a very special pilgrim from Armagh visit our school

On October 17th, a very special pilgrim arrived Tui while he was doing Santiago´s route. Jonh, that´s his name, is Lorna´s (The irish Erasmus coordinator) father-in-law. Jonh was the Armagh´s school headteacher and he came to visit our school and meet our students and teachers. It was a great pleasure his visit. It was a pitty not being talking a little bit more. We hope that he can came back to tell us more interesting things about his school and the irish children.

Moitas gracias a John e a Lorna.

PASIÑO A PASIÑO...

 

Nesta ocasión, son os nenos e nenas de primeiro os que, co seu gran traballo, contribúen a que o proxecto da nosa horta siga adiante. 

 

 

 

  STEP BY STEP....

On this occasion First Grade students have contributed with their great work to our project. 

 

 

Deporte en familia: O Courel Lugo

Deporte en familia.

O Courel Lugo.

 A profe Rosa quere compartir con nós, unha ruta fantástica para realizar deporte en familia e actividade sá e saudable: O Courel en Lugo.

No mes de outubro, tivo oportunidade de visitar este fermoso lugar coa súa familia e os seus amigos.

No Courel atoparedes lugares interesantes, con paisaxes increibles, rutas que descubrir, etc...como lle pasou á profe Rosa.

A Devesa da Rogueira é unha das xoias do Courel, ten unha altura de 1363m e unha distancia de 14 km de dificultade media, está considerada como un dos mellores bosques galegos. Nela están presentes boa parte de especies de árbores, arbustos e flores de Galicia. Na parte alta da Devesa da Rogueira atoparemos as fontes do Cervo e podemos ascender ata o miradoiro do Pico Polín, que nos ofrece unhas vistas impresionantes do Courel. Nesta ruta como nas demáis, podes gozar dunha xornada de sendeirismo excepcional. 

 

Ruta do Río Pequeno.Parte da poboación de Seoane do Courel, ten unha altura de 1027 metros e unha distancia de 13,5 km con dificultade alta. O sendeiro comeza a ascender pola ladeira dunha montaña entre vexetación autóctona e cruza un souto de vellos castiñeiros, ata chegar a Mercurin. A ruta continúa ascendendo permitíndonos unhas boas vistas panorámicas da Serra do Courel, os seus principais picos son Formigueiros e Pía Páxado. Despois comezamos a descender pola ladeira do val do río Pequeno, ata chegar á aldea de Paderme. Case ao final da ruta atópase o Pozo da Grada.

Por último visitamos Seara unha aldea que ten unha fervenza preciosa, chamada fervenza de Vieiros.

Podedes atopar máis información sobre o Courel se pinchades aquí.

Moitas grazas a profe Rosa por achegarnos ata este paraíso natural de Galicia.

Campo a Través Provincial 18-19

Campo a Través Provincial 18-19.

Azucareira  de Portas

Xoves 7 febreiro 2019

O pasado xoves día 7 de febreiro de 2019, en horario de mañá, tivo lugar a proba de Campo a Través Provincial da presente Campaña Deportiva,  nas Instalacións da Azucareira de Portas. Dita xornada estivo destinada os/as nenos/as de 3ºB do noso colexio que se clasificaron na proba que tivo lugar en Guillarei, representando aos colexios do Baixo Miño. Unha xornada estupenda na que tod@s participantes desfrutaron moito, xunto aos participantes doutros colexios da provincia. E onde Rania conseguiu un diploma. Noraboa a tod@s @s nen@s de 3ºB pola súa participación.

Compostaxe para a Horta.

Compostaxe para a Horta.

Durante o mes de febreiro de 2019 puxemos en marcha o composteiro para preparar compós para a Horta. Fixémolo cos restos sacados de cando a estivemos a preparar para poder plantar esta primavera.

 

TashtagChallenge.

TashtagChallenge.

@s alumn@s de 5 anos levamos a cabo un ThashtagChallenge no patio do cole. Sairon a recoller toda a basura que @s nen@s do cole van perdendo polo patio. Con istoconseguiron ter un patio máis limpo e máis bonito para que todos disfrutemos do mesmo. Moitas grazas.

 

O mesmo fixo Gabriela de 4ºC unha alumna preocupada polo medio ambiente, que aproveitou unha tarde de lecer xunto a unha amiga, para levar a cabo un Challenge nas proximidades do Club do Remo Tui. Un moi fermoso perto do Río Miño que é digno de disfrutar sen papeis. Moitas gracias Gabriela por esta iniciativa e polos teus valores de respeto coa natureza.

 

CLUBE BALONMÁN TUI

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Alevín do clube Balonmán de Tui segue a xogara segunda rolda da  liga da temporada 18/19 da competición. O pasado 14 de Abril de 2019, os nosos deportistas xogaron, unha nova  xornada contra o equipo do Lalín.Neste equipo xogan e gozan do balonmán Uxía, Silvia, Lía e Daniela.

 Os parciais foron: Lalín-C.B.Tui: 4-1/5-4/4-3/5-4

Información facilitada pola familia de Uxía Soliño de 5ºA

Xornadas de Promocións Deportivas 19-20

Xornadas de Promocións Deportivas 

Clubes Deportivos Eurocidade.

Durante os primeiros días de curso imos ter as tradicionais Xornadas de Promocións Deportivas en colaboración cos Clubes Deportivos da Eurocidade de Tui-Valença. O propósito é que o noso alumnado coñeza a oferta deportiva que ten na Eurocidade e poida gozar na mesma.

Aquí vos deixamos o calendario de promocións.

 

 

The first days of this academic year we are going to participate in the traditional “sports promotion  days” ,with Tui-Valença sports clubs. The aim is that our students know the different kind of sports and activities they could practice.

 Below is attached the document with the timetable.

 

 



by Dr. Radut